|
Fotos tomadas de http://ataxias-galicia.blogspot.com/
|
Os Temas 3 e 4 do libro de texto veñen dedicados á xenética. O tema 3 é a xenética mendeliana tradicional, faremos sobre todo problemas. O tema 4 está relacionado coa xenética máis moderna, a manipulación do ADN.
Para saber máis de Mendel e as súas leises podemos consultar os seguintes enlaces:
E algúns videos que serven de complemento, o último é un exemplo dos proxectos que fan os americanos na asignatura de Bioloxía:

Faremos alguna
proba de daltonismo 1,
2 na clase, tódolos anos aparece algún daltónico que non se dera conta da súa condición. Os daltónicos síntense diferentes e gustariame asegurar a todos que non ten importancia, todos somos diferentes afortunadamente. Para todos van uns enlaces de experiencias daltónicas:
sondaltónico1 ,
2
Unha
presentación da herencia ligada ó sexo e o análise de pedigrís ou árboles xenalóxicos (tomada da rede e modificada). Para practicar a interpretación de árbores xenealóxicos practicade
nestes nelaces.
Espero que vos guste
Podedes ver aquí un aspecto do xardin da abadía en Brünn (Chequia) onde Mendel practicou os seus cruzamentos, e un aspecto dun manuscrito coa descripción do que se considera o texto dun experimento cinetífico ( escrito a man) máis valioso que existe, está en Alemania: (
fonte )
A inxeniería xenética terá un gran desenvolvmento nas próximas décadas, volveredes a estudiala o próximao ano en CMC de 1ºBacharelato, polo que non insistiremos se non hai tempo, pero gustaríame presentarvos este video sobre
Dopaxe xenético , é un exemplo dunha aplicación equivocada de técnicas útiles en mediciña, por exemplo para no futuro curar a distrofía muscular de Duchenne, unha alteración dun xen no cromosoma X que acorta unha vida con grandes limitacións. Outros vídeos:
1,
2,
3,
El mundo según Monsanto. Monsanto é a primeira compañía dedicada a producir entre otros herbicidas e sementes transxénicos, despois de conseguir patentar unha semente transxénica, a patente do primeiro ser vivo.
Un
exemplo reciente do útil que pode ser a inxeniería genética. Unha
simulación de como producir unha planta resistente ós insectos.