sábado, 21 de enero de 2012

Evolución dos seres vivos

Estamos no ecuador do curso!, e ven a contó aprender algo de evolución, unha xenial idea de Darwin que, 150 anos despois, aínda segué tan moderno e controvertido. En palabras do xenetista americano Dobzhansky (colaborador de Morgan): "nada ten sentido na bioloxía senón é baixo a teoría da evolución". É decir necesitamos as ideas evolutivas para interpretar moitos dos coñecementos que temos sobre os seres vivos e poder comprender mellor o mundo que nos rodea.
É un dos temas que mais me gusta, e por iso quero darlle un toque mais persoal, ampliar algo o libro en canto á orixe das especies e mostrarvos como interpretar datos e experimentos coñecidos.
Seravos útil o ano que ven saber algo de sistemática e taxonomía, é decir o agrupamiento e nomenclatura científicas.

Cepaea nemoralis
Gustaríame cambiar as ideas que tedes sobre evolución, é decir mostrarvos a importancia de que haxa unha grande variación no ADN das poboacións, para a supervivencia das especies, como se observa nos caracoliños do campo, porque lle gustarán tanto ós paraos?. Sabedes buscar na foto que cor terán os que viven na área das praias?, e os que viven en bosques?. Pois son todos da mesa especie.
Enlaces para saber mais:  PBS (inglés) Evolution & global warming
No laboratorio practicaredes: observación, clasificación e descripción de plantas, baseadas nas follas xa que non é época de flores (necesarias para unha boa clasificación).
Seguen aquí os documentos utilizados: Evolución e sistemática (tomado de:educaste )
Para ver algunhas imáxenes e contestar exercicios ou preguntas: Comentar estas diapositivas (evolución)     árboles evolutivos    Teoría endosimbiótica      
Para ampliar, consultar o saber máis da evolución humana   . Redordade a importancia de Atapuerca ( animación en flash ) en Burgos, onde se a topan os humanos europeos máis antigos e con excavacións que darán moitos datos no futuro.  Impresiona ver no multimedia de Lascaux as habilidades artísticas dos nodos antepasados europeos de hai 20-30000 anos.
Videos de evolución:  A orixe da vida   A orixe do universo e a vida   Charles Darwin e a evolución  A odisea da especie     Adaptacións
Os exercicios do método científico proveñen de: "Scientific Method"
Os exemplos de evolución son de: Ecology and Evolution  

O próximo exame será dos temas 5, 7, a sistemática e o método científico (fotocopias)

Non vos olvidedes de subir os vosos artigos para subir notas: ciencia21   (instrucións na aula virtual)