domingo, 23 de octubre de 2011

No laboratorio

Empezamos as prácticas no laboratorio, na Ciencia e o ensino-aprendizaxe da Ciencia o laboratorio ocupa un lugar moi relevante. Aprenderemos a traballar no laboratorio con seguridade e confianza, algunhas técnicas sinxelas e a traballar en grupo.
Na primeira práctica repasaremos o uso do microscopio óptico e a facer preparacións para poder ver células e tecidos vexetais. Que serva de complemento unha copia do documento utilizado (con solucións) e algún enlace para aprender a interpretar as mostras vistas ó microscopio óptico.
Microscopio, células e tecidos vexetais                      Prácticas co microscopio optico

O aprendido nesta práctica entrará no 2º exame 

lunes, 17 de octubre de 2011

Outro premio para o Rosalía

                                                      (tomada da Voz de Galicia)
Unha vez máis varios premios para os alumnos do Rosalía e dúas das nosas profesoras: Charo e M Carmen Touza . Os premios son de investigación en Bioloxía e Química. Noraboa a todos!
Tres premios de investigación do Ministerio

Mitose, meiose e ciclos de vida (fin T2)

(tomado de postershop)
Os procesos de division celular van asociados  o aumento do numero de celulas e a reproduccion. A divisin do nucleo pode ser por mitose, na maioria das celulas; ou meiose para dar celulas coa mitade de cromosomas, moitas veces gametos para a reproduccion sexual. Despois da division do nucleo ten lugar case sempre a division do citoplasma.
Debedes completar a información do libro con animaciones e vídeos:   Mitose, meiose jonhkyrk         Mitose e meiose  , division cells alive       Video dos cromosomas
Para que practiques: Pon nomes 1    Pon mais nomes   test1     test2 

Case todos os seres vivos intercambian información xenetica porque evolutivamente ten vantaxes (recordade as bacterias cando pasan xenes resistentes a penicilina). Tamen ten vantaxes evolutivas os ciclos que alternan fases haplontes e diplontes, moitas veces con reproduccion sexual e asexual, as duas representan pasos moi importantes na evolucion e a diversificacion dos seres vivintes na Terra.
RECORDADE QUE REMATANDO O TEMA 2 HABERÁ UN EXAME DOS TEMAS 1 E 2, ou sexa despois do "Halloween"

miércoles, 12 de octubre de 2011

domingo, 9 de octubre de 2011

Tema 2: As bases da herdanza . O ADN


                                          Tomado de Wikipedia
F Griffith en 1928 buscando a vacina da pneumonía douse conta que unhas bacterias sen cápsula e inócuas transformábanse en patóxenas e con cápsula, logo había un cambio que podia estar relacionado coa mesa información que pasa duna xeneración a outra. Hoxe sabemos que é o ADN. Podes ver sito nun video:    Experimento Griffith
Foi Watson e Crick en 1953 baseandose nunha fotografía de Rosalind Franklin con raios X, quenes propuxeron un modelo de ADN rapidamente aceptado por todos e ben demostrado  posteriormente.     Podemos vela molecula de ADN en 3D
Seguen algúns enlaces para ver simulacións:       Duplicación do ADN. Simulación1     Simulación2. Replica do ADN           Simulación3 da autoreplica do ADN       Transcripción1      Transcripción2     Síntese de proteínas        O código xenético e a síntese de proteínas      Outra simulacion do ADN
Con toda esta información, xa poderes facer un modelo 3D do ADN, en parellas, levará os nomes completos dos autores, ENTREGARASE ANTES DO 31 DE OUTUBRO (ou o últimos día lectivo iANTERIOR), e calificaras e de -0.5 a +0.5 sobre a nota dun examen, levará un doc adjunto cos nomes indicando como se fixo e a equivalencia dos elementos do ADN. +0.5 sern os traballos ben feitos que indiquen claramente nomes do alumnado, e onde estan os elementos do ADN: g fosdato, dR, as 4 bases e as pontes de H.  E OBRIGATORIO. NON se admitirán despois do 31 de outubro.
Como facer un modelo 3D do ADN? (inglés)
outro modelo do ADN
ou buscando en Google "make DNA model". Mirade unha clase decorada con ADNs

lunes, 3 de octubre de 2011

Atlas de tecidos

Para aprender a recoñecer tecidos, fixen un doc que vos ensinei na clase, deberes de miralo ben para preparar o examen:  aprender a mirar ó microscopio
Para saber máis:
Atlas de tecidos

Debes aprender a recoñecer un tecido animal dun vexetal, e dentro destes vexetais os que veñen no libro de texto: epidermis, estomas, parénquima, vasos conductores (floema e xilema) e meristemas.
Na Aula virtual do IES Rosalia está o enlace a un documento en pdf máis simple que o anterio e que pode servir de axuda: Aula Virtual do IES Rosalia

domingo, 2 de octubre de 2011

Conferencia: "A auga no mundo contemporáneo"

O pasado venres 23 de setembro tivo lugar, como ben sabedes, unha conferencia do investigador vulcanólogo Francisco Anguita no salón de actos do noso Instituto, dentro do seminario e obradoiro de Climántica "Auga e Cambio Climático", que están levando os autores do libro co mesmo título, en catro cidades de Galícia.
Francisco Anguita é un destacado investigador español no ámbito da Xeoloxía, vulcanólogo, foi profesor da Universidade Complutense de Madrid, gran impulsor do ensino das Ciencias da Terra no Bacharelato, e nos últimos anos volcado en labores de divulgación como neste caso dentro do ámbito de Climántica.
Que vos pareceu?

sábado, 1 de octubre de 2011

Tema 1: as células e a organización dos seres vivos

Podedes ver no seguinte enlace a presentación que vimos na aula do Tema 1: as células e a organización dos seres vivos

http://www.slideshare.net/adelavaz/edit_my_uploads


Na aula fomos engadindo outros aspectos da Bioloxía relacionados co Tema 1 e que debedes coñecer para comprender mellor o tema. son os que seguen a continucaión:
O único Premio Nobel de Mediciña, D Santiago Ramón y Cajal investigador das neuronas e a sinapse:

A Pasteur tamén lle debemos: as vacinas, o método para tratar os lácteos e caldos do viño, o recoñecemento do papel dos microorganismos na trasmisión de enfermidades infecciosas, e a confirmación de finitiva de que "todo ser vivo procede de outro se rvivo". Pasteur poster

Debedes de familiarizarvos cos conceptos de escala de medida, ósmose, os 5 grandes reinos e a nomenclatura binomial para as especies, e mellorar o recoñecemento de células e tecidos ó microscopio. Para isto remede nos seguintes enlaces:
Células, tamaño e unidades
Ósmose: video ósmose (plantas)
Os 5 grandes Reinos dos seres vivos
 Nomenclatura binomial das especies




É xa estafes listos para preparar o próximo examen!

Hola a todos

Hola a todos: este novo blog vai dirixido a todo o alumnado de 4º da ESO do IES Rosalía de Santiago de compostela.
O nome fai alusión a Charles Darwin e a súa teoría da evolución que nos guiará ó longo deste curso.
Pretende ser un instrumento de comunicación dentro e fora da aula e levará enlaces para ver o material utilizado na clase de 4º da ESO durante o curso 2011-12.
Tamén é a miña intención invitar á lectura na Ciencia: noticias, artigos, libros nos que aparecen aspectos relacionados coas Ciencias Naturais (viaxes, paisajes, animáis, plantas, a Terra, etc), ou figuras relevantes da Ciencia.
Como introducción e facendo un pequeno homenaxe as novas tecnologías e ó recientemente morto Esteve Jobs vai un enlace que mostra unha simulación do que sucede na célula (tomada de Harvard University)