Preparando exámenes
Examen do 2º trimestre sobre evolución: tema 5 do libro mais as fotocopias de evolución e taxonomía. Febreiro 2014
O exame vai ter preguntas:
1. Verdadeiro/Falso : sobre as páxinas 100, 101, os 5 grandes reinos e de evolución en xeral
2. Método cinetífico: nun experimento hai que dicir a hipótese a probar, e as variables independente, dependente e controladas
3. Nun caso como o das volvoretas ou da anemia falciforme, varias preguntas múltiple resposta
4.Unhas 50 preguntas sobre evolución con algunas figuras, incluíndo a evolución dos homínidos
5. Clasificación de seres vivos con unha chafe dicotómica
6. Interpretación de cladogramas
7. A partir dun texto subliñar feitos e interpretacións??
Asemana do 24 de febreiro comenzaremos a xeoloxía co tema 9. Seguiremos o libro, debedes traelo a clase.
Antes de semana santa farreemos un examen dos temas 9 e 10 do libro alomemos.
2ºexame, 1º trimestre, Temas 2 e 4 do libro
O exame comprende preguntas dos seguintes tipos:
1. Tema 4.
A. Verdadeiro / falso ; B. unha pregunta con 4 respostas en forma de oracións breves ; un texto corto con preguntas sobre él de V / F
2. 3 preguntas con subpreguntas que levan 3 debuxos- esquemas, un da PCR, outro da produción de insulina, e outro da pegada xenética
3. 22 items de múltiple resposta
4. Debuxos de mitose, meiose, cromosomas para completar con nomes o indicado nas figuras
5. ADN-ARNm e proteínas a facer a partir do código xenético que se mostra no exame
6. Dúas pregutnas con esquemas similares, non iguais, ás preguntas 10 e 11 do libro , pax 57
En total unhas 104 preguntas en 4 páxinas, con varios esquemas e debuxos
Se hai preguntas mandademe un correo a adelavazquez@wanadoo.es ou a traves da aula virtual
Exame de setembro 2013:
Terá 2 opcións:
Unha opción terá7 preguntas de descripción, ou sexa de desenvolver escribindo varios párrafos e 3 problemas de genética.
A outra opción será tipo test, con pregtnas simliares ós exámes que fixemos durante o curso.
O alumnado poderá elexir unha opción e contestala, deberá elexir aquela que considere ter máis opcións de aprobar.
Como vai ser o exame de xeoloxía do mes de maio? 2013
A primeira regunta é de verdadeiro/falso e relacionadas con: estructura interna da Terra, Wegener, e rochas (con ciclo das rochas), e isostasia.
Unha pregunta é para completar _______ sobre xeoloxía de Galicia
Hai 1-2 pregutnas de sismogramas
A pregunta de múltiple resposta contén bastantes preguntas con debuxos, de tectónica de placas e a súa relación coas rochas, o relieve, ...
Hai figuras para completar de: volcán, plutón, pregamento, ciclo de Wilson
Unha pregunta de datación absoluta (método radioactivo)
1-2 preguntas para completar _______ relacionadas coa isostasia epuntos quintes
Na última pregunta hai que completar unha liña do tempo vertical con sucesos da historia xeolóxica de Galicia.
Todo isto está referido a 2-4 exámes diferentes.
Como vai ser o exáme da 2ª avaliación? curso 2012-13
A primeira pregunta será de V/F relacionadas con biotecnoloxía, orixe da vida, especie e taxonomía
A 2ª pregunta ten questións referidas a cardos-esquemas mostrados no exame e relacionados con: técnica PCR, inxeniería xenética (produción dunha molécula por esta técnica) e pegada xenética (análise de ADN).
A 3ª pregunta cunha gráfica está relacionada co método científic
A 5ª pregunta ten varias questións múltiple resposta respecto dun caso similar ó Biston vetularia ou relacionado coa anemia falciforme
A 6ª pregunta contén moitas questións relacionadas con evolución
A 7ª pregunta contén unha chave de clasificación
A 8ª pregunta ten varias questións sobre un corte xeolóxico e rochas
A última pregunta está relacionada con 1 ou 2 cladogramas
Curso 2012-13
Segundo exame: Tema 3. Problemas de Xenética
Este exame terá 20 preguntas verdadeiro/falso ( 2 puntos ), nas que os erros puntuarán negativo, e 30 múltiple resposta, cada unha puntúa 2 puntos e non se penalizan os erros. (hai 32 preguntas por se hai erros).
Primeiro exame. Temas 1 e 2
Pregunta 1: verdadeiro ou falso. Puntúan negativo cada 2 erros
Pregunta 2: múltiple resposta.
Relacionar 2 columnas con nomes e funcións das partes da célula
Interpretación duna gráfica relacionada coa división celular e a cantidad e de ADN
Completar ADN- ARN e síntese de proteínas
Logo hai unha variedade de preguntas:
- recoñecemento de figuras ó microscopio, e debuxos de mitoses e meioses
- completar nomes de partes de células e do microscopio
- nomes de biomoléculas
- cariotipo humano
O exáme será o primeiro día da semana do 5-9 de novembro
Curso 2011-12. SEGUNDO EXAME: XENÉTICA. TEMAS 3 e 4
Para preparar o segundo exáme debedes coñecer, sen memorizar todo, o comentado na clase con axuda de elementos visuais.
Mendel: quen foi, onde viveu, como fixo os seus cruzamentos, que utilizou
Leis de Mendel. formulalas por escrito, recoñecelas en cruzamentos e utilizalas
Tipos de herencia: dominante-recesiva, intermedia, codominante, ligada o sexo ( no X principalmente); e en cada unha delas debedes saber facer os problemas, e recoñecer todas elas en árbores xenealóxicos
Coñecer e recoñecer algunhas alteración xenéticas humanas:
dominate autosómica: polidactilia, enfermidade Huntington
recesiva autosómica: albino
recesiva ligada sexo (cromosoma X) : daltonismo, hemofilia, distrofia muscular Duschenne,
Problemas de xenética relacionados con todo isto
Interpretacións de árboles xenealóxicos
Importancia e aportacións de Morgan (Premio Nobel en 1933): teoría cromosómica da herencia (os cormosomas son os portadores dos xenes) , determinación do sexo: XX e Xy , xenes ligados e recombinación, mapa cos xenes de Drosophila, con múltiples cruzamentos utilizando Drosophila melanogaster, a mosca da froita (xunto cos seus estudiantes). Garn parte da xenética que coñecemos débese a Morgan e ás moscas.
Técnica da PCR: permite formar miles de copias todas iguais dun fragmento de ADN, para posteriormente secuencialo. Non se pode secuenciar e analizar o ADN se non temos múltiples copias todas iguais.
O exáme, de momento, terá preguntas V/F e problemas nos que se puntuará so os resultados pedidos, aínda que teredes que mostrar os problemas resoltos.
NO EXAME poden entrar preguntas de V/F sobre o microscopio e a preparación da cebola. Tedes enlaces neste blog e información da Aula virtual.
ARTIGOS: NON SUBIREI MÁIS DUN ARTIGO POR EXAME E OS PRÓXIMOS ARTIGOS A PARTIR DE XANEIRO PODERÁN FACERSE EN INGLES. As indicacións para este traballo están na aula virtual.
Curso 2011-12. EXAME DA SEGUNDA AVALIACIÓN
O primeiro e tal vez único exame desta segunda avaliación será entre o 23 e 29 de febreiro. Debedes preparalo ben pois ó non haber recuperación os suspensos da primeira avaliación deberán recuperar cos exames e traballos desta 2ª e 3ª avaliación. Recordade, os exames fan todos media, a nota de clase conta un 10% e os deberes e traballos outro 10%. A nota de laboratorio está incluída na nota de clase.
O próximo exame de febreiro contará con preguntas tipo test, e outras breves sobre gráficas, evolución. Incluirá unha clasificación de animáis representados con debuxos. Entrarán os temas 5 (evolución) e 7 ( páxinas 140-149 tan só, a Historia da Terra), e as fotocopias de: método científico, evolución, sistemática e clasificación con chaves dicotomías.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)