sábado, 25 de enero de 2014

Parabéns a Joaquín

Parabéns a Joaquín Vila por quedar finalista  na Olimpíada de Bioloxía e na fase galega, agora ánimo para a fase nacional, animado xa está pois un dos premios é unha visita ó Centro Superior de Investigacións Científicas, un doce para alguén coma el con gusto pola investigación e a Ciencia. E tamén parabéns a Charo que algo tivo que ver ….

jueves, 9 de enero de 2014

Tema 5: Orixe da vida, evolución e biodiversidad

Estamos empezando o segundo cuatrimestre, e ven a conto aprender algo de evolución, unha xenial idea de Darwin que, 150 anos despois, aínda segué tan moderno e controvertido. En palabras do xenetista americano Dobzhansky (colaborador de Morgan): "nada ten sentido na bioloxía senón é baixo a teoría da evolución". É decir necesitamos as ideas evolutivas para interpretar moitos dos coñecementos que temos sobre os seres vivos e poder comprender mellor o mundo que nos rodea.

Cepaea nemoralis
Quero mostrarvos a importancia de que haxa unha grande variación no ADN das poboacións, para a supervivencia das especies, como se observa nos caracoliños do campo, porque lle gustarán tanto ós paxaros?. Sabedes buscar na foto que cor terán os que viven na área das praias?, e os que viven en bosques?. Pois son todos da mesa especie.
Enlaces para saber mais:  PBS (inglés) Evolution & global warming
Para ver algunhas imáxenes e contestar exercicios ou preguntas: Comentar estas diapositivas (evolución)     árboles evolutivos  Cladogramas  Teoría endosimbiótica  
Para ampliar, consultar o saber máis da evolución humana   . Redordade a importancia de Atapuerca en Burgos, onde se a topan os humanos europeos máis antigos e con excavacións que darán moitos datos no futuro.  Impresiona ver no multimedia de Lascaux as habilidades artísticas dos nodos antepasados europeos de hai 20-30000 anos, 10 curiosidades sobre os neandertales. Proyecto Olduvai. A Human family tree.

Videos de evolución:   A orixe do universo e a vida ,  Biografía de Charles Darwin,  Charles Darwin y las Galápagos,   Otro video mais longo de Galápagos,   Charles Darwin e a evolución ,   A odisea da especie ,    Adaptacións,  Evidences of human evolution .
Podedes ler aquí un resumo do libro sobre a orixe das especies, ou enteiro por capítulos,  outra edición. E tamén temos na rede traducións do seu libro Viaje de un naturalista en pdf.
Rematamos o tema practicando algo de sistemática e taxonomía, é dicir a clasificación dos seres vivos. Repartimos unhas fotocopias de traballo, tedes copias na aula virtual. Seravos útil o ano que ven saber como se fai o agrupamiento e a nomenclatura científicas.

Os exemplos de evolución son de: Ecology and Evolution . A simulación dos coellos mostrada na clase

O próximo exame será deste tema 5 e no mes  de febreiro

Cando rematedes o Proxecto de investigación podedes subir os vosos traballos na páxina ciencia21   (instrucións na aula virtual)

Proxecto de Ciencias

Despois de descancansar e dedicar mais tempo á familia netas vacacións (con tanta choiva casi foi obligatorio), imos empezar un proyecto de investigación en Ciencias. O diseño e as partes do proyecto tédelos nunha fotocopia  e podedes descargalo na aula virtual.  Recordade que deberes empezar por un tema de interés, unha pregunta, que debe ter datos numéricos para apoiar ou rechazar a hipótese e que, é moi importante definir ben unha variable independiente que é a única que vai cambiar, e o resto das variables deben permanecer constantes. Para ser un bo traballo debe ter datos con gráfica e unha recta de regresión.
Para axudar a elexir os temas temos miles de páxinas e fontes en internet.Van a continuación algunhas:
Índice de experiencias,  Zonaedu,  Tryscience,  Feria Ciencias Google,   Biology Science Fair Project ideas,  Ideas Proyecto Ciencias High School,  Feria Ciencias Proyectos,  Feria Ciencias Ideas,  Ideas Feria CienciasFeria Ciencias Google. E en xeral probade tecleando en Google "science project e outra palabra relacionado co tema ou aspecto que vos gusta máis)
Outras ideas: Reproducir experimento Pasteur;  Herédanse as pisadas dactilares?;   Que papel de cociña é máis absorbente?;    Increméntase o pulso durante os exámes?;   que pH teñen os meus productos cosméticos?;    existe contaminación acústica nas clases?;  Que froita contén máis vitamina C?  Que embutido contén menos amidón?,  Favorece o efecto invernadoiro a xerminación de sementes?,  Canto dura o sabor dos chicles?.  Cantas especies de paxaros se poden ver na Alameda no mes de xaneiro?, Que variabilidade flora( na lonxitude, ou peso, ...)l presentan os rododendron da Alameda?,  Que factotes influen na formación de palomitas de millo?,   Varia o Ph da choiva en diferentes lugares de Galicia?,  Que alimento contén máis catalasa? ,   Quen contén máis ADN: a cebola ou os guisantes? ,  Hai infusorios no líquido de gardar as lentillas?,  e miles mais.
O ano 2014 está dedicado á Cristalografía, parece un tema aburrido pero lonxe da realidad  (video) . Os cristais son bellísimos e moi interesantes. A técnica do seu estudio permitiu chegar ó modelo do ADN (Watson e Crick) e en xeral permite o estudio de moléculas. Hai proyectos bonitos para facer cristáis.
Para recompensar o tempo e esforzo presentaremos os traballos ó concurso dos museos coruñeses relativo a Facer Ciencia.
Google convoca amén un concurso anual pra premiar os millores proyectos.
Vota unha ollada aquí se aínda non tes a pregunta para o teu proxecto: video1,  video 2 ,