miércoles, 23 de enero de 2013

Chegan os peixes cebra

Xa temos  uns 20 peixes cebra no laboratorio, veñen cedidos pola USC de Lugo, do deparmento de xenética dirixido por L. Sánchez Piñón, dentro dun programa para aumentar as vocacións científicas entre os mozos, mozas e pequenos en xeral.
O proxecto chámase "Una cebra en el agua" , e gustaríanos que provocase en todos nós curiosidade, interés, entusiasmo e a necesidade de facernos preguntas interesantes para familiarizarnos co método científico e saber máis.
Esperamos a colaboración de todos vós para manter os peixes felices,  se poidan reproducir y poder ver así o desenvolvemento embrionario. Os embrións desenvólvense rápido e son transparentes. Algunhas das súas características que os fan moi útiles nos laboratorios podemos aprendelas na páxina do proxecto.
Imos traballar alomenos en 2 clases co material desta páxina: " Una cebra en el agua". Debedes ir a "iniciar sesión";  login: ( o voso nome)  e   password:  (  o primieiro apellido). Debedes ler primeiro os documentos relacionados e logo practicar o aprendido nos xogos adxuntos empezando no nivel inferior.

domingo, 20 de enero de 2013

Hat-Trick en Bioloxía

Tres alumnos do IES Rosalía foron os millores na Olimpiada de Bioloxía na fase galega celebrada este mes de xaneiro. Os alumnos foron: Paula Rodríguez, Alberto Rama e Fernando Castro, foron seleccionados para a seguinte fase nacional, que de seguro fara un bo papel.
Noraboa a todos eles, e a todos os que se animan a presentarse a estes certames.

domingo, 13 de enero de 2013

Orixe da vida, evolución e biodiversidad


Comenzamos este tema practicando algo de sistemática e taxonomía, é dicir a clasificación dos seres vivos. Repartimos unhas fotocopias de traballo, tedes copias na aula virtual. Seravos útil o ano que ven saber como se fai o agrupamiento e nomenclatura científicas.
Estamos empezando o segundo cuatrimestre, e ven a conto aprender algo de evolución, unha xenial idea de Darwin que, 150 anos despois, aínda segué tan moderno e controvertido. En palabras do xenetista americano Dobzhansky (colaborador de Morgan): "nada ten sentido na bioloxía senón é baixo a teoría da evolución". É decir necesitamos as ideas evolutivas para interpretar moitos dos coñecementos que temos sobre os seres vivos e poder comprender mellor o mundo que nos rodea.
É un dos temas mais do meu gusto persoal.
Cepaea nemoralis
Quero mostrarvos a importancia de que haxa unha grande variación no ADN das poboacións, para a supervivencia das especies, como se observa nos caracoliños do campo, porque lle gustarán tanto ós paxaros?. Sabedes buscar na foto que cor terán os que viven na área das praias?, e os que viven en bosques?. Pois son todos da mesa especie.
Enlaces para saber mais:  PBS (inglés) Evolution & global warming
Seguen aquí algúns documentos utilizados: Evolución e sistemática (tomado de:educaste )
Para ver algunhas imáxenes e contestar exercicios ou preguntas: Comentar estas diapositivas (evolución)     árboles evolutivos  Cladogramas  Teoría endosimbiótica    
Para ampliar, consultar o saber máis da evolución humana   . Redordade a importancia de Atapuerca ( animación en flash ) en Burgos, onde se a topan os humanos europeos máis antigos e con excavacións que darán moitos datos no futuro.  Impresiona ver no multimedia de Lascaux as habilidades artísticas dos nodos antepasados europeos de hai 20-30000 anos, 10 curiosidades sobre os neandertales.
Videos de evolución:  A orixe da vida,  A orixe do universo e a vida ,  Biografía de Charles Darwin,  Charles Darwin y las Galápagos,     Charles Darwin e a evolución , Darwin y la diversidad de especies,   Darwin los fósiles y la anatomía comparada,   A odisea da especie     Adaptacións
Podedes ler aquí un resumo do libro sobre a orixe das especies, ou enteiro por capítulos,  outra edición. E tamén temos na rede traducións do seu libro Viaje de un naturalista en pdf.
Para saber máis: Microevolución

Os exemplos de evolución son de: Ecology and Evolution . A simulación dos coellos mostrada na clase (os que estivestes en alemania, probade esta simulación, está en varios formatos, probade aquel que teñades software) 

O próximo exame será dos temas 4, 5,  a sistemática e o método científico, as rocas e os cortes xeolóxicos. Será o 13 de marzo.

Cando rematedes o Proxecto de investigación podedes subir os vosos traballos na páxina ciencia21   (instrucións na aula virtual)
Un exemplo de investigación actual en Galicia, como evolucionaron algunhas plantas?