lunes, 16 de diciembre de 2013

Chegan por fin as vacacións!



Rematamos o primeiro trimestre e chega un merecido descanso . Aparoveitando estes días familiares imos facer unha árbore xenealóxica da familia.
Algunhas instrucións que poden servir de axuda veñen a continuación:


Para facer unha árbore xenealóxica da túa familia debes por un lado
recoller datos de cada un dos membros, podes utilizar o cadro da pax 2 adxunto, onde podes atopar unha serie de características xenéticas humanas e hereditarias. Non hai consenso de que todas sexan monoxenéticas, é dicir reguladas por un so par de xenes (como os caracteres mendelianos), pero aínda así imos consideralos monoxenéticos.

Elixe  unpapel o mais grande posible, fai primeiro un borrador e logo
fai o definitivo. Logo comenzas a árbore, empezas colocandote a ti
mesmo/a no medio ou na parte baixa, sinalaste cunha frecha e o teu
nome. Despois segues colocando os teus pais, tios, primos e abos

 Engade ó lado, ou dentro, do símbolo de cada individuo o/s carácter/es que coñezas.            
Podes utilizar cores para separar os caracteres
Cando remates observa se o/s caracter/es mostrán algún patrón de herencia:  dominante/recesivo;  autosómico  /   ligado ó sexo.
 Observas se algúns destes caracteres se transmiten xuntos?

  Podes tamén indicar calquer outro rasgo que sospeites que é de carácter hereditario.
  Presenta a árbore e a táboa adxunta cos datos recollidos. Coloca o teu nome e data.

 Calificación: sube ata 0.6 a nota do exame de xenética
Data límite de entrega: venres 10 de xaneiro do 2014.
Unha copia do documento entregado na clase con mais detalles descargao da aula virtual.