Comenzamos este tema practicando algo de sistemática e taxonomía, é dicir a clasificación dos seres vivos. Repartimos unhas fotocopias de traballo, tedes copias na aula virtual. Seravos útil o ano que ven saber como se fai o agrupamiento e nomenclatura científicas.
Estamos empezando o segundo cuatrimestre, e ven a conto aprender algo de evolución, unha xenial idea de
Darwin que, 150 anos despois, aínda segué tan moderno e controvertido. En palabras do xenetista americano Dobzhansky (colaborador de Morgan): "nada ten sentido na bioloxía senón é baixo a teoría da evolución". É decir necesitamos as ideas evolutivas para interpretar moitos dos coñecementos que temos sobre os seres vivos e poder comprender mellor o mundo que nos rodea.
É un dos temas mais do meu gusto persoal.
 |
| Cepaea nemoralis |
Quero mostrarvos a importancia de que haxa unha grande variación no ADN das poboacións, para a supervivencia das especies, como se observa nos caracoliños do campo, porque lle gustarán tanto ós paxaros?. Sabedes buscar na foto que cor terán os que viven na área das praias?, e os que viven en bosques?. Pois son todos da mesa especie.
Enlaces para saber mais:
PBS (inglés) Evolution & global warming
Seguen aquí algúns documentos utilizados:
Evolución e sistemática (tomado de:
educaste )
Para ver algunhas imáxenes e contestar exercicios ou preguntas:
Comentar estas diapositivas (evolución) árboles evolutivos Cladogramas Teoría endosimbiótica
Para ampliar, consultar o saber máis da
evolución humana . Redordade a importancia de
Atapuerca (
animación en flash ) en Burgos, onde se a topan os humanos europeos máis antigos e con excavacións que darán moitos datos no futuro. Impresiona ver no multimedia de
Lascaux as habilidades artísticas dos nodos antepasados europeos de hai 20-30000 anos,
10 curiosidades sobre os neandertales.
Videos de evolución:
A orixe da vida,
A orixe do universo e a vida ,
Biografía de Charles Darwin, C
harles Darwin y las Galápagos,
Charles Darwin e a evolución ,
Darwin y la diversidad de especies,
Darwin los fósiles y la anatomía comparada,
A odisea da especie Adaptacións
Podedes ler aquí un resumo do libro sobre
a orixe das especies, ou
enteiro por capítulos,
outra edición. E tamén temos na rede traducións do seu libro
Viaje de un naturalista en pdf.
Para saber máis:
Microevolución
Os exemplos de evolución son de:
Ecology and Evolution . A simulación dos coellos mostrada na clase (os que estivestes en alemania, probade esta simulación, está en varios formatos, probade aquel que teñades software)
O próximo exame será dos temas 4, 5, a sistemática e o método científico, as rocas e os cortes xeolóxicos. Será o 13 de marzo.
Cando rematedes o Proxecto de investigación podedes subir os vosos traballos na páxina
ciencia21 (instrucións na aula virtual)
Un exemplo de investigación actual en Galicia, como evolucionaron algunhas plantas?