"A Ciencia non é perfecta, con frecuencia utilízase mal, non é máis que unha ferramenta pero é a mellor ferramenta que temos, corríxese a se mesma, está sempre evolucionando e pódese aplicar a todo ... con esta ferramenta conquistamos o imposible. Cos métodos da Ciencia...aprendimos a valorar as observacións e a respetar os datos e feitos demostrados" (Cosmos de Carl Sagan, unha serie televisiva dos anos 80).
A pesar do paso do tempo moitas das súas frases non perderon nada, foi moi popular e un bo intento de acercar o Cosmos ós fogares.
Que métodos son esos que fala?, hai máis de un e nós veremos unha versión do que coñecemos como Método Científico con algunas das actividades no laboratorio
Vai aquí un recordó especial á bióloga Lynn Margulis que morreu esta semana. Representaba o soño de calquer investigador pois o seu nome estivo en vida na maioría dos libros de texto, non é facil pero ela tivo unha mente audaz e libre tal que as súas propostas sobre a orixe da vida foron durante anos motivo de controversia. Debémoslle a mellora na clasificación dos seres vivos en 5 grandes reinos, unha explicación pouco darwinista sobre a orixe da vida (a teoría endosimbiótica), e unha nova explicación do que é a vida (ademais da súa contribución á Teoría de Gaia ) .
Visitaba con frecuencia España, o delta do Ebro , en busca de bacterias que apoiaran as súas propostas endosimbióticas. Podemos ler as súas ideas nesta entrevista
domingo, 27 de noviembre de 2011
sábado, 19 de noviembre de 2011
Concurso de fotografia
CONCURSO FOTOGRAFICO
O Consello Superior de Investigacions Cientificas (CSIC), a Mision Bioloxica de Galicia, a Fundacion Barrie, xunto co Ministerio de Eduacion, organizan un Concurso de Fotografia coas arbores e o noso patrimonio cultural e bioloxico como tema principal.
Tedes toda a información no seguiste enlace. Animadevos e mandade a foto que mais vos guste ou facedelle unha foto a esas arboles que tanto vos chaman a atención. Arbores, patrimonio vivo
Tamén podedes votar unha ollada á presentación enviada por David, o alumno do Master que xa coñecedes, é un aficionado á fotografía de árbores

viernes, 18 de noviembre de 2011
Entrega de premios
Coinciden o mesmo día e hora ( 23 de novembro do 2011 ás 20 horas), en Santiago a entrega de dous premios no ámbito científico: un é o premio Bento Spinoza de Ensaio a Jean Didier Vincent, e o outro é o Premio Fonseca a Sir Roger Penrose. Os dous destacan pola súa dedicación ó estudio e comprensión do cerebro humano, tal vez o novo reto que temos para comprender mellor o mundo que nos rodea e a nos mesmos, xunto co estudio do Universo.
O Premio Bento Spinoza concedeo o noso instituto xunto con outros catro de Galicia, e leva ese nome en alusión á lingua galego-portuguesa, utilizada pola familia Spinoza formada por xudios sefardíes que escaparon da Inquisición no século XVII.
Debemos a Spinoza a idea de queo papel do estado é facer a todos os homes libres, imaxinade o que foi dicir isto no século XVII!
O acto da entrega do premio será no Salón de actos do IES Rosalía. Este ano o premio foi otorgado a Jean Didier Vincent polo seu ensaio "Viaje extraordinario al centro del cerebro", unha guía completa e audaz sobre o cerebro humano e moi ben escrita. É unha visita ós lugares do noso cerebro onde percibimos placeres como comer, beber ou o amor, empatía, risa, os recordos ou a lingua.
Unha foto da preparación do acto
O Premio Fonseca 2011 que concede a USC recaeu este ano no inglés Penrose , destacado físico matemático, e como non filósofo. É un bo ceñecedor e divulgador da teoría da relatividade, e pretende demostrar ademáis con biofísica que os ordenadores nunca poderán ter conciencia.

Semana da Ciencia
Como noutros moitos lugares celebramos estes dias a Semana da Ciencia, creemos que a Ciencia e a Tecnoloxía son algo máis que as teorías, as leis e os exámes cheos de palabras difíciles de manexar. A ciencia como actividade innovadora e creativa é moi atractiva para a xente nova.
Este ano está dedicada á Química e ó Ano Internacional dos Bosques, con tal motivo a Xunta convoco un atractivo concurso fotográfico con premios, tedes o enlace no apartado de notícias á dereita.
Queremos agradecer a todos os que participaron, especialmente ós monitores e todos ós que nos axudaron. Votade unha ollada ás fotos.
E para aqueles que non pudieron ver moitos protozoos ó microscópio probade aqui

lunes, 7 de noviembre de 2011
Xenetica mendeliana
Fotos tomadas de http://ataxias-galicia.blogspot.com/ |
Para saber máis de Mendel e as súas leises podemos consultar os seguintes enlaces:
Transmision dos caracteres As Leis de Mendel
Como se fan os problemas de xenética?: Paso a paso Como se fan os problemas?
Problemas de xenetica tipo test ( Dominancia incompleta= herencia intermedia): Test de genetica mendeliana
Problemas resoltos: Problemas 1 Problemas 2 Problemas 3 Problemas 4 Problemas 5
Se queredes facer algún test da visión das cores: Test daltonismo test daltonismo2
E algúns videos que serven de complemento, o último un exemplo dos proxectos que fan os americanos na asignatura de Bioloxía:
Leyes de Mendel Genetica Mendeliana Rap de Xenetica Mendeliana
Despois de pasar probas de daltonismo nas aulas vemos que hai mais daltónicos do que sabíamos. Os daltónicos síntense diferentes e gustariame asegurar a todos que non ten importancia, todos somos diferentes afortunadamente. Para todos van uns enlaces de experiencias daltónicas: sondaltónico1 famosos daltónicos
Unha presentación da herencia ligada ó sexo e o análise de pedigrís ou árboles xenalóxicos (tomada da rede e modificada)
En inglés (probade, entendense moi ben), no segundo enlace é moi recomendable ver máis videos: Gregor Medel 100 greatest discoveries
Espero que vos guste
Vimos algo da inxeniería xenética no tema 2 co ADN, volveredes a estudialo en CMC de 1ºBacharelato, polo que non insistiremos se non hai tempo, pero gustaríame presentarvos este video sobre Dopaxe xenético , é un exemplo dunha aplicación equivocada de técnicas útiles en mediciña, por exemplo para no futuro curar a distrofía muscular de Duchenne, unha alteración dun xen no cromosoma X que acorta unha vida con grandes limitacións.
miércoles, 2 de noviembre de 2011
Modelos de ADN
Xa temos os modelos de ADN, agradecemos o esforzo, interés e materiais empregados. De momento están no seminario de Bio-Xeo e na clase de 4ºC, veremos de mostralos a todo o centro. De momento van aqui as fotos: modelos de ADN 4º ESO
Podedes pasar polo departamento de biología e xeoloxía a recoller os vosos ADNs desoís duna días teremos que desprendernos dalgúns.
Podedes pasar polo departamento de biología e xeoloxía a recoller os vosos ADNs desoís duna días teremos que desprendernos dalgúns.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)