"A Ciencia non é perfecta, con frecuencia utilízase mal, non é máis que unha ferramenta pero é a mellor ferramenta que temos, corríxese a se mesma, está sempre evolucionando e pódese aplicar a todo ... con esta ferramenta conquistamos o imposible. Cos métodos da Ciencia...aprendimos a valorar as observacións e a respetar os datos e feitos demostrados" (Cosmos de Carl Sagan, unha serie televisiva dos anos 80).
A pesar do paso do tempo moitas das súas frases non perderon nada, foi moi popular e un bo intento de acercar o Cosmos ós fogares.
Que métodos son esos que fala?, hai máis de un e nós veremos unha versión do que coñecemos como Método Científico con algunas das actividades no laboratorio
Vai aquí un recordó especial á bióloga Lynn Margulis que morreu esta semana. Representaba o soño de calquer investigador pois o seu nome estivo en vida na maioría dos libros de texto, non é facil pero ela tivo unha mente audaz e libre tal que as súas propostas sobre a orixe da vida foron durante anos motivo de controversia. Debémoslle a mellora na clasificación dos seres vivos en 5 grandes reinos, unha explicación pouco darwinista sobre a orixe da vida (a teoría endosimbiótica), e unha nova explicación do que é a vida (ademais da súa contribución á Teoría de Gaia ) .
Visitaba con frecuencia España, o delta do Ebro , en busca de bacterias que apoiaran as súas propostas endosimbióticas. Podemos ler as súas ideas nesta entrevista
O feito de que os artigos a partir de agora se deban entregar en inglés, implica que tamén deberán ser presentados nesa lingua?
ResponderEliminar