jueves, 2 de febrero de 2012

Día Mundial dos Humidais

Himantopus himantopus Autor: Vtornet
O 2 de febreiro de cada ano celebrase o Día Mundial dos Humidais co fin de dar a coñecer as lagoas, esteiros e ecosistemas acuáticos de interés pola súa riqueza en aves, paisaxes, organismos acuáticos, etc. Moitos destes lugares están en serio peligro de desaparecer, e todos eles carecen do recoñecemento e cuidados que merecen.
A poucos km de Santiago están: ría de Noia, Complexo Intermareal do Grove, Lagoa de Xuño cerca de Portosín,  Varias Lagoas  na Terra Chá (Cospeito),  unha antiga lagoa, a de Antela con unha beleza que debeu ser similar a Doñana hoxe, pero casi desaparecida, e así podemos seguir por toda a península. Vivimos a cabalo entre dous continentes, nunha xeografía pequena reunimos casi todolos climas e unha biodiversidade única, excepcional en Europa.  As aves de Europa, e o norte de África levan miless de anos migrando de norte a sur en busca de comida e lugares de aniñamento e nos últimos 50 anos cortamos a súa viaxe desecando os lugares que necesitan para completar os seus ciclos de vida.
E para os mais excepticos, pensemos no turismo ornitolóxico. Cada vez vemos máis turistas provistos de prismáticos achegarse á península, verán e inverno, sabendo que a observación de eses lugares encharcados ofrecen sorpresas tódolos días.
Achegovos dous enlaces. Un documental do Grove e outro dunha lagoa recuperada en Teruel.
E para os "paxareiros" un par de blogs: aves rapaces    e   a sociedade ornitolóxica galega

No hay comentarios:

Publicar un comentario