lunes, 18 de marzo de 2013

Premio Luis Freire

Espero ter tempo a partir desta semana para dirixirvos as experiencias que foron selecionadas para o Premio Luis Freire. Tedes algunha información complementaria para baixar na aula virtual.
A continuación vai un guión de como pode ser a memoria final :


Memorias: antes do 19 abril, ultimo día entrega dun borrador no que irán incluídos os seguintes apartados:

1ª páxina: título (centrado na páxina e no medio) ,  e nomes completos dos/as autores/as, data e IES Rosalía Castro (abaixo e máis pequeno)
2ª páxina: un índice: título dos apartados e páxinas, cada apartado comezará nunha páxina. Isto claro está se a memoria ten varias páxinas.
3ª páxina e seguintes: (cada páxina comezará nun apartado)
            Introdución: xustificación da importancia da investigación. Un resumo do que debemos saber  do tema
            Obxectivo: breve descrición do que queremos averigüar, e porque é de interese educativo e científico
            Descrición das tarefas a realizar ou realizadas xa, así como o reparto dos traballos
            Se podemos e procede facemos un deseño segundo o método científico:
                        Hipótese
                        Variables:independente, dependente, controladas
                        Grupo control e grupo experimental
                        Método: paso a paso
                        Resultados, datos obtidos, mellor acompañar de fotos
                        Satisfacen os resultados á hipótese de traballo?
                        Como se podería mellorar a experiencia?
Conclusións

jueves, 7 de marzo de 2013

Unistem day 2013

Poño aqui a información que teño para realizar a visita á Facultade de Bioloxía de Santiago o próximo venres 15 de marzo.Responde a unha invitación desta Facultade ós centros de Secundaria e Bacharelato,  para celebrar conxuntamente con outros centros universitarios  de España, Italia e Reino Unido, un día dedicado á investigación sobre as células nai, e á vez unha homenaxe a Rita Levi-MOntalcini. Rita foi unha neuróloga italiana que recibeu o Premio Nobel de Mediciña en 1986 polo seu dsescubremento sobre os fatores de crecemento que determinan a división das células, moi relacionado coa investigación do cancro. Morreu no 2012 con 103 anos, a mayoría dedicados á investigación das células.
 Para máis información sobre a organización aquí.
Proba tamén nas seguintes: facebook,  twitter ,  juego ,

miércoles, 6 de marzo de 2013

Campus Científicos 2013

A "Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología" pon en marcha un novo campus Científico para o próximo verán, para os alumnos de 4ºESO e 1º de Bacharelato.
Este Campus son unha oportunidade para coñecer como é a universidad antes de chegar a ela, e sobre todo a investigación científica que hai nas nosas universidades. Tamén serve para coñecer a outros estudiantes de varias procedencias. As estancias serán de unha semana no mes de xulio.
Os solicitnates deben ter unha nota media da ESO de alomemos 7.50.
Haberá unha pequena selección, con unha proba "online" con preguntas múltiple resposta de cultura xeral, fáciles.
Os interesados deberán comunicalo canto antes na xefatura de estudios (previa consulta ós pais). Animadevos!, nas anteriores edicións os seleccionados viñeron moi contentos.
Mas información, aquí.

lunes, 4 de marzo de 2013

O estudio do planeta Terra

O estudio das ondas sísmicas proporciona moitos datos do interior do noso planeta. Queremos coñecelo ben para poder predecir o momento e lugar dos terremotos que tanto medo e desgracias nos traes. Para iso debemos saber interpretar os datos sísmicos, e nesta páxina podedes atopar axuda.
Para comprender como se transmiten as ondas sísmicas podedes consultar estas páxinas. Nesta páxina explicase moi ben a interpretación dos sismogramas.
Cantos terremotos xa houbo hoxe ata neste momento en todo mundo? (con magnitude maior que 2.5).
Nesta páxina podemos ver os terremotos na península nos últimos días. Parécenos que non houbo ningún, si que os hai, a maioría afortunadamente non os sentimos, porque son de pequena intensidade.