Poño aqui a información que teño para realizar a visita á Facultade de Bioloxía de Santiago o próximo venres 15 de marzo.Responde a unha invitación desta Facultade ós centros de Secundaria e Bacharelato, para celebrar conxuntamente con outros centros universitarios de España, Italia e Reino Unido, un día dedicado á investigación sobre as células nai, e á vez unha homenaxe a Rita Levi-MOntalcini. Rita foi unha neuróloga italiana que recibeu o Premio Nobel de Mediciña en 1986 polo seu dsescubremento sobre os fatores de crecemento que determinan a división das células, moi relacionado coa investigación do cancro. Morreu no 2012 con 103 anos, a mayoría dedicados á investigación das células.
Para máis información sobre a organización aquí.
Proba tamén nas seguintes: facebook, twitter , juego ,
No hay comentarios:
Publicar un comentario