Podemos datar rochas e fósiles. A datación relativa (máis antigo que o estrato... e máis nouvo que ...) xa o vimos co estudio dos estratos nos cortes xeolóxicos. Ahora imos ver como é que se fai a datación absoluta, é dicir o cálculo do número de anos (centos, miles ou millóns) das rochas, fósiles, restos, ... Empréganase os métodos radiométricos co análise dos isótopos radioactivos. Para comprender mellor isto podedes usar este enlace: A Illa das Ciencias, e wikitareas.
O Tema de Historia da Terra imos traballalo facendo unha liña do tempo a escala, é dicir representando a historia da Terra nunha liña do tempo e a escala. A partir da fotocopia entregada na clase debedes ampliar a escala con alomenos 3 folios máis e situar os 3500 millóns de anos da Terra, e logo as ereas e periodos, e logo os acontecementos xeolóxicos, vbiolóxicos e climáticos que se poidan. Comoaxuda tedes estes enlaces: Proyecto Biosfera , igbio , Enchanted learning , BBC . Por certo que nesta enlace podedes atopar moitas simulaciones que poden axudar nun repaso.
Na última parte antes do exame gustaríame ver algo da Xeoloxía de Galicia, podedes atopar o mapa nun excelente blog sobre rochas de Galicia.
Recordade que na aula virtual podedes descargar os documentos que entrego na clase.
NOutro orden de cousas probade a mirar este video, é un monólogo e foi galardonado nun certame para premiar a divulgación da ciencia que pode ser divertida e comprendida por todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario