Comezamos un novo curso, moitos somos "vellos coñecidos", outros espero que teñamos oportunidades de coñecernos mellor.
O programa desta asignatura comprende Bioloxía e Xeoloxía, comezamos coa célula e o núcleo, a herencia xenética, a evolución, o tempo xeolóxico, a tectónica de placas, e para rematar a ecoloxía. É un dos máis bonitos de todo o ensino secundario, esperamos que vos guste.
No primeiro tema empezamos facendo unha liña do tempo cos fitos e científicos importantes relacionados cos temas a estudiar. Debedes facer a liña do tempo a escala, é dicir desde 1600 ata hoxe onde 1cmpoden ser 20 anos por exemplo. A liña DEBE ESTAR feita á escala, senón non estará ben. debedes engadir os científicos Pasteur, Mendel, Severo Ochoa, Darwin, e algún mais que vimos na clase.
Debedes: estudiar o tema 1 polo libro, facer algúns exercicios na libret ( os indicados na clase), cos enunciados das preguntas, mirar ben as fotografías e figuras, e ademais completar e estudiar as fotocopias entregadas (célula, metabolismo, virus...), estudiar tamén as escalas de medida, os 5 grandes reinos, o pH e a ósmose.
Un enlace con animacións para un repaso da célula, outro video da célula.
Videos da célula:orixe e evolución, movimento ameboideo, ameba in english, cilia & flagella (english), locomoción en protozoos, Mimosa impudica (tactismo), cantas xemacións ves?, video repaso da célula (min8: división celular). Pasteur biography.
O venres 4 de outubro faremos un test do tema 1 (libro e fotocopias), con preguntas verdadero-falso, multiple resposta, relacionar columnas, compeltar figuras, .... Servirá de avaliación inicial e contará no apartado de exames como un exame máis.