miércoles, 16 de octubre de 2013

A ciencia que conta


A CIENCIA tamén se fai escribindo
A Universidade de Vigo xunto coa Fundación Barrié convocan un concurso de relatos curtos en galego e con algunha conexión coa ciencia. Poden participar alumnos de primaria e Secundaria e público en xeral, así que a escribir!

Os traballos deben se orixinais, sen terse publicado antes e cunha extensión non máis de unhas 1000 palabras (menos de 3 folios ) e hai que envialos antes do 16 de novembro.
Toda a información necesaria atopádela en : http://www.cienciaqueconta.com
O relato deberá ser enviado a:   http://www.cienciaqueconta.com/participa, e unha copia á profesora de bioloxía Adela Vázquez impresa ou adxunto nun correo a través da aula virtual.
Os traballos entregados e enviados antes do remate do prazo serán puntuados subindo o próximo exame de bioloxía ata 0.6 puntos. Se o relato resulta seleccionado será engadido ata un 0.7 na nota final de bioloxía-xeoloxía en xuño ou setembro.
Na páxina web xa mencionada podedes atopar axuda para empezar a escribir, e ademais vai a continuación unha axuda.


Consellos para escribir un relato corto
Primeiros pasos para escribir un relato
Antes de tomar a pluma (o teclado), conven realizar un \"brain-storming\" ou tormenta de ideas y anotar o siguiente:
                                    Qué personaxes van a aparecer na historia
                                    En qué tempo se van a ubicar
                                    Onde
                                    Cánto vai  durar a trama
                                    Qué personaxes aparecerán e con qué características
                                    Quén narrará o relato (primeira o tercera persoa)
                                   
Conven tamén ter pensada a historia en sí, é dicir, o desenvolvemento da trama ou argumento, y realizar un pequeno croquis o esquema cronolóxico para non perderte.
Un truco para escribir un relato corto é pensar onde e como se atopan os personaxes ó inicio do conto e onde e como terminan ó finalizar o escrito.

As persoaxes na historia son moi importantes, hai que darlles vida. Fai que todos e cada uno deles disponga dunha personalidade real e inclue transformacións, por exemplo, cambios bruscos de mentalidade ou altibaxos de sentimentos.

Busca un título corto, de non mais de 3 ou 4palabras, intenso e que atraiga ó lector, e relacionado co contido. Podes pedir opinións a outras persoas para ver que lles parece.   . 
 Máis axuda:
http://educacion.comohacerpara.com/n7547/como-escribir-un-relato-corto.html
http://www.literautas.com/es/blog/post-3910/como-escribir-un-cuento-corto/
http://es.wikihow.com/escribir-una-cuento-corto
http://www.bubok.es/blog/2009/09/07/10-consejos-para-escribir-un-relato-corto/
http://www.writepop.com/category/1001-story-ideas
http://www.sff.net/people/james.van.pelt/teenfinity/ideas.htm
http://www.wikihow.com/Write-Science-Fiction


Algúns temas: pode ser ciencia ficción, con animais (recorda Moby Dick), terremotos (a pelicula "Lo imposible" ) volcáns , paisaxes,  animais, números,  cociña, comida,  evolución,  un paseo pola cidade ou no campo con descripcións da natureza,  unha viaxe , a cociña, un laboratorio, minas de ouro,  viaxe no espacio,  clonar e facer revivir animais extintos, ...  , persoaxes que tiveron improtancia na ciencia: Mendel, Darwin, ou calquer outro que te ilusione e motive para inscribir e onde algún aspecto da ciencia teña un oco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario