domingo, 15 de junio de 2014

Paseo pola Alameda de Santiago

Chega o fin de curso e hai poucas ganas de traballar. Estamos todos algo cansados, ó longo do curso fixemos un gran esforzo para intentar alcanzar as metas que nos marcamos alá polo mes de setembro, xa queda lonxe. Así que o venres 13 de xuño decidimos dar un paseo pola Alameda ( o alumnado de 4ºESO A), poida que non foi precisamente unha clase de botanica, pero tomamos o sol e demos un paseo. Aquí van algunhas fotos que tomamos:




jueves, 22 de mayo de 2014

Premio Luis Freire 2014

O Premio Luis Freire  que convoca a Casa das Ciencias da Coruña, este ano será convocado o mes de setembro, é a miña intención mandar os proxectos de Ciencias que fixemos este ano, así que contó con vos o próximo curso se hai algún seleccionado, non si?

jueves, 15 de mayo de 2014

CONCURSO!!!!!

Outro concurso mais de fotografía e relatos e curtometraxes, esta vez convodos por ADEGA. A temática é o estado do territorio e como o vemos nos. Como vemos, sentimos e compartimos a paisaxe, os núcleos urbanos, as vilas? . Que sentimos en relación a outros seres vivos? Queremos suxerir ou temos ideas que queremos compartir para mellorar o aproveitamento sustentable dos nosos recursos? … e outras moitas preguntas que nos poden motivar a concursar. Aquí tedes máis información.

jueves, 8 de mayo de 2014

Cortes xeolóxicos e Isostasia

Darwin era un gran aficionado ós fósiles e soupo ver a importancia do seu estudio, así como dos terremotos. Describe no seu diario feito en Sudamérica a emoción que lle causou o hachádego dun gran fósil e o sentir dun terremoto.
Empezamos cun repaso das rocas no laboratorio, para poder comprender os cortes xeolóxicos. Xa vimos a datación absoluta, veremos aquí a datación relativa con fósiles. Deixaremos a Historia da Terra para facer  unha escala do tempo despois do exame.
O próximo exame na terceira semana de maio será dos temas 9 e 10, as rocas, os cortes xeolóxicos, isostasia e localización de terremotos.
A continucación tedes alguns enlaces para poder repasar:

 Primerio un mapa xeolóxico de Galicia de introducción, e un repaso de rochas e minerais  (rochas2) .
Para comenzar a interpretación de paisaxes e recoñecer a importancia do estudio da xeoloxía podedes ver o seguinte video: o flysh de Zumaia (version curta ).  Zumaia está en Euskadi, non moi lonxe pero xeoloxicamente moi diferente e moito menos antiga que o Macizo Galaico.
Para preparar os cortes xeolóxicos do próximo examen: cortes1   cortes2   corte 3  animación , non vos oolvidedes das terrazas fluviais ; e para os que queiran traballar en inglés:  section1   section2  deformación das rocas (moi completo)   Geology simulaciones, and one more.
Fallas normais e inversas  e o blog do iescolumela con excelentes animacións de xeoloxía
Gran Cañón (USA) contén estratos en horizontal dos últimos 700 ma e posteriormente erosionados polo río Colorado. Tamén contén un embalse e central hidroeléctrica, ademais de estar cerca de Las Vegas. É un libro da historia do planeta Terra
Unha excelente páxina de xeoloxía, en español e con boas simulacións, as explicacións son dun nivel de bacharelato.
A isostasia é un termo utilizado para explicar a relación de equilibrio entre a litosfera e a astenosfera debido as súas diferencias de densidad. Intenta explicar os movimientos da codia que se observan na superficie e na horizontal, tales como o ascenso de Canada e a Península Escandinava. Podedes ver aquí simulacións da isostasia (e a teoría) . Hai un artigo no periódico El País que val a pena lelo, vai dun estudio para medir a velocidad e de "rebote" ou reajuste glaciar da Antártida, similar ó exercicio que fixemos de Canadá.

jueves, 1 de mayo de 2014

Outro concurso de relatos

Co galo do I Centenario do Instituto Oceanográfico, ven de convocar un concurso de relatos curtos, e con temática relacionada coa vida mariña e a investigación no mar. Se estafes interesados tedies aquí toda a información, e se me mandades o ejemplar xunto co comprobante de telo enviado podo subir a nota do próximo examen ata 1 punto.
Pídenvos os meus datos:
Adela Vázquez Vázquez
Profesora de Bioloxía e Xeoloxía do IES Rosalía Castro
teléfono (traballo) 981 569 650

martes, 25 de febrero de 2014

Tema 9. A xeosfera e a súa dinámica

Imos dedicar dous meses á xeoloxía. A algúns estudiantes parécelles árida, iso das pedras… , pero o estudio da Terra ofrece moitas sorpresas. Imos coñecer algo máis dos terremotos, do movemento dos continentes, a historia do Planeta e os seus millóns de anos, a mirar as paisaxes con outros ollos, a coñecer a xeoloxía da galicia algo mellor, en fin, un montón de novedades que espero vos gusten.
Para o estudio da Terra ( modelos, simulacións, imáxes e información) : Imáxes e modelos excelentes ( en inglés) ; Métodos de estudio do interior da Terra nun blog;  As ondas sísmicas e os sismógrafos;    A estructura da Terra ;  Discontinuidades da Terra ;  Proyecto Biosfera, con información para saber máis  ; e a páxina máis completa  da universidad e de Tromso en Noruega.
Para estudiar e saber máis da dinámica da xeosfera e a Tectónica de Placas, hai moitas páxinas excelentes, van aquí tan so as que me merecen máis atención:   Geology simulations review ;  La dinámica terrestre (cideac);  Animación de terrazas fluviais ;   Animaciones tectónica Junta Andalucia ;   Nuestro rincon de las ciencias, blog con moitos enlaces  ;  Recursos de Biología e Geología  ;  Iescolumela,  simulacións,  Excelente páxina de Lourdes Luengo con animacións e exercicios.  E finalmente unha boa páxina de 4º ESO (educastur),  con moito material, poderes facer os test dos temas de xeoloxía.
Hai un gran interés por coñecer a orixe e con máis detalles o magnetismo terrestre. Neste enlace podes leer algo máis deste tema a un nivel accesible.
Por último, debedes finalizar os proxectos antes da 2º avaliación, e colgar os vosos traballos na páxina http://ciencia21dotcom.wordpress.com  ( para entrar usuario:  iesrosalia  e contraseña: alameda12 ,  en META Acceder á dereita e abaixo da páxina)

sábado, 25 de enero de 2014

Parabéns a Joaquín

Parabéns a Joaquín Vila por quedar finalista  na Olimpíada de Bioloxía e na fase galega, agora ánimo para a fase nacional, animado xa está pois un dos premios é unha visita ó Centro Superior de Investigacións Científicas, un doce para alguén coma el con gusto pola investigación e a Ciencia. E tamén parabéns a Charo que algo tivo que ver ….

jueves, 9 de enero de 2014

Tema 5: Orixe da vida, evolución e biodiversidad

Estamos empezando o segundo cuatrimestre, e ven a conto aprender algo de evolución, unha xenial idea de Darwin que, 150 anos despois, aínda segué tan moderno e controvertido. En palabras do xenetista americano Dobzhansky (colaborador de Morgan): "nada ten sentido na bioloxía senón é baixo a teoría da evolución". É decir necesitamos as ideas evolutivas para interpretar moitos dos coñecementos que temos sobre os seres vivos e poder comprender mellor o mundo que nos rodea.

Cepaea nemoralis
Quero mostrarvos a importancia de que haxa unha grande variación no ADN das poboacións, para a supervivencia das especies, como se observa nos caracoliños do campo, porque lle gustarán tanto ós paxaros?. Sabedes buscar na foto que cor terán os que viven na área das praias?, e os que viven en bosques?. Pois son todos da mesa especie.
Enlaces para saber mais:  PBS (inglés) Evolution & global warming
Para ver algunhas imáxenes e contestar exercicios ou preguntas: Comentar estas diapositivas (evolución)     árboles evolutivos  Cladogramas  Teoría endosimbiótica  
Para ampliar, consultar o saber máis da evolución humana   . Redordade a importancia de Atapuerca en Burgos, onde se a topan os humanos europeos máis antigos e con excavacións que darán moitos datos no futuro.  Impresiona ver no multimedia de Lascaux as habilidades artísticas dos nodos antepasados europeos de hai 20-30000 anos, 10 curiosidades sobre os neandertales. Proyecto Olduvai. A Human family tree.

Videos de evolución:   A orixe do universo e a vida ,  Biografía de Charles Darwin,  Charles Darwin y las Galápagos,   Otro video mais longo de Galápagos,   Charles Darwin e a evolución ,   A odisea da especie ,    Adaptacións,  Evidences of human evolution .
Podedes ler aquí un resumo do libro sobre a orixe das especies, ou enteiro por capítulos,  outra edición. E tamén temos na rede traducións do seu libro Viaje de un naturalista en pdf.
Rematamos o tema practicando algo de sistemática e taxonomía, é dicir a clasificación dos seres vivos. Repartimos unhas fotocopias de traballo, tedes copias na aula virtual. Seravos útil o ano que ven saber como se fai o agrupamiento e a nomenclatura científicas.

Os exemplos de evolución son de: Ecology and Evolution . A simulación dos coellos mostrada na clase

O próximo exame será deste tema 5 e no mes  de febreiro

Cando rematedes o Proxecto de investigación podedes subir os vosos traballos na páxina ciencia21   (instrucións na aula virtual)

Proxecto de Ciencias

Despois de descancansar e dedicar mais tempo á familia netas vacacións (con tanta choiva casi foi obligatorio), imos empezar un proyecto de investigación en Ciencias. O diseño e as partes do proyecto tédelos nunha fotocopia  e podedes descargalo na aula virtual.  Recordade que deberes empezar por un tema de interés, unha pregunta, que debe ter datos numéricos para apoiar ou rechazar a hipótese e que, é moi importante definir ben unha variable independiente que é a única que vai cambiar, e o resto das variables deben permanecer constantes. Para ser un bo traballo debe ter datos con gráfica e unha recta de regresión.
Para axudar a elexir os temas temos miles de páxinas e fontes en internet.Van a continuación algunhas:
Índice de experiencias,  Zonaedu,  Tryscience,  Feria Ciencias Google,   Biology Science Fair Project ideas,  Ideas Proyecto Ciencias High School,  Feria Ciencias Proyectos,  Feria Ciencias Ideas,  Ideas Feria CienciasFeria Ciencias Google. E en xeral probade tecleando en Google "science project e outra palabra relacionado co tema ou aspecto que vos gusta máis)
Outras ideas: Reproducir experimento Pasteur;  Herédanse as pisadas dactilares?;   Que papel de cociña é máis absorbente?;    Increméntase o pulso durante os exámes?;   que pH teñen os meus productos cosméticos?;    existe contaminación acústica nas clases?;  Que froita contén máis vitamina C?  Que embutido contén menos amidón?,  Favorece o efecto invernadoiro a xerminación de sementes?,  Canto dura o sabor dos chicles?.  Cantas especies de paxaros se poden ver na Alameda no mes de xaneiro?, Que variabilidade flora( na lonxitude, ou peso, ...)l presentan os rododendron da Alameda?,  Que factotes influen na formación de palomitas de millo?,   Varia o Ph da choiva en diferentes lugares de Galicia?,  Que alimento contén máis catalasa? ,   Quen contén máis ADN: a cebola ou os guisantes? ,  Hai infusorios no líquido de gardar as lentillas?,  e miles mais.
O ano 2014 está dedicado á Cristalografía, parece un tema aburrido pero lonxe da realidad  (video) . Os cristais son bellísimos e moi interesantes. A técnica do seu estudio permitiu chegar ó modelo do ADN (Watson e Crick) e en xeral permite o estudio de moléculas. Hai proyectos bonitos para facer cristáis.
Para recompensar o tempo e esforzo presentaremos os traballos ó concurso dos museos coruñeses relativo a Facer Ciencia.
Google convoca amén un concurso anual pra premiar os millores proyectos.
Vota unha ollada aquí se aínda non tes a pregunta para o teu proxecto: video1,  video 2 ,