Darwin era un gran aficionado ós fósiles e soupo ver a importancia do seu estudio, así como dos terremotos. Describe no seu diario feito en Sudamérica a emoción que lle causou o hachádego dun gran fósil e o sentir dun terremoto.
Empezamos cun repaso das rocas no laboratorio, para poder comprender os cortes xeolóxicos. Xa vimos a datación absoluta, veremos aquí a datación relativa con fósiles. Deixaremos a Historia da Terra para facer unha escala do tempo despois do exame.
O próximo exame na terceira semana de maio será dos temas 9 e 10, as rocas, os cortes xeolóxicos, isostasia e localización de terremotos.
A continucación tedes alguns enlaces para poder repasar:
Primerio un mapa xeolóxico de Galicia de introducción, e un repaso de rochas e minerais (rochas2) .
Para comenzar a interpretación de paisaxes e recoñecer a importancia do estudio da xeoloxía podedes ver o seguinte video: o flysh de Zumaia (version curta ). Zumaia está en Euskadi, non moi lonxe pero xeoloxicamente moi diferente e moito menos antiga que o Macizo Galaico.
Para preparar os cortes xeolóxicos do próximo examen: cortes1 cortes2 corte 3 animación , non vos oolvidedes das terrazas fluviais ; e para os que queiran traballar en inglés: section1 section2 deformación das rocas (moi completo) Geology simulaciones, and one more.
Fallas normais e inversas e o blog do iescolumela con excelentes animacións de xeoloxía
O Gran Cañón (USA) contén estratos en horizontal dos últimos 700 ma e posteriormente erosionados polo río Colorado. Tamén contén un embalse e central hidroeléctrica, ademais de estar cerca de Las Vegas. É un libro da historia do planeta Terra
Unha excelente páxina de xeoloxía, en español e con boas simulacións, as explicacións son dun nivel de bacharelato.
A isostasia é un termo utilizado para explicar a relación de equilibrio entre a litosfera e a astenosfera debido as súas diferencias de densidad. Intenta explicar os movimientos da codia que se observan na superficie e na horizontal, tales como o ascenso de Canada e a Península Escandinava. Podedes ver aquí simulacións da isostasia (e a teoría) . Hai un artigo no periódico El País que val a pena lelo, vai dun estudio para medir a velocidad e de "rebote" ou reajuste glaciar da Antártida, similar ó exercicio que fixemos de Canadá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario