Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de abril de 2012

Un paseo xeolóxico pola Lanzada


O domingo 6 de maio terá lugar un paso xeolóxico guiado pola praia da Lanzada ( entre Sanxenxo e o Grove), descubrirá ós asistentes secretos que gardan as rochas e as areas da praia, é gratuito e aberto a todo o público. Terá tamén unha segunda parte, unha explicación da paisaxe nas magníficas vistas desde o monte Siradella cercano. A actividade está enmarcada na celebración do Xeolodía 2012 , un día ó ano para coñecer mellor a Xeoloxía dalgún lugar na nosa xeografía.  Para inscribirse e coñecer máis sobre a actividade e os Xeolodías probade nestes enlaces.