Mostrando entradas con la etiqueta xenetica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xenetica. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de noviembre de 2013

Tema 3 Xenética Mendeliana

Fotos tomadas de http://ataxias-galicia.blogspot.com/


 Os Temas 3 e 4 do libro de texto veñen dedicados á xenética. O tema 3 é a xenética mendeliana tradicional, faremos sobre todo problemas. O tema 4 está relacionado coa xenética máis moderna, a manipulación do ADN e xa o vimos despois do estudio do ADN. 
Para saber máis de Mendel e as súas leises podemos consultar os seguintes enlaces:
Como se fan os problemas de xenética?:     Paso a paso   Como se fan os problemas?
Problemas de xenetica tipo test  ( Dominancia incompleta= herencia intermedia):  Test de genetica mendeliana
Problemas resoltos:  Problemas 1     Problemas 2  Problemas 3    Problemas 4   Problemas 5   problemas 6   problemas 7   , problemas on line .  
Se queredes facer algún test da visión das cores:  Test daltonismo     test daltonismo2
E algúns videos que serven de complemento, o último  é un exemplo dos proxectos que fan os americanos na asignatura de Bioloxía:
Faremos alguna proba de daltonismo 1, 2  na clase, tódolos anos aparece algún daltónico que non se dera conta da súa condición. Os daltónicos síntense diferentes e gustariame asegurar a todos que non ten importancia, todos somos diferentes afortunadamente. Para todos van uns enlaces de experiencias daltónicas: sondaltónico1 , 2  
Unha presentación da herencia ligada ó sexo e o análise de pedigrís ou árboles xenalóxicos (tomada da rede e modificada). Para practicar a interpretación de árbores xenealóxicos practicade nestes enlaces (outro mais ) . Axudaranvos a facer a árbore da vosa familia os seguintes enlaces: Taller .
Unha presentación para mostrar a herencia mendeliana en humanos

En inglés (probade, entendense moi ben), no segundo enlace é moi recomendable ver máis videos:  Gregor Medel    100 greatest discoveries

Podedes ver aquí un aspecto do xardin da abadía en Brünn (Chequia) onde Mendel practicou os seus cruzamentos, e un aspecto dun manuscrito coa descripción do que se considera o texto dun experimento cinetífico ( escrito a man) máis valioso que existe, está en Alemania: (fonte )
Espero que vos guste este tema. A xenética e a evolución, que será o seguinte tema son os dous pilares da bioloxía moderna.

domingo, 13 de octubre de 2013

Tema 2. A información xenética

  Foron Watson e Crick en 1953 baseandose nunha fotografía de Rosalind Franklin con raios X, quenes propuxeron un modelo de ADN rapidamente aceptado por todos e ben demostrado  posteriormente.     Podemos vela molecula de ADN en 3D
un modelo no Darwin Center


Seguen algúns enlaces para ver simulacións:       Duplicación do ADN.      Simulación2.     Simulación2 da autoreplica do ADN       Transcripción1      Transcripción2     Síntese de proteínas        O código xenético e a síntese de proteínas      
Con toda esta información, xa podedes facer un modelo 3D do ADN, en grupos de ata 3 persoas.
 DEBEDES ENTREGAR O MODELO FEITO ANTES DO 5 de novembro, e a calificación engadirase á nota do próximo exame. Levará un documento  adxunto cos nomes indicando como se fixo e a equivalencia dos elementos do ADN, ben indicados, e como están representados: nucleótidos, as 4 bases, as pontes de H, a desoxirribosa e o grupo fosfato, podedes facer tamén unha valoración da aportación de cada membro do grupo ó resultado final.  Debedes facer unha breve presentación na aula. 
Calificación: ata +0.4 sobre a nota do próximo exame, se os traballos están ben feitos e un -0.4 se non se presenta. Se o modelo é da duplicación do ADN ou da síntese de proteínas poderáse subir a nota ata +0.6. É imprescindible ter unha boa nota de clase para subir calquer nota de exame.  
É OBRIGATORIO presentar algún modelo. NON se admitirán despois do 5 de novembro.
Como facer un modelo 3D do ADN? (inglés)outro modelo do ADN , un terceiro,  ou buscando en Google "DNA model". Tamén podedes mirar nas entradas do ano pasado as fotos dos modelos que fixeron os vosos compañeros hai dous anos.