Mostrando entradas con la etiqueta xeoloxia proxectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xeoloxia proxectos. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de febrero de 2012

Historia da Terra

A reconstrucion da Historia da Terra presenta moitas dificultades xa que debe ter uns 4600 millons de anos. Estudiando as rochas que se formaron  o longo de tantos anos e os fosiles que conteñen podemos saber moitos dos acontecementos que se sucederon, pero moitos rexistros desapareceron ou non se coñecen. Imos traballar a escala do tempo e  a evolucion da vida na Terra, que transcurriu paralela os cambios nela mesma. Estamos posiblemente nun momento desa historia importante para futuro da vida no planeta, o coñemento de nos mesmos como unha especie mais e suxeta as mesmas leis e relacions co resto, tal vez nos permitira mellorar o uso dos recursos e cuidar o planeta que de momento  o unico que permite a vida.Van a continuacion varios enlaces para disfrutar os que atopedes interes nos fosiles e a historia da vida:
History of life on Earth: excelente, a mais completa ainda que non nos permita ver todolos videos fora do Reino Unido.
Outras, todas en ingles: PBS ( recomended video ),  National Geographic   NBC
Liñas do tempo xeoloxico:  Enchanted Learning    John Kyrk
Fosiles Precambrico de Louzara

E ainda que non veña nos programas debemos de coñecer o que temos mais preto: temos no NW da Peninsula restos  da Panxea e fauna similar  famosa de Ediacara (ainda non tan famosa) segun o xeologo Vidal Romani  en Quiroga e  O Courel . A Peninsula Iberica é rica en fosiles,  é un placer camiñar por Cantabria, Teruel ou Guadalajara e atopalos no campo.
(fonte da foto: http://paleontologianoticiosa.blogspot.com/2009_09_01_archive.html)
Proximo exame sera entre o 23 eo 29 de febreiro, comprendera os temas 5 e 7 (so paxs 140 -149) e exercicios correspondentes, as fotocopias de evolucion, método científico  e sistematica e as chaves dicotomicas. O exame sera tipo test e pode conter algunhas preguntas mais extensas e definicions.
PARA SUBIR A NOTA DESTE EXAME, como xa vos dixen podedes facer unha escala do tempo xeolóxico que reflexe alomenos os acontecementos que vos din, podedes angadir algún máis. Debe estar feito a escala, se é un traballo individual ou en grupos de 2-3 persoas pode ser a escala: 1cm= 10 millóns de anos ( uns 4 metros). Se o grupo é de 4 ou máis debe ser outra escala: 1mm= 0.5 millóns de anos, é dicir uns 8 m de papel ou tela. Se me entregades a escala feita douvos papel do departamento.
 A escala do tempo debe levar ben indicados os millóns de anos no seu lugar de acordo coa escala. Tamén debedes escribir a escala que usastes
Data límite: venres 23 de marzo.
Calificación:  nomes dos alumnos, grupo, e datos (MILLÓNS DE ANOS) da escala ben fetos e claramente expósitos: +0.2
Eras e Periodos coloreados e ben visibles, datos biolóxicos e xeolóxicos ben situados e claramente expostos, algúns con debuxos: +0.5
Ben presentado: +0.3