jueves, 4 de abril de 2013

Campamentos de verán

Estamos no tempo de soliciatar camapamentos de verán, se nos interesan:

Ahí está toda a información dos campamentos de verán, tanto os de 9 a 17 anos como os de 18 a 35 anos:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Tamén están os campamentos de idiomas da consellería de educación para a ESO E Bacharelato:
http://xuventude.xunta.es/2013032210094/actividades-de-formacion-en-linguas-estranxeiras-no-veran-2013.html

Os campamentos de idiomas do Ministerio de Educación para 5º , 6º de primaria e 1º da ESO:
http://xuventude.xunta.es/2013031810051/inmersion-lingueistica-en-colonias-de-vacacions-para-o-veran-de-2013.html

lunes, 1 de abril de 2013

A Terra móvese!


Desciende al cráter- del Yocul de Sneffels que la sombra del Scartaris acaricia antes de las calendas de Julio, audaz viajero, y llegarás al centro de la tierra, como he llegado yo. Ame Saknussemm (Viaje al centro de la Tierra de Julio Verne)
Aínda non puidemos chegar ó centro da Terra como o fixo Julio Verne en 1864 pero estamos vendo que nos últimos anos a tecnoloxía está aportando moitos datos do interior do nos o planeta, e moitos máis que van vir doutros planetas.
As ondas sísmicas, o estudio dos terremotos e a tomografía física ofrecen moitos datos da Terra pero aínda insuficientes, coñecemos bastante ben a xeoloxía das zonas máis ricas como California ou Xapón, pero aínda queda moito por saber doutras como Haití pu Afganistan. É interesante a coincidencia entre as zonas máis sísmicas e as antigas civilizacións e hoxe zonas densamente poboadas: Persia, Grecia, China, Xapón, México, ...
A primeira parte do Tema 9 trata  das ondas sísmicas e do interior da Terra, podedes repasar, ampliar e consultar simulacións nas seguintes páxinas: 
Os seguintes enlaces conteñen información diversa de Xeoloxía, con información e animacións ( non fixemos moito fincapé no concepto de Astenosfera, hoxe en discusión sobre si é unha capa, mías ben parece que é unha "capa" discontinua :   Estructura dinámica de la Tierra , Animacionesgeología  , La Isla delas Ciencias  , University of Tromso  ,   Proyecto Biosfera ,  Anatomía de un terremoto  ,  La estructura de la Tierra ,  ciencias(con exercicios) (English: localizando un terremoto  e outra en español  ). Os americanos teñen unha páxina con mapas e datos dos terremotos en tempo real 
Para a segunda parte: a Tectónica de Placas, podedes empezar con algúns  vídeos deste blog e de seguido veñen as páxinas coas animacións mostradas en clase:  As Placas , con terremotos e volcáns Averroes ,  Límites de placas , cideadtic , Geology simulations  , Libros vivos SM 1  e   2  , O ciclo de Wilson, este ciclo en video, e sen olvidar a excelente páxina de Tromso citada anteriormente, cun nivel alto, pero muy completa. 
Algúns videos: a dorsal atlántica  , dinámica terrestre   ,  o prego do Courel   La Tierra magnética
E non vos olvidedes de consultar  Google Earth. 
Na última parte estúdianse as oroxenias(english, flash), os volcáns (video )(usgs USA ) , os pregamentos e fallas . Podedes consultar a anteriormente citada Averroes, e outra web do iescolumela con moitos enlaces ou a do iesabdera
Para repasar as rochas: "Gea y la formación de las rocas"
Tamén hai páxinas con exercicios de autoavaliación: 1  2  3  4   5  e videos:  Plumas del manto
As deformacións no relieve son moi diferentes ó mostrado nos debuxos. Prova neste enlace.

lunes, 18 de marzo de 2013

Premio Luis Freire

Espero ter tempo a partir desta semana para dirixirvos as experiencias que foron selecionadas para o Premio Luis Freire. Tedes algunha información complementaria para baixar na aula virtual.
A continuación vai un guión de como pode ser a memoria final :


Memorias: antes do 19 abril, ultimo día entrega dun borrador no que irán incluídos os seguintes apartados:

1ª páxina: título (centrado na páxina e no medio) ,  e nomes completos dos/as autores/as, data e IES Rosalía Castro (abaixo e máis pequeno)
2ª páxina: un índice: título dos apartados e páxinas, cada apartado comezará nunha páxina. Isto claro está se a memoria ten varias páxinas.
3ª páxina e seguintes: (cada páxina comezará nun apartado)
            Introdución: xustificación da importancia da investigación. Un resumo do que debemos saber  do tema
            Obxectivo: breve descrición do que queremos averigüar, e porque é de interese educativo e científico
            Descrición das tarefas a realizar ou realizadas xa, así como o reparto dos traballos
            Se podemos e procede facemos un deseño segundo o método científico:
                        Hipótese
                        Variables:independente, dependente, controladas
                        Grupo control e grupo experimental
                        Método: paso a paso
                        Resultados, datos obtidos, mellor acompañar de fotos
                        Satisfacen os resultados á hipótese de traballo?
                        Como se podería mellorar a experiencia?
Conclusións

jueves, 7 de marzo de 2013

Unistem day 2013

Poño aqui a información que teño para realizar a visita á Facultade de Bioloxía de Santiago o próximo venres 15 de marzo.Responde a unha invitación desta Facultade ós centros de Secundaria e Bacharelato,  para celebrar conxuntamente con outros centros universitarios  de España, Italia e Reino Unido, un día dedicado á investigación sobre as células nai, e á vez unha homenaxe a Rita Levi-MOntalcini. Rita foi unha neuróloga italiana que recibeu o Premio Nobel de Mediciña en 1986 polo seu dsescubremento sobre os fatores de crecemento que determinan a división das células, moi relacionado coa investigación do cancro. Morreu no 2012 con 103 anos, a mayoría dedicados á investigación das células.
 Para máis información sobre a organización aquí.
Proba tamén nas seguintes: facebook,  twitter ,  juego ,

miércoles, 6 de marzo de 2013

Campus Científicos 2013

A "Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología" pon en marcha un novo campus Científico para o próximo verán, para os alumnos de 4ºESO e 1º de Bacharelato.
Este Campus son unha oportunidade para coñecer como é a universidad antes de chegar a ela, e sobre todo a investigación científica que hai nas nosas universidades. Tamén serve para coñecer a outros estudiantes de varias procedencias. As estancias serán de unha semana no mes de xulio.
Os solicitnates deben ter unha nota media da ESO de alomemos 7.50.
Haberá unha pequena selección, con unha proba "online" con preguntas múltiple resposta de cultura xeral, fáciles.
Os interesados deberán comunicalo canto antes na xefatura de estudios (previa consulta ós pais). Animadevos!, nas anteriores edicións os seleccionados viñeron moi contentos.
Mas información, aquí.