Hola a todos: este novo blog vai dirixido a todo o alumnado de 4º da ESO do IES Rosalía de Santiago de compostela.
O nome fai alusión a Charles Darwin e a súa teoría da evolución que nos guiará ó longo deste curso.
Pretende ser un instrumento de comunicación dentro e fora da aula e levará enlaces para ver o material utilizado na clase de 4º da ESO durante o curso 2011-12.
Tamén é a miña intención invitar á lectura na Ciencia: noticias, artigos, libros nos que aparecen aspectos relacionados coas Ciencias Naturais (viaxes, paisajes, animáis, plantas, a Terra, etc), ou figuras relevantes da Ciencia.
Como introducción e facendo un pequeno homenaxe as novas tecnologías e ó recientemente morto Esteve Jobs vai un enlace que mostra unha simulación do que sucede na célula (tomada de Harvard University)
No hay comentarios:
Publicar un comentario