lunes, 26 de marzo de 2012

Remata a segunda avaliación

Estamos ó final da segunda aviación, un momento para pensar no que fixemos na aula e como o podemos mellorar na terceira avaliación para facer un bo remate de curso.
Fonte: El País
O pasado xoves tivemos no centro a 3 autores que viñeron recoller os premios San Clemente na dazaseisava edición: Xulia Alonso ( Futuro Perfecto  )  Eduardo Mendoza  ( Riña de Gatos   )  e Colm Toibin ( Brooklyn). Os tres  víronse no centro cómodos e contentos de ser premiados e agasajados polo alumnado de Bacharelato de varios centros de Galicia e Portugal.  Na cea no Hostal cada novelista compartiu mesa co alumnado do Rosalía, parecían todos encantados.


O BI: BACHARELATO INTERNACIONAL
Aproveito a ocasión para invitarvos, especialmente ó alumnado de 4º da ESO a    coñecer o Bacharelato Internacional, é unha opción que podedes escoller no IES Rosalía. Consiste en facer un Bacharelato algo diferente, ten dúas opcións unha de Ciencias con asignaturas de Física, Química, Matemáticas, Bioloxía e Debuxo Técnico  e outra opción máis parecida ó Bacharelato de Sociais con asignaturas  de Historia, Economía e Matemáticas. Nas asignaturas comúns hai Lengua, Língua,  Literatura, Filosofía, Inglés, Teatro. Este Bacharelato é preparatorio da Selectividade e doutros exámes do Diploma IB, este é válido para entrar en calquer Universidade do Mundo.
O máis interesante é que na opción de Ciencias hai que facer un traballo experimental no laboratorio.


Votade unha ollada a estas fotos dos proyectos que estuvieron facendo este trimestre:

Para mais información: BI no Rosalia 

Aproveitamos a ocasión para felicitar a Marta Pita, alumna de 2ºBI no Rosalía, polos moitos premios conseguidos nas Olimpiadas de Física e Química

E para os que estén pensando en mediciña ou similar: Lipdub excelente dos estudiantes de mediciña de Santiago que rematan este curso, probade a ver se coñecedes algún.



No hay comentarios:

Publicar un comentario