jueves, 5 de abril de 2012

As fragas do Eume

Como xa sabedes sufrimos un incendio importante a semana pasada, en parte relacionado con esta sequía que nos afecta. Cando se comenta que puido ser intencionado moitos de nos dixemos: ¿como pode haber alguén que disfrute coa quema do monte?, onde viven tantos animáis e plantas, so pensade o que deben sufrir ó sentir o lume cerca.
É triste pensar que temos tantos lugares que nos gustaría cuidar e que por unha razón ou por outra se ven castigados polas diversas actividades humanas. É o noso deber cuidar, manter e pasar as seguintes xeneracións o que recibimos e seguramente necesitaremos para manter unha boa calidade de vida.
Tamén debemos coñecer mellor o noso entorno, por exemplo que é unha fraga, cal é a importancia das fragas do Eume, onde están, que é un parque natural, e moitas mais preguntas que podedes contestar lendo os seguintes enlaces. A rede e Google pon moita información nas nosas máns, e debemos saber recoñecer neste caso os estudios científicos baseados en estudios e observacións rigurosas, como empezamos a facer nas nosas clases. EumeturismoSociedade Galega de Historia Natural , Un futuro incerto  O que perdemos

No hay comentarios:

Publicar un comentario