lunes, 30 de abril de 2012

Campus Científicos de Verano

A Consellería de Educación ven de divulgar a convocatoria do MEC para disfrutar duna semana nun campus universitario científico, observando a investigación e o traballo dos científicos nalgún dos lugares citados no BOE. Pode participar alumnado de 4ºESO ou 1ºBac cunha nota media de 7.5 mínimo. Deben rexistrarse e despois contestar a preguntas no centro escolar, baixo a vixilancia dun profesor. O alumnado seleccionado irá unha semana do mes de xulio  a ún dos lugares seleccionados, con monitores, seguro  e estancia cubertos; corre a cargo da familia a viaxe xa que pode ser nalgún lugar da Península. Aqueles que estén interesados deben apuntarse na xefatura de estudios ANTES DO MARTES día 8 de mayo.

Parabens a Marta Pita, alumna de 2ºBI no Rosalía, que acaba de conseguir a súa 5ª medalla nas Olimpiadas de Física, Química e Matemáticas, e o pase para as fases internacionais de Física ou Química, e  a fase Iberoamericana de Química.

sábado, 28 de abril de 2012

Un paseo xeolóxico pola Lanzada


O domingo 6 de maio terá lugar un paso xeolóxico guiado pola praia da Lanzada ( entre Sanxenxo e o Grove), descubrirá ós asistentes secretos que gardan as rochas e as areas da praia, é gratuito e aberto a todo o público. Terá tamén unha segunda parte, unha explicación da paisaxe nas magníficas vistas desde o monte Siradella cercano. A actividade está enmarcada na celebración do Xeolodía 2012 , un día ó ano para coñecer mellor a Xeoloxía dalgún lugar na nosa xeografía.  Para inscribirse e coñecer máis sobre a actividade e os Xeolodías probade nestes enlaces.

sábado, 21 de abril de 2012

Recuperación

O próximo xoves 26 de abril ás 6.30 poderán recuperar os alumnos e alumnas que quieran subir nota, especialmente os suspensos. O examen terá lugar na aula de 4ºD e o exame terá preguntas dos 3 exámes realizados. Cada alumno contestará as preguntas dos exámes indicados que debe recuperar.
O exame de recuperación será parecido ós exámes realizados, e poderá incluir definicións.
O alumnado que vai á viaxe realizada polo departamento de Relixión poderá realizar o exame máis tarde (xoves 3 de maio ás 6.30 na aula de 4ºD), pero tan so o alumnado que vai a ese viaxe. Neste último exame entrarán preguntas de definición.

jueves, 5 de abril de 2012

A Tectónica de Placas

Desciende al cráter- del Yocul de Sneffels que la sombra del Scartaris acaricia antes de las calendas de Julio, audaz viajero, y llegarás al centro de la tierra, como he llegado yo. Ame Saknussemm (Viaje al centro de la Tierra de Julio Verne)
Aínda non puidemos chegar ó centro da Terra como o fixo Julio Verne en 1864 pero estamos vendo que nos últimos anos a tecnoloxía está aportando moitos datos do interior do nos o planeta, e moitos máis que van vir doutros planetas.
As ondas sísmicas, o estudio dos terremotos e a tomografía física ofrecen moitos datos da Terra pero aínda insuficientes, coñecemos bastante ben a xeoloxía das zonas máis ricas como California ou Xapón, pero aínda queda moito por saber doutras como Haití pu Afganistan. É interesante a coincidencia entre as zonas máis sísmicas e as antigas civilizacións e hoxe zonas densamente poboadas: Persia, Grecia, China, Xapón, México, ...
A primeira parte do Tema 8 trata  das ondas sísmicas e do interior da Terra, podedes repasar, ampliar e consultar simulacións nas seguintes páxinas: 
Os seguintes enlaces conteñen información diversa de Xeoloxía, con información e animacións ( non fixemos moito fincapé no concepto de Astenosfera, hoxe en discusión sobre si é unha capa, mías ben parece que é unha "capa" discontinua :   Estructura dinámica de la TierraAnimacionesgeología  , La Isla delas Ciencias  , University of Tromso  ,   Proyecto Biosfera ,  Anatomía de un terremoto  ,  La estructura de la Tierra ,  ciencias(con exercicios) (English: localizando un terremoto  e outra en español  ). Os americanos teñen unha páxina con mapas e datos dos terremotos en tempo real 
Para a segunda parte: a Tectónica de Placas, podedes empezar con algúns  vídeos deste blog e de seguido veñen as páxinas coas animacións mostradas en clase:  As Placas , con terremotos e volcáns Averroes ,  Límites de placas , cideadtic , Geology simulations  , Libros vivos SM 1  e   2  , O ciclo de Wilson,  sen olvidarse da excelente páxina de Tromso citada anteriormente, cun nivel alto, pero muy completa. 
Algúns videos: a dorsal atlántica  , dinámica terrestre   ,  o prego do Courel   La Tierra magnética
E non vos olvidedes de consultar  Google Earth. 
Na última parte estúdianse as oroxenias(english, flash), os volcáns (video )(usgs USA ) , os pregamentos e fallas . Podedes consultar a anteriormente citada Averroes, e outra web do iescolumela con moitos enlaces ou a do iesabdera
Tamén hai páxinas con exercicios de autoavaliación: 1  2  3  4  
Aquelas persoas que lles guste o tema dos terremotos e fallas, poden ver a conferencia de F Anguita (estivo no Rosalia dando unha conferencia sobre a auga e o cambio climántico, é unha autoridade en volcáns)

O estudio do planeta Terra


Amanecer luar(NASA)  
Continuamos co Tema 7. Unha parte xa a vimos na 2ª avaliación pero non rematamos o tema. Continuamos coa dotación absoluta e relativa, a interpretación de cortes xeolóxicos, o mapa xeolóxico de Galicia e un repaso de rochas e minerais  (rochas2) .
Para ampliar a interpretación de paisajes e recoñecer a importancia do estudio da xeoloxía podedes ver o seguinte video: o flysh de Zumaia (version curta ).  Zumaia está en Euskadi, non moi lonxe pero xeoloxicamente moi diferente e moito menos antiga que o Macizo Galaico.
Para preparar os cortes xeolóxicos do próximo examen: cortes1   cortes2  animación , non vos oolvidedes das terrazas fluviais ; e para os que quieran trabajar sito en inglés:  section1   section2  section2.2  otro máis
O Gran Cañón (USA) contén estratos en horizontal dos últimos 700 ma e posteriormente erosionados polo río Colorado. Tamén contén un embalse e central hidroeléctrica, ademais de estar cerca de Las Vegas. É un libro da historia do planeta Terra
Unha excelente páxina de xeoloxía, en español e con boas simulacións, as explicacións son dun nivel de bacharelato.
Datación absoluta: a vos a fotocopia,  a datación do cráneo e unha excelente páxina
Fallas normais e inversas  e o blog do iescolumela con excelentes animacións de xeoloxía
Datan rocas de Ortegal: 1160 Ma

As fragas do Eume

Como xa sabedes sufrimos un incendio importante a semana pasada, en parte relacionado con esta sequía que nos afecta. Cando se comenta que puido ser intencionado moitos de nos dixemos: ¿como pode haber alguén que disfrute coa quema do monte?, onde viven tantos animáis e plantas, so pensade o que deben sufrir ó sentir o lume cerca.
É triste pensar que temos tantos lugares que nos gustaría cuidar e que por unha razón ou por outra se ven castigados polas diversas actividades humanas. É o noso deber cuidar, manter e pasar as seguintes xeneracións o que recibimos e seguramente necesitaremos para manter unha boa calidade de vida.
Tamén debemos coñecer mellor o noso entorno, por exemplo que é unha fraga, cal é a importancia das fragas do Eume, onde están, que é un parque natural, e moitas mais preguntas que podedes contestar lendo os seguintes enlaces. A rede e Google pon moita información nas nosas máns, e debemos saber recoñecer neste caso os estudios científicos baseados en estudios e observacións rigurosas, como empezamos a facer nas nosas clases. EumeturismoSociedade Galega de Historia Natural , Un futuro incerto  O que perdemos