sábado, 24 de noviembre de 2012

Semana da Ciencia no Rosalía

O departamento de Física e Química do Rosalía organizou a Semana da Ciencia coa entusiasta axuda de alumnado de 1º Bacharelato. Mostráronnos moitas experiencias, algunhas casi "máxicas", en todas puidemos ver como nos acercábamos con  ganas de ver que había en cada obradoiro. Moitas gracias a todos e esperemos que sirva para  ter máis ganas de continuar, de facer ciencia, e de investigar. Aquí van un par de fotos.
E os nosos parabens ós gañadores de Galiciencia co seu supercoche eléctrico que os vai levar ata Barcelona.
Queremos poñer aquí amén algunhas novas que tiveron lugar en Santiago estas semanas: o Congreso de ENCIGA, Ensinantes da Ciencia en Galicia, que tivo lugar no IES Xelmírez I, e dentro deste Congreso a Ruta Xeolóxica que fai a profesora do Rosalía Conchita González Adán, xeóloga e polo tanto boa coñecedora das pedras que nos rodean.


miércoles, 7 de noviembre de 2012

Xenética mendeliana e inxeniería xenética

Fotos tomadas de http://ataxias-galicia.blogspot.com/

 Os Temas 3 e 4 do libro de texto veñen dedicados á xenética. O tema 3 é a xenética mendeliana tradicional, faremos sobre todo problemas. O tema 4 está relacionado coa xenética máis moderna, a manipulación do ADN. 
Para saber máis de Mendel e as súas leises podemos consultar os seguintes enlaces:
Como se fan os problemas de xenética?:     Paso a paso   Como se fan os problemas?
Problemas de xenetica tipo test  ( Dominancia incompleta= herencia intermedia):  Test de genetica mendeliana
Problemas resoltos:  Problemas 1     Problemas 2  Problemas 3    Problemas 4   Problemas 5   problemas 6   problemas 7     
Se queredes facer algún test da visión das cores:  Test daltonismo     test daltonismo2
E algúns videos que serven de complemento, o último  é un exemplo dos proxectos que fan os americanos na asignatura de Bioloxía:
Faremos alguna proba de daltonismo 1, 2  na clase, tódolos anos aparece algún daltónico que non se dera conta da súa condición. Os daltónicos síntense diferentes e gustariame asegurar a todos que non ten importancia, todos somos diferentes afortunadamente. Para todos van uns enlaces de experiencias daltónicas: sondaltónico1 , 2  
Unha presentación da herencia ligada ó sexo e o análise de pedigrís ou árboles xenalóxicos (tomada da rede e modificada). Para practicar a interpretación de árbores xenealóxicos practicade nestes nelaces.
En inglés (probade, entendense moi ben), no segundo enlace é moi recomendable ver máis videos:  Gregor Medel    100 greatest discoveries
Espero que vos guste
Podedes ver aquí un aspecto do xardin da abadía en Brünn (Chequia) onde Mendel practicou os seus cruzamentos, e un aspecto dun manuscrito coa descripción do que se considera o texto dun experimento cinetífico ( escrito a man) máis valioso que existe, está en Alemania: (fonte )
A inxeniería xenética terá un gran desenvolvmento nas próximas décadas, volveredes a estudiala o próximao ano en CMC de 1ºBacharelato, polo que non insistiremos se non hai tempo, pero gustaríame presentarvos este video sobre Dopaxe xenético , é un exemplo dunha aplicación equivocada de técnicas útiles en mediciña, por exemplo para no futuro curar a distrofía muscular de Duchenne, unha alteración dun xen no cromosoma X que acorta unha vida con grandes limitacións. Outros vídeos: 1, 2,  3,  El mundo según Monsanto. Monsanto é a primeira compañía dedicada a producir entre otros herbicidas e sementes transxénicos, despois de conseguir patentar unha semente transxénica, a patente do primeiro ser vivo.
Un exemplo reciente do útil que pode ser a inxeniería genética. Unha simulación de como producir unha planta resistente ós insectos.  

jueves, 1 de noviembre de 2012

Aniversario do terremoto de Lisboa

Hai hoxe 257 o suroeste da Península sufría un dos terremotos que se cree de mais intensidade dos coñecidos, tivo o seu epicentro nunha falla cerca do cabo S Vicente, no Oceáno Atlántico. O movemento sinteuse tan lonxe como os Paixes Baixos pero o peor estaba por chegar, o maremoto que alcanzou Lisboa pola noite destrozou a floreciente cidade portuaria barcos incluídos, o incendio causado polos lumes caseiros que se propagaron con rapidez nos movementos de terras do terremoto e réplicas acabaron de destrozar a cidade ocasionando un caos e uns 80000 mortos so en Lisboa.
Naquela época estes acontecementos desastrosos eran interpretados como castigo divino. Hoxe temos tecnología e coñecementos para saber que onde se produciron terremotos e maremotos van a sufrir mais, e canto mais tempo pase máis probabilidad e hai de que sucede outro acontemento similar.
Coinicidindo co aniversario do terremoto de Lisboa debemos recordar que non temos un sistema de aviso e prevención de maremotos nas nosas pobladas costas.
Este curso e máis adiante estudiaremos na Xeoloxía os terremotos pero non está de maís ir tomando nota do que sucede no noso planeta e seguir de cerca unha das controversias con moitas consecuencias: os cambios no clima.