O departamento de Física e Química do Rosalía organizou a Semana da Ciencia coa entusiasta axuda de alumnado de 1º Bacharelato. Mostráronnos moitas experiencias, algunhas casi "máxicas", en todas puidemos ver como nos acercábamos con ganas de ver que había en cada obradoiro. Moitas gracias a todos e esperemos que sirva para ter máis ganas de continuar, de facer ciencia, e de investigar. Aquí van un par de fotos.
E os nosos parabens ós gañadores de Galiciencia co seu supercoche eléctrico que os vai levar ata Barcelona.
Queremos poñer aquí amén algunhas novas que tiveron lugar en Santiago estas semanas: o Congreso de ENCIGA, Ensinantes da Ciencia en Galicia, que tivo lugar no IES Xelmírez I, e dentro deste Congreso a Ruta Xeolóxica que fai a profesora do Rosalía Conchita González Adán, xeóloga e polo tanto boa coñecedora das pedras que nos rodean.
No hay comentarios:
Publicar un comentario