jueves, 1 de noviembre de 2012

Aniversario do terremoto de Lisboa

Hai hoxe 257 o suroeste da Península sufría un dos terremotos que se cree de mais intensidade dos coñecidos, tivo o seu epicentro nunha falla cerca do cabo S Vicente, no Oceáno Atlántico. O movemento sinteuse tan lonxe como os Paixes Baixos pero o peor estaba por chegar, o maremoto que alcanzou Lisboa pola noite destrozou a floreciente cidade portuaria barcos incluídos, o incendio causado polos lumes caseiros que se propagaron con rapidez nos movementos de terras do terremoto e réplicas acabaron de destrozar a cidade ocasionando un caos e uns 80000 mortos so en Lisboa.
Naquela época estes acontecementos desastrosos eran interpretados como castigo divino. Hoxe temos tecnología e coñecementos para saber que onde se produciron terremotos e maremotos van a sufrir mais, e canto mais tempo pase máis probabilidad e hai de que sucede outro acontemento similar.
Coinicidindo co aniversario do terremoto de Lisboa debemos recordar que non temos un sistema de aviso e prevención de maremotos nas nosas pobladas costas.
Este curso e máis adiante estudiaremos na Xeoloxía os terremotos pero non está de maís ir tomando nota do que sucede no noso planeta e seguir de cerca unha das controversias con moitas consecuencias: os cambios no clima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario