lunes, 11 de noviembre de 2013

Congreso apícola no IES Rosalía



Alá polo mes de outubro do 2014 ( días 3, 4 e 5 ) os corredores do noso instituto endulzaránse de abellas e mel nun Congreso Nacional Apícola. Está orgánizado pola Asociación Galega de Apicultura.
Entre outros, o congreso pretende promocionar a produción de mel e derivados, poñer en contacto científicos, apicultores, aficionados, estudiantes e público en xeral. Haberá unha carpa na Alameda e tamén excursións para os participantes que queiran visitar outros lugares de Galicia.
Andamos a buscar axudantes (mozos e mozas ) que axudarán na organización, recepción de visitantes e en xeral nas actividades do Congreso. Terán recompensa.
É unha boa ocasión de probar o mundo do traballo, xa que hai moita xente que se dedica a traballar en Congresos, Exposicións e Turismo. Aqueles interesados deberán comunicarllo á profesora Adela Vazquez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario