miércoles, 6 de noviembre de 2013

Tema 4: Biotecnoloxía e Inxeñería xenética

Levamos facendo biotecnoloxía miles de anos: para alimentarnos (queixos, manteiga, mel, viño, ...), para vestirnos ( o cultivo da seda ) , para curarnos, e outros usos. A  biotecnoloxía é a utilización de organsimos vivos para cubrir as nosas necesidades.
Desde os anos 60 pouco despois de coñecer a estructura do ADN somos capaces de acceder e manipular os ácidos nucleicos dos seres vivos para a nosa conveniencia ou capricho, isto é coñecido como Inxeñiería xenética. As posibilidades que ofrece son casi infinitas e prevese que no futuro poida ocupar aun número crecente de persoas, polo que crece tamén o interese en formar estudiantes capaces de aportar as súas ideas neste campo.
Veñen aquí a continuación algunas páxinas con simulación de procesos que debedes coñecer:
PCR: static , Max animations ,  Utah , Utah2,  Sumanansic , Life T ,  .
Produción de insulina ou outra proteína : kscience, e outras anteriores
Clonación: dnalc , Utah , MacGrawHill (video) ,
Ingenieria genética: roble.pnticroble.pntic ,  Lourdes Luengo .
Varias animacións : Max animations ,

A inxeniería xenética terá un gran desenvolvmento nas próximas décadas, volveredes a estudiala o próximao ano en CMC de 1ºBacharelato, polo que non insistiremos se non hai tempo, pero gustaríame presentarvos este video sobre Dopaxe xenético , é un exemplo dunha aplicación equivocada de técnicas útiles en mediciña, por exemplo para no futuro curar a distrofía muscular de Duchenne, unha alteración dun xen no cromosoma X que acorta unha vida con grandes limitacións. Outros vídeos: Genetic modification, GMF ,  GMF 2 ,  GMF 3 ,  El mundo según Monsanto. Monsanto é a primeira compañía dedicada a producir entre otros herbicidas e sementes transxénicos, despois de conseguir patentar unha semente transxénica, a patente do primeiro ser vivo.
Un exemplo reciente do útil que pode ser a inxeniería genética. Unha simulación de como producir unha planta resistente ós insectos.

Este mes de novembro chegarán as probas PISA, é unha proba, non son as probas definitivas. Se alguen quere saber algo mais: PISA 1 ;  PISA2.
O próximo exame será dos temas 2 e 4, será tipo test con figuras e exercicios. Debedes facer os exercícios do libro de texto e completar as fotocopias entregadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario