Estamos rematando o primeiro trimestre, é chegado o momento de facer un balance e ver que cousas podemos mellorar para conseguir boas notas ó final de curso, todos nos, e lograr as metas que nos propuxemos no principio de curso.
No Nadal é un bo momento para a lectura, van aquí na dereita unhas suxerencias algunhas relacionadas coa evolución ou os terremotos.
Pedinvos completar uns exercicios de gráficas que poderes a topar nestes enlaces:
SM1 SM2 SM 3 SM4
Deséxovos un Bo Nadal e un Feliz Ano Novo 2012
lunes, 19 de diciembre de 2011
domingo, 27 de noviembre de 2011
O Método Científico
"A Ciencia non é perfecta, con frecuencia utilízase mal, non é máis que unha ferramenta pero é a mellor ferramenta que temos, corríxese a se mesma, está sempre evolucionando e pódese aplicar a todo ... con esta ferramenta conquistamos o imposible. Cos métodos da Ciencia...aprendimos a valorar as observacións e a respetar os datos e feitos demostrados" (Cosmos de Carl Sagan, unha serie televisiva dos anos 80).
A pesar do paso do tempo moitas das súas frases non perderon nada, foi moi popular e un bo intento de acercar o Cosmos ós fogares.
Que métodos son esos que fala?, hai máis de un e nós veremos unha versión do que coñecemos como Método Científico con algunas das actividades no laboratorio
Vai aquí un recordó especial á bióloga Lynn Margulis que morreu esta semana. Representaba o soño de calquer investigador pois o seu nome estivo en vida na maioría dos libros de texto, non é facil pero ela tivo unha mente audaz e libre tal que as súas propostas sobre a orixe da vida foron durante anos motivo de controversia. Debémoslle a mellora na clasificación dos seres vivos en 5 grandes reinos, unha explicación pouco darwinista sobre a orixe da vida (a teoría endosimbiótica), e unha nova explicación do que é a vida (ademais da súa contribución á Teoría de Gaia ) .
Visitaba con frecuencia España, o delta do Ebro , en busca de bacterias que apoiaran as súas propostas endosimbióticas. Podemos ler as súas ideas nesta entrevista

sábado, 19 de noviembre de 2011
Concurso de fotografia
CONCURSO FOTOGRAFICO
O Consello Superior de Investigacions Cientificas (CSIC), a Mision Bioloxica de Galicia, a Fundacion Barrie, xunto co Ministerio de Eduacion, organizan un Concurso de Fotografia coas arbores e o noso patrimonio cultural e bioloxico como tema principal.
Tedes toda a información no seguiste enlace. Animadevos e mandade a foto que mais vos guste ou facedelle unha foto a esas arboles que tanto vos chaman a atención. Arbores, patrimonio vivo
Tamén podedes votar unha ollada á presentación enviada por David, o alumno do Master que xa coñecedes, é un aficionado á fotografía de árbores

viernes, 18 de noviembre de 2011
Entrega de premios
Coinciden o mesmo día e hora ( 23 de novembro do 2011 ás 20 horas), en Santiago a entrega de dous premios no ámbito científico: un é o premio Bento Spinoza de Ensaio a Jean Didier Vincent, e o outro é o Premio Fonseca a Sir Roger Penrose. Os dous destacan pola súa dedicación ó estudio e comprensión do cerebro humano, tal vez o novo reto que temos para comprender mellor o mundo que nos rodea e a nos mesmos, xunto co estudio do Universo.
O Premio Bento Spinoza concedeo o noso instituto xunto con outros catro de Galicia, e leva ese nome en alusión á lingua galego-portuguesa, utilizada pola familia Spinoza formada por xudios sefardíes que escaparon da Inquisición no século XVII.
Debemos a Spinoza a idea de queo papel do estado é facer a todos os homes libres, imaxinade o que foi dicir isto no século XVII!
O acto da entrega do premio será no Salón de actos do IES Rosalía. Este ano o premio foi otorgado a Jean Didier Vincent polo seu ensaio "Viaje extraordinario al centro del cerebro", unha guía completa e audaz sobre o cerebro humano e moi ben escrita. É unha visita ós lugares do noso cerebro onde percibimos placeres como comer, beber ou o amor, empatía, risa, os recordos ou a lingua.
Unha foto da preparación do acto
O Premio Fonseca 2011 que concede a USC recaeu este ano no inglés Penrose , destacado físico matemático, e como non filósofo. É un bo ceñecedor e divulgador da teoría da relatividade, e pretende demostrar ademáis con biofísica que os ordenadores nunca poderán ter conciencia.

Semana da Ciencia
Como noutros moitos lugares celebramos estes dias a Semana da Ciencia, creemos que a Ciencia e a Tecnoloxía son algo máis que as teorías, as leis e os exámes cheos de palabras difíciles de manexar. A ciencia como actividade innovadora e creativa é moi atractiva para a xente nova.
Este ano está dedicada á Química e ó Ano Internacional dos Bosques, con tal motivo a Xunta convoco un atractivo concurso fotográfico con premios, tedes o enlace no apartado de notícias á dereita.
Queremos agradecer a todos os que participaron, especialmente ós monitores e todos ós que nos axudaron. Votade unha ollada ás fotos.
E para aqueles que non pudieron ver moitos protozoos ó microscópio probade aqui

lunes, 7 de noviembre de 2011
Xenetica mendeliana
Fotos tomadas de http://ataxias-galicia.blogspot.com/ |
Para saber máis de Mendel e as súas leises podemos consultar os seguintes enlaces:
Transmision dos caracteres As Leis de Mendel
Como se fan os problemas de xenética?: Paso a paso Como se fan os problemas?
Problemas de xenetica tipo test ( Dominancia incompleta= herencia intermedia): Test de genetica mendeliana
Problemas resoltos: Problemas 1 Problemas 2 Problemas 3 Problemas 4 Problemas 5
Se queredes facer algún test da visión das cores: Test daltonismo test daltonismo2
E algúns videos que serven de complemento, o último un exemplo dos proxectos que fan os americanos na asignatura de Bioloxía:
Leyes de Mendel Genetica Mendeliana Rap de Xenetica Mendeliana
Despois de pasar probas de daltonismo nas aulas vemos que hai mais daltónicos do que sabíamos. Os daltónicos síntense diferentes e gustariame asegurar a todos que non ten importancia, todos somos diferentes afortunadamente. Para todos van uns enlaces de experiencias daltónicas: sondaltónico1 famosos daltónicos
Unha presentación da herencia ligada ó sexo e o análise de pedigrís ou árboles xenalóxicos (tomada da rede e modificada)
En inglés (probade, entendense moi ben), no segundo enlace é moi recomendable ver máis videos: Gregor Medel 100 greatest discoveries
Espero que vos guste
Vimos algo da inxeniería xenética no tema 2 co ADN, volveredes a estudialo en CMC de 1ºBacharelato, polo que non insistiremos se non hai tempo, pero gustaríame presentarvos este video sobre Dopaxe xenético , é un exemplo dunha aplicación equivocada de técnicas útiles en mediciña, por exemplo para no futuro curar a distrofía muscular de Duchenne, unha alteración dun xen no cromosoma X que acorta unha vida con grandes limitacións.
miércoles, 2 de noviembre de 2011
Modelos de ADN
Xa temos os modelos de ADN, agradecemos o esforzo, interés e materiais empregados. De momento están no seminario de Bio-Xeo e na clase de 4ºC, veremos de mostralos a todo o centro. De momento van aqui as fotos: modelos de ADN 4º ESO
Podedes pasar polo departamento de biología e xeoloxía a recoller os vosos ADNs desoís duna días teremos que desprendernos dalgúns.
Podedes pasar polo departamento de biología e xeoloxía a recoller os vosos ADNs desoís duna días teremos que desprendernos dalgúns.
domingo, 23 de octubre de 2011
No laboratorio
Empezamos as prácticas no laboratorio, na Ciencia e o ensino-aprendizaxe da Ciencia o laboratorio ocupa un lugar moi relevante. Aprenderemos a traballar no laboratorio con seguridade e confianza, algunhas técnicas sinxelas e a traballar en grupo.
Na primeira práctica repasaremos o uso do microscopio óptico e a facer preparacións para poder ver células e tecidos vexetais. Que serva de complemento unha copia do documento utilizado (con solucións) e algún enlace para aprender a interpretar as mostras vistas ó microscopio óptico.
Microscopio, células e tecidos vexetais Prácticas co microscopio optico
Microscopio, células e tecidos vexetais Prácticas co microscopio optico
O aprendido nesta práctica entrará no 2º exame
lunes, 17 de octubre de 2011
Outro premio para o Rosalía
(tomada da Voz de Galicia)
Unha vez máis varios premios para os alumnos do Rosalía e dúas das nosas profesoras: Charo e M Carmen Touza . Os premios son de investigación en Bioloxía e Química. Noraboa a todos!
Tres premios de investigación do Ministerio

Mitose, meiose e ciclos de vida (fin T2)
(tomado de postershop)
Os procesos de division celular van asociados o aumento do numero de celulas e a reproduccion. A divisin do nucleo pode ser por mitose, na maioria das celulas; ou meiose para dar celulas coa mitade de cromosomas, moitas veces gametos para a reproduccion sexual. Despois da division do nucleo ten lugar case sempre a division do citoplasma.Debedes completar a información do libro con animaciones e vídeos: Mitose, meiose jonhkyrk Mitose e meiose , division cells alive Video dos cromosomas
Para que practiques: Pon nomes 1 Pon mais nomes test1 test2
Case todos os seres vivos intercambian información xenetica porque evolutivamente ten vantaxes (recordade as bacterias cando pasan xenes resistentes a penicilina). Tamen ten vantaxes evolutivas os ciclos que alternan fases haplontes e diplontes, moitas veces con reproduccion sexual e asexual, as duas representan pasos moi importantes na evolucion e a diversificacion dos seres vivintes na Terra.
RECORDADE QUE REMATANDO O TEMA 2 HABERÁ UN EXAME DOS TEMAS 1 E 2, ou sexa despois do "Halloween"
miércoles, 12 de octubre de 2011
As bases da herdanza. Os cromosomas (cont T2)
Podes ver o exercicio de cariotipo aqui: exercicio cariotipos
Para ampliar e coñecer máis dos cariotipos humanos seguen algúns enlaces:
Historias médicas de pacientes
Saber máis de cariotipos humanos
Comparar nº cromosomas de diferentes especies
Que nos fai humans? (unha posible explicación genética)
domingo, 9 de octubre de 2011
Tema 2: As bases da herdanza . O ADN
F Griffith en 1928 buscando a vacina da pneumonía douse conta que unhas bacterias sen cápsula e inócuas transformábanse en patóxenas e con cápsula, logo había un cambio que podia estar relacionado coa mesa información que pasa duna xeneración a outra. Hoxe sabemos que é o ADN. Podes ver sito nun video: Experimento Griffith
Foi Watson e Crick en 1953 baseandose nunha fotografía de Rosalind Franklin con raios X, quenes propuxeron un modelo de ADN rapidamente aceptado por todos e ben demostrado posteriormente. Podemos vela molecula de ADN en 3D
Seguen algúns enlaces para ver simulacións: Duplicación do ADN. Simulación1 Simulación2. Replica do ADN Simulación3 da autoreplica do ADN Transcripción1 Transcripción2 Síntese de proteínas O código xenético e a síntese de proteínas Outra simulacion do ADN
Con toda esta información, xa poderes facer un modelo 3D do ADN, en parellas, levará os nomes completos dos autores, ENTREGARASE ANTES DO 31 DE OUTUBRO (ou o últimos día lectivo iANTERIOR), e calificaras e de -0.5 a +0.5 sobre a nota dun examen, levará un doc adjunto cos nomes indicando como se fixo e a equivalencia dos elementos do ADN. +0.5 sern os traballos ben feitos que indiquen claramente nomes do alumnado, e onde estan os elementos do ADN: g fosdato, dR, as 4 bases e as pontes de H. E OBRIGATORIO. NON se admitirán despois do 31 de outubro.
Como facer un modelo 3D do ADN? (inglés)
outro modelo do ADN
ou buscando en Google "make DNA model". Mirade unha clase decorada con ADNs
lunes, 3 de octubre de 2011
Atlas de tecidos
Para aprender a recoñecer tecidos, fixen un doc que vos ensinei na clase, deberes de miralo ben para preparar o examen: aprender a mirar ó microscopio
Para saber máis:
Atlas de tecidos
Debes aprender a recoñecer un tecido animal dun vexetal, e dentro destes vexetais os que veñen no libro de texto: epidermis, estomas, parénquima, vasos conductores (floema e xilema) e meristemas.
Na Aula virtual do IES Rosalia está o enlace a un documento en pdf máis simple que o anterio e que pode servir de axuda: Aula Virtual do IES Rosalia

domingo, 2 de octubre de 2011
Conferencia: "A auga no mundo contemporáneo"
O pasado venres 23 de setembro tivo lugar, como ben sabedes, unha conferencia do investigador vulcanólogo Francisco Anguita no salón de actos do noso Instituto, dentro do seminario e obradoiro de Climántica "Auga e Cambio Climático", que están levando os autores do libro co mesmo título, en catro cidades de Galícia.
Francisco Anguita é un destacado investigador español no ámbito da Xeoloxía, vulcanólogo, foi profesor da Universidade Complutense de Madrid, gran impulsor do ensino das Ciencias da Terra no Bacharelato, e nos últimos anos volcado en labores de divulgación como neste caso dentro do ámbito de Climántica.
Que vos pareceu?

sábado, 1 de octubre de 2011
Tema 1: as células e a organización dos seres vivos
Podedes ver no seguinte enlace a presentación que vimos na aula do Tema 1: as células e a organización dos seres vivos
http://www.slideshare.net/adelavaz/edit_my_uploads
Na aula fomos engadindo outros aspectos da Bioloxía relacionados co Tema 1 e que debedes coñecer para comprender mellor o tema. son os que seguen a continucaión:
O único Premio Nobel de Mediciña, D Santiago Ramón y Cajal investigador das neuronas e a sinapse:
A Pasteur tamén lle debemos: as vacinas, o método para tratar os lácteos e caldos do viño, o recoñecemento do papel dos microorganismos na trasmisión de enfermidades infecciosas, e a confirmación de finitiva de que "todo ser vivo procede de outro se rvivo". Pasteur poster
Debedes de familiarizarvos cos conceptos de escala de medida, ósmose, os 5 grandes reinos e a nomenclatura binomial para as especies, e mellorar o recoñecemento de células e tecidos ó microscopio. Para isto remede nos seguintes enlaces:
Células, tamaño e unidades
Ósmose: video ósmose (plantas)
Os 5 grandes Reinos dos seres vivos
Nomenclatura binomial das especies
É xa estafes listos para preparar o próximo examen!

Hola a todos
Hola a todos: este novo blog vai dirixido a todo o alumnado de 4º da ESO do IES Rosalía de Santiago de compostela.
O nome fai alusión a Charles Darwin e a súa teoría da evolución que nos guiará ó longo deste curso.
Pretende ser un instrumento de comunicación dentro e fora da aula e levará enlaces para ver o material utilizado na clase de 4º da ESO durante o curso 2011-12.
Tamén é a miña intención invitar á lectura na Ciencia: noticias, artigos, libros nos que aparecen aspectos relacionados coas Ciencias Naturais (viaxes, paisajes, animáis, plantas, a Terra, etc), ou figuras relevantes da Ciencia.
Como introducción e facendo un pequeno homenaxe as novas tecnologías e ó recientemente morto Esteve Jobs vai un enlace que mostra unha simulación do que sucede na célula (tomada de Harvard University)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)