miércoles, 9 de mayo de 2012

Exame de Maio: xeoloxía

Faremos un exame na curta semana do 14 ata o 16 de maio dalgúns temas de xeoloxía.
Respecto do libro de texto farei preguntas dos temas das seguintes páxinas: pp137 ata 139 , e tamén pp 150-151, máis as fotocopias de rochas, ciclo das rochas,  métodos radiactivos e cortes xeolóxicos. Nos exercicios das paxs 153-153 tamén hai preguntas relacionadas co exame.
O tema 8 enteiro, incluídos os exercícios, completámolo con máis exercicios nas fotocopias de tectónica de placas. Debedes facer os exercícios das fotocopias e do libro.
Do tema 9 excluiremos as páxinas do libro que seguen:  pp 183,  196, 197. Nos exercícios do final debedes facer alomenos os exercícios que acompañan as gráficas e fotografías.
O exame incluirá preguntas de tipo verdadeiro/falso, múltiple resposta, preguntas sobre gráficas, debuxos e mapas (completar, relacionar ou outro tipo e preguntas curtas).

No hay comentarios:

Publicar un comentario