miércoles, 16 de mayo de 2012

Premios Extraordinarios da ESO

A imane da cabeceira está tomada de: www.minube.com/fotos
Tódolos anos a consellería de educación convoca Premios Extraordinarios da ESO e do Bacharelato, o Premio da ESO está dirixido  ó alumnado que teña unha media de 9 en tódolos cursos da ESO,  o curso pasado houbo 20 premios de 750 euros cada ún e un diploma.
A información deste premio do ano pasado está neste enlace da Xunta. Podedes a topar amén uns exemplos das probas noutros anos.
Básicamente, o prazo foi ata o 26 de setembro, faise na secretaría do centro, neste caso no Rosalía,  e despois de recibir as notas de 4ºESO.
A proba é sinxela, ten dúas partes, a primeira é das 3 línguas (caselá, galego e inglés ) , e a segunda é de 3 materias a elexir entre as seguintes: ciencias sociais, xeografía e historia, matemáticas e unha a escoller de entre física e química, música, bioloxía e xeoloxía, educación plástica e visual, tecnoloxía e latín.
Como algún de vos estivo en Canadá o primeiro trimestre, aqueles que desexen un repaso dos primeiros temas, a célula a súa división e o ADN, deben comunicarmo na clase para poñernos de acordo no repaso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario