jueves, 31 de mayo de 2012

La pesadilla de Darwin: documental

Este filme, considerado o mellor documental europeo do 2004, empeza coa sombra de xigantescos avións atravesando o lago Victoria, o lago tropical máis grande do mundo -de 68.000 km2, dous veces a superficie de Cataluña. Nos anos 50 e case clandestinamente, un funcionario colonial relacionado co departamento de pesca, introduciu esta especie no lago Victoria que resultou ser un xigantesco e voraz depredador. Ao longo de miles de anos, os diferentes xéneros de peixes das máis de 300 especies endémicas de cíclidos catalogadas, especializáranse nos diferentes nichos ecolóxicos do inmenso lago, moitos deles ciclar os detritos mantendo o equilibrio natural e a saúde das augas. Anos despois, a perca multiplicouse rapidamente, extinguiu a máis de 210 especies de cíclidos provocando a multiplicación de algas, a crecente eutrofización e a conseguinte anoxia nas profundidas do lago. Pero "O pesadelo de Darwin" non remata aquí; a perca converteuse na especie máis capturada, impulsando o florecemento dunha industria privada de procesado e comercialización de filetes destinados, exclusivamente, á exportación cara a mercados estranxeiros. No ano 1970 o volume de peixe capturado doutras especies ascendía a 100.000 toneladas, vinte anos despois o volume de perca capturada alcanzaba as 325.000 toneladas, representando o 65% do volume total de pesca.(http://www.terra.org/articulos/art01230.html)
Podedes ver este documental-película:

No hay comentarios:

Publicar un comentario