miércoles, 26 de septiembre de 2012

Tema 1 A célula

Comezamos un novo curso, algúns somos "vellos coñecidos", outros espero que teñamos oportunidades de coñecernos mellor.
Recoñecedes a alguén da foto? É no acto de inauguración deste curso. Estaredes vos ahí dentor dun ano?
O programa desta asignatura comprende Bioloxía e Xeoloxía, comezamos coa célula e o núcleo, a herencia xenética, a evolución, o tempo xeolóxico, a tectónica de placas, e para rematar a ecoloxía. É un dos máis bonitos de todo o ensino secundario, esperamos que vos guste.
No primeiro tema empezamos facendo unha liña do tempo cos fitos e científicos importantes relacionados cos temas a estudiar. Debedes facer a liña do tempo a escal, é dicir desde 1600 ata hoxe onde 1cmpoden ser 20 anos por exemplo. A liña DEBE ESTAR feita á escala, senón  non estará ben. debedes engadir os científicos Pasteur, Mendel, Severo Ochoa, Darwin, e algún mais que vimos na clase.
A Pasteur debémoslle: a invalidación definitiva da Teoría da xeración espontánea (demostrou que a contaminación de cultivos, feridas, caldos, ... eran sempre bacterias que proceden do aire; debémoslle tamén a pasteurización do leite, e as primeiras vacinas.
Debedes: estudiar o tema 1 polo libro, facer os exercicios (todos) na libreta, cos enunciados das preguntas, mirar ben as fotografías e figuras, e ademais completar e estudiar as fotocopias entregadas (célula, tecidos), estudiar tamén as escalas de medida (na presentación que podedes atopar na aula virtual), os 5 grandes reinos,  a nomenclatura binomial das especies o pH e a ósmose.
Debedes estudiar o metabolismo (polo libro) e facer o exercicio 11 da pax 35.
As descargas atopadelas na aula virtual e neste enlace. Os enlaces para completar e comprender mellor o tema arriba nesta entrada.
A partir de aqui podo poñer un exame en calquer momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario