lunes, 15 de octubre de 2012

Tema 2 : A información xenética

un modelo no Darwin Center

Foron Watson e Crick en 1953 baseandose nunha fotografía de Rosalind Franklin con raios X, quenes propuxeron un modelo de ADN rapidamente aceptado por todos e ben demostrado  posteriormente.     Podemos vela molecula de ADN en 3D
Seguen algúns enlaces para ver simulacións:       Duplicación do ADN.      Simulación2.     Simulación2 da autoreplica do ADN       Transcripción1      Transcripción2     Síntese de proteínas        O código xenético e a síntese de proteínas      
Con toda esta información, xa poderes facer un modelo 3D do ADN, en grupos de ata 4 persoas, levará os nomes completos dos membros do grupo, ENTREGARASE ANTES DO 31 DE OUTUBRO, e a calificación engadirase á nota do próximo exame. Levará un documento  adxunto cos nomes indicando como se fixo e a equivalencia dos elementos do ADN, ben indicados, e como están representados: nucleótidos, as 4 bases, as pontes de H, a desoxirribosa e o grupo fosfato, podedes facer tamén unha valoración da aportación de cada membro do grupo ó resultado final. 
Calificación: ata +0.4 sobre a nota do próximo exame, se os traballos están ben feitos e un -0.4 se non se presenta. Se o modelo é da duplicación do ADN ou da síntese de proteínas poderáse subir a nota ata +0.6. É imprescindible ter unha boa nota de clase para subir calquer nota de exame.  É OBRIGATORIO presentar algún modelo. NON se admitirán despois do 31 de outubro.
Como facer un modelo 3D do ADN? (inglés)outro modelo do ADN ,ou buscando en Google "DNA model". Tamén podedes mirar nas entradas do ano pasado as fotos dos modelos que fixeron os vosos compañeros hai un ano

No hay comentarios:

Publicar un comentario