domingo, 12 de febrero de 2012

Historia da Terra

A reconstrucion da Historia da Terra presenta moitas dificultades xa que debe ter uns 4600 millons de anos. Estudiando as rochas que se formaron  o longo de tantos anos e os fosiles que conteñen podemos saber moitos dos acontecementos que se sucederon, pero moitos rexistros desapareceron ou non se coñecen. Imos traballar a escala do tempo e  a evolucion da vida na Terra, que transcurriu paralela os cambios nela mesma. Estamos posiblemente nun momento desa historia importante para futuro da vida no planeta, o coñemento de nos mesmos como unha especie mais e suxeta as mesmas leis e relacions co resto, tal vez nos permitira mellorar o uso dos recursos e cuidar o planeta que de momento  o unico que permite a vida.Van a continuacion varios enlaces para disfrutar os que atopedes interes nos fosiles e a historia da vida:
History of life on Earth: excelente, a mais completa ainda que non nos permita ver todolos videos fora do Reino Unido.
Outras, todas en ingles: PBS ( recomended video ),  National Geographic   NBC
Liñas do tempo xeoloxico:  Enchanted Learning    John Kyrk
Fosiles Precambrico de Louzara

E ainda que non veña nos programas debemos de coñecer o que temos mais preto: temos no NW da Peninsula restos  da Panxea e fauna similar  famosa de Ediacara (ainda non tan famosa) segun o xeologo Vidal Romani  en Quiroga e  O Courel . A Peninsula Iberica é rica en fosiles,  é un placer camiñar por Cantabria, Teruel ou Guadalajara e atopalos no campo.
(fonte da foto: http://paleontologianoticiosa.blogspot.com/2009_09_01_archive.html)
Proximo exame sera entre o 23 eo 29 de febreiro, comprendera os temas 5 e 7 (so paxs 140 -149) e exercicios correspondentes, as fotocopias de evolucion, método científico  e sistematica e as chaves dicotomicas. O exame sera tipo test e pode conter algunhas preguntas mais extensas e definicions.
PARA SUBIR A NOTA DESTE EXAME, como xa vos dixen podedes facer unha escala do tempo xeolóxico que reflexe alomenos os acontecementos que vos din, podedes angadir algún máis. Debe estar feito a escala, se é un traballo individual ou en grupos de 2-3 persoas pode ser a escala: 1cm= 10 millóns de anos ( uns 4 metros). Se o grupo é de 4 ou máis debe ser outra escala: 1mm= 0.5 millóns de anos, é dicir uns 8 m de papel ou tela. Se me entregades a escala feita douvos papel do departamento.
 A escala do tempo debe levar ben indicados os millóns de anos no seu lugar de acordo coa escala. Tamén debedes escribir a escala que usastes
Data límite: venres 23 de marzo.
Calificación:  nomes dos alumnos, grupo, e datos (MILLÓNS DE ANOS) da escala ben fetos e claramente expósitos: +0.2
Eras e Periodos coloreados e ben visibles, datos biolóxicos e xeolóxicos ben situados e claramente expostos, algúns con debuxos: +0.5
Ben presentado: +0.3

jueves, 2 de febrero de 2012

Día Mundial dos Humidais

Himantopus himantopus Autor: Vtornet
O 2 de febreiro de cada ano celebrase o Día Mundial dos Humidais co fin de dar a coñecer as lagoas, esteiros e ecosistemas acuáticos de interés pola súa riqueza en aves, paisaxes, organismos acuáticos, etc. Moitos destes lugares están en serio peligro de desaparecer, e todos eles carecen do recoñecemento e cuidados que merecen.
A poucos km de Santiago están: ría de Noia, Complexo Intermareal do Grove, Lagoa de Xuño cerca de Portosín,  Varias Lagoas  na Terra Chá (Cospeito),  unha antiga lagoa, a de Antela con unha beleza que debeu ser similar a Doñana hoxe, pero casi desaparecida, e así podemos seguir por toda a península. Vivimos a cabalo entre dous continentes, nunha xeografía pequena reunimos casi todolos climas e unha biodiversidade única, excepcional en Europa.  As aves de Europa, e o norte de África levan miless de anos migrando de norte a sur en busca de comida e lugares de aniñamento e nos últimos 50 anos cortamos a súa viaxe desecando os lugares que necesitan para completar os seus ciclos de vida.
E para os mais excepticos, pensemos no turismo ornitolóxico. Cada vez vemos máis turistas provistos de prismáticos achegarse á península, verán e inverno, sabendo que a observación de eses lugares encharcados ofrecen sorpresas tódolos días.
Achegovos dous enlaces. Un documental do Grove e outro dunha lagoa recuperada en Teruel.
E para os "paxareiros" un par de blogs: aves rapaces    e   a sociedade ornitolóxica galega

sábado, 21 de enero de 2012

Evolución dos seres vivos

Estamos no ecuador do curso!, e ven a contó aprender algo de evolución, unha xenial idea de Darwin que, 150 anos despois, aínda segué tan moderno e controvertido. En palabras do xenetista americano Dobzhansky (colaborador de Morgan): "nada ten sentido na bioloxía senón é baixo a teoría da evolución". É decir necesitamos as ideas evolutivas para interpretar moitos dos coñecementos que temos sobre os seres vivos e poder comprender mellor o mundo que nos rodea.
É un dos temas que mais me gusta, e por iso quero darlle un toque mais persoal, ampliar algo o libro en canto á orixe das especies e mostrarvos como interpretar datos e experimentos coñecidos.
Seravos útil o ano que ven saber algo de sistemática e taxonomía, é decir o agrupamiento e nomenclatura científicas.

Cepaea nemoralis
Gustaríame cambiar as ideas que tedes sobre evolución, é decir mostrarvos a importancia de que haxa unha grande variación no ADN das poboacións, para a supervivencia das especies, como se observa nos caracoliños do campo, porque lle gustarán tanto ós paraos?. Sabedes buscar na foto que cor terán os que viven na área das praias?, e os que viven en bosques?. Pois son todos da mesa especie.
Enlaces para saber mais:  PBS (inglés) Evolution & global warming
No laboratorio practicaredes: observación, clasificación e descripción de plantas, baseadas nas follas xa que non é época de flores (necesarias para unha boa clasificación).
Seguen aquí os documentos utilizados: Evolución e sistemática (tomado de:educaste )
Para ver algunhas imáxenes e contestar exercicios ou preguntas: Comentar estas diapositivas (evolución)     árboles evolutivos    Teoría endosimbiótica      
Para ampliar, consultar o saber máis da evolución humana   . Redordade a importancia de Atapuerca ( animación en flash ) en Burgos, onde se a topan os humanos europeos máis antigos e con excavacións que darán moitos datos no futuro.  Impresiona ver no multimedia de Lascaux as habilidades artísticas dos nodos antepasados europeos de hai 20-30000 anos.
Videos de evolución:  A orixe da vida   A orixe do universo e a vida   Charles Darwin e a evolución  A odisea da especie     Adaptacións
Os exercicios do método científico proveñen de: "Scientific Method"
Os exemplos de evolución son de: Ecology and Evolution  

O próximo exame será dos temas 5, 7, a sistemática e o método científico (fotocopias)

Non vos olvidedes de subir os vosos artigos para subir notas: ciencia21   (instrucións na aula virtual)

lunes, 19 de diciembre de 2011

Feliz Nadal

Estamos rematando o primeiro trimestre, é chegado o momento de facer un balance e ver que cousas podemos mellorar para conseguir boas notas ó final de curso, todos nos, e lograr as metas que nos propuxemos no principio de curso.
No Nadal é un bo momento para a lectura, van aquí na dereita unhas suxerencias algunhas relacionadas coa evolución ou os terremotos.
Pedinvos completar uns exercicios de gráficas que poderes a topar nestes enlaces:
SM1  SM2   SM 3  SM4
Deséxovos un Bo Nadal e un Feliz Ano Novo 2012

domingo, 27 de noviembre de 2011

O Método Científico

"A Ciencia non é perfecta, con frecuencia utilízase mal, non é máis que unha ferramenta pero é a mellor ferramenta que temos, corríxese a se mesma, está sempre evolucionando e pódese aplicar a todo ... con esta ferramenta conquistamos o imposible. Cos métodos da Ciencia...aprendimos a valorar as observacións e a respetar os datos e feitos demostrados"  (Cosmos de Carl Sagan, unha serie televisiva dos anos 80).
A pesar do paso do tempo moitas das súas frases non perderon nada, foi moi popular e un bo intento de acercar o Cosmos ós fogares.
Que métodos son esos que fala?, hai máis de un e nós veremos unha versión do que coñecemos como Método Científico con algunas das actividades no laboratorio


Vai aquí un recordó especial á bióloga Lynn Margulis que morreu esta semana. Representaba o soño de calquer investigador pois o seu nome estivo en vida na maioría dos libros de texto, non é facil pero ela tivo unha mente audaz e libre tal que as súas propostas sobre a orixe da vida foron durante anos motivo de controversia. Debémoslle a mellora na clasificación dos seres vivos en 5 grandes reinos,  unha explicación pouco darwinista sobre a orixe da vida (a teoría endosimbiótica),  e unha nova explicación do que é a vida  (ademais da súa contribución á Teoría de Gaia ) .
Visitaba con frecuencia España, o delta do Ebro , en busca de bacterias que apoiaran as súas propostas endosimbióticas.  Podemos ler as súas ideas nesta entrevista