domingo, 24 de noviembre de 2013

Tema 3 Xenética Mendeliana

Fotos tomadas de http://ataxias-galicia.blogspot.com/


 Os Temas 3 e 4 do libro de texto veñen dedicados á xenética. O tema 3 é a xenética mendeliana tradicional, faremos sobre todo problemas. O tema 4 está relacionado coa xenética máis moderna, a manipulación do ADN e xa o vimos despois do estudio do ADN. 
Para saber máis de Mendel e as súas leises podemos consultar os seguintes enlaces:
Como se fan os problemas de xenética?:     Paso a paso   Como se fan os problemas?
Problemas de xenetica tipo test  ( Dominancia incompleta= herencia intermedia):  Test de genetica mendeliana
Problemas resoltos:  Problemas 1     Problemas 2  Problemas 3    Problemas 4   Problemas 5   problemas 6   problemas 7   , problemas on line .  
Se queredes facer algún test da visión das cores:  Test daltonismo     test daltonismo2
E algúns videos que serven de complemento, o último  é un exemplo dos proxectos que fan os americanos na asignatura de Bioloxía:
Faremos alguna proba de daltonismo 1, 2  na clase, tódolos anos aparece algún daltónico que non se dera conta da súa condición. Os daltónicos síntense diferentes e gustariame asegurar a todos que non ten importancia, todos somos diferentes afortunadamente. Para todos van uns enlaces de experiencias daltónicas: sondaltónico1 , 2  
Unha presentación da herencia ligada ó sexo e o análise de pedigrís ou árboles xenalóxicos (tomada da rede e modificada). Para practicar a interpretación de árbores xenealóxicos practicade nestes enlaces (outro mais ) . Axudaranvos a facer a árbore da vosa familia os seguintes enlaces: Taller .
Unha presentación para mostrar a herencia mendeliana en humanos

En inglés (probade, entendense moi ben), no segundo enlace é moi recomendable ver máis videos:  Gregor Medel    100 greatest discoveries

Podedes ver aquí un aspecto do xardin da abadía en Brünn (Chequia) onde Mendel practicou os seus cruzamentos, e un aspecto dun manuscrito coa descripción do que se considera o texto dun experimento cinetífico ( escrito a man) máis valioso que existe, está en Alemania: (fonte )
Espero que vos guste este tema. A xenética e a evolución, que será o seguinte tema son os dous pilares da bioloxía moderna.

Exame dos temas 2 e 4 do libro (Ácidos nucleico e enxeñería xenética)


2ºexame, 1º trimestre, Temas 2 e 4 do libro

O exame comprende preguntas dos seguintes tipos:
1. Tema 4.
 A.  Verdadeiro / falso  ;  B. unha pregunta con 4 respostas en forma de oracións breves  ; un texto corto con preguntas sobre él de V / F

2. 3 preguntas con subpreguntas que levan 3 debuxos- esquemas, un da PCR, outro da produción de insulina,  e outro da pegada xenética

3.  22 items de múltiple resposta

4. Debuxos de mitose, meiose, cromosomas para completar con nomes o indicado nas figuras

5.   ADN-ARNm e proteínas a facer a partir do código xenético que se mostra no exame

6. Dúas pregutnas con esquemas similares, non iguais, ás preguntas 10 e 11 do libro , pax 57
En total unhas 104 preguntas en 4 páxinas, con varios esquemas e debuxos

Se hai preguntas mandademe un correo a adelavazquez@wanadoo.es ou a traves da aula virtual

lunes, 11 de noviembre de 2013

Congreso apícola no IES Rosalía



Alá polo mes de outubro do 2014 ( días 3, 4 e 5 ) os corredores do noso instituto endulzaránse de abellas e mel nun Congreso Nacional Apícola. Está orgánizado pola Asociación Galega de Apicultura.
Entre outros, o congreso pretende promocionar a produción de mel e derivados, poñer en contacto científicos, apicultores, aficionados, estudiantes e público en xeral. Haberá unha carpa na Alameda e tamén excursións para os participantes que queiran visitar outros lugares de Galicia.
Andamos a buscar axudantes (mozos e mozas ) que axudarán na organización, recepción de visitantes e en xeral nas actividades do Congreso. Terán recompensa.
É unha boa ocasión de probar o mundo do traballo, xa que hai moita xente que se dedica a traballar en Congresos, Exposicións e Turismo. Aqueles interesados deberán comunicarllo á profesora Adela Vazquez.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Tema 4: Biotecnoloxía e Inxeñería xenética

Levamos facendo biotecnoloxía miles de anos: para alimentarnos (queixos, manteiga, mel, viño, ...), para vestirnos ( o cultivo da seda ) , para curarnos, e outros usos. A  biotecnoloxía é a utilización de organsimos vivos para cubrir as nosas necesidades.
Desde os anos 60 pouco despois de coñecer a estructura do ADN somos capaces de acceder e manipular os ácidos nucleicos dos seres vivos para a nosa conveniencia ou capricho, isto é coñecido como Inxeñiería xenética. As posibilidades que ofrece son casi infinitas e prevese que no futuro poida ocupar aun número crecente de persoas, polo que crece tamén o interese en formar estudiantes capaces de aportar as súas ideas neste campo.
Veñen aquí a continuación algunas páxinas con simulación de procesos que debedes coñecer:
PCR: static , Max animations ,  Utah , Utah2,  Sumanansic , Life T ,  .
Produción de insulina ou outra proteína : kscience, e outras anteriores
Clonación: dnalc , Utah , MacGrawHill (video) ,
Ingenieria genética: roble.pnticroble.pntic ,  Lourdes Luengo .
Varias animacións : Max animations ,

A inxeniería xenética terá un gran desenvolvmento nas próximas décadas, volveredes a estudiala o próximao ano en CMC de 1ºBacharelato, polo que non insistiremos se non hai tempo, pero gustaríame presentarvos este video sobre Dopaxe xenético , é un exemplo dunha aplicación equivocada de técnicas útiles en mediciña, por exemplo para no futuro curar a distrofía muscular de Duchenne, unha alteración dun xen no cromosoma X que acorta unha vida con grandes limitacións. Outros vídeos: Genetic modification, GMF ,  GMF 2 ,  GMF 3 ,  El mundo según Monsanto. Monsanto é a primeira compañía dedicada a producir entre otros herbicidas e sementes transxénicos, despois de conseguir patentar unha semente transxénica, a patente do primeiro ser vivo.
Un exemplo reciente do útil que pode ser a inxeniería genética. Unha simulación de como producir unha planta resistente ós insectos.

Este mes de novembro chegarán as probas PISA, é unha proba, non son as probas definitivas. Se alguen quere saber algo mais: PISA 1 ;  PISA2.
O próximo exame será dos temas 2 e 4, será tipo test con figuras e exercicios. Debedes facer os exercícios do libro de texto e completar as fotocopias entregadas.