Rematamos o primeiro trimestre e chega un merecido descanso . Aparoveitando estes días familiares imos facer unha árbore xenealóxica da familia.
Algunhas instrucións que poden servir de axuda veñen a continuación:
Para facer unha árbore xenealóxica da túa
familia debes por un lado
recoller datos de cada un dos membros,
podes utilizar o cadro da pax 2 adxunto, onde podes atopar unha serie de
características xenéticas humanas e hereditarias. Non hai consenso de que todas
sexan monoxenéticas, é dicir reguladas por un so par de xenes (como os
caracteres mendelianos), pero aínda así imos consideralos monoxenéticos.
Elixe
unpapel o mais grande posible, fai primeiro un borrador e logo
fai o definitivo. Logo comenzas a árbore,
empezas colocandote a ti
mesmo/a no medio ou na parte baixa,
sinalaste cunha frecha e o teu
nome. Despois segues colocando os teus
pais, tios, primos e abos
Engade
ó lado, ou dentro, do símbolo de cada individuo o/s carácter/es que coñezas.
Podes utilizar cores para separar os
caracteres
Cando remates
observa se o/s caracter/es mostrán algún patrón de herencia: dominante/recesivo; autosómico / ligado ó sexo.
Observas
se algúns destes caracteres se transmiten xuntos?
Podes
tamén indicar calquer outro rasgo que sospeites que é de carácter hereditario.
Presenta
a árbore e a táboa adxunta cos datos recollidos. Coloca o teu nome e data.
Calificación: sube ata 0.6 a nota do exame
de xenética
Data límite de entrega: venres 10 de
xaneiro do 2014.
Unha copia do documento entregado na clase con mais detalles descargao da aula virtual.