Chega o fin de curso e hai poucas ganas de traballar. Estamos todos algo cansados, ó longo do curso fixemos un gran esforzo para intentar alcanzar as metas que nos marcamos alá polo mes de setembro, xa queda lonxe. Así que o venres 13 de xuño decidimos dar un paseo pola Alameda ( o alumnado de 4ºESO A), poida que non foi precisamente unha clase de botanica, pero tomamos o sol e demos un paseo. Aquí van algunhas fotos que tomamos:
domingo, 15 de junio de 2014
jueves, 22 de mayo de 2014
Premio Luis Freire 2014
O Premio Luis Freire que convoca a Casa das Ciencias da Coruña, este ano será convocado o mes de setembro, é a miña intención mandar os proxectos de Ciencias que fixemos este ano, así que contó con vos o próximo curso se hai algún seleccionado, non si?
jueves, 15 de mayo de 2014
CONCURSO!!!!!
Outro concurso mais de fotografía e relatos e curtometraxes, esta vez convodos por ADEGA. A temática é o estado do territorio e como o vemos nos. Como vemos, sentimos e compartimos a paisaxe, os núcleos urbanos, as vilas? . Que sentimos en relación a outros seres vivos? Queremos suxerir ou temos ideas que queremos compartir para mellorar o aproveitamento sustentable dos nosos recursos? … e outras moitas preguntas que nos poden motivar a concursar. Aquí tedes máis información.
jueves, 8 de mayo de 2014
Cortes xeolóxicos e Isostasia
Darwin era un gran aficionado ós fósiles e soupo ver a importancia do seu estudio, así como dos terremotos. Describe no seu diario feito en Sudamérica a emoción que lle causou o hachádego dun gran fósil e o sentir dun terremoto.
Empezamos cun repaso das rocas no laboratorio, para poder comprender os cortes xeolóxicos. Xa vimos a datación absoluta, veremos aquí a datación relativa con fósiles. Deixaremos a Historia da Terra para facer unha escala do tempo despois do exame.
O próximo exame na terceira semana de maio será dos temas 9 e 10, as rocas, os cortes xeolóxicos, isostasia e localización de terremotos.
A continucación tedes alguns enlaces para poder repasar:
Primerio un mapa xeolóxico de Galicia de introducción, e un repaso de rochas e minerais (rochas2) .
Para comenzar a interpretación de paisaxes e recoñecer a importancia do estudio da xeoloxía podedes ver o seguinte video: o flysh de Zumaia (version curta ). Zumaia está en Euskadi, non moi lonxe pero xeoloxicamente moi diferente e moito menos antiga que o Macizo Galaico.
Para preparar os cortes xeolóxicos do próximo examen: cortes1 cortes2 corte 3 animación , non vos oolvidedes das terrazas fluviais ; e para os que queiran traballar en inglés: section1 section2 deformación das rocas (moi completo) Geology simulaciones, and one more.
Fallas normais e inversas e o blog do iescolumela con excelentes animacións de xeoloxía
O Gran Cañón (USA) contén estratos en horizontal dos últimos 700 ma e posteriormente erosionados polo río Colorado. Tamén contén un embalse e central hidroeléctrica, ademais de estar cerca de Las Vegas. É un libro da historia do planeta Terra
Unha excelente páxina de xeoloxía, en español e con boas simulacións, as explicacións son dun nivel de bacharelato.
A isostasia é un termo utilizado para explicar a relación de equilibrio entre a litosfera e a astenosfera debido as súas diferencias de densidad. Intenta explicar os movimientos da codia que se observan na superficie e na horizontal, tales como o ascenso de Canada e a Península Escandinava. Podedes ver aquí simulacións da isostasia (e a teoría) . Hai un artigo no periódico El País que val a pena lelo, vai dun estudio para medir a velocidad e de "rebote" ou reajuste glaciar da Antártida, similar ó exercicio que fixemos de Canadá.

jueves, 1 de mayo de 2014
Outro concurso de relatos
Co galo do I Centenario do Instituto Oceanográfico, ven de convocar un concurso de relatos curtos, e con temática relacionada coa vida mariña e a investigación no mar. Se estafes interesados tedies aquí toda a información, e se me mandades o ejemplar xunto co comprobante de telo enviado podo subir a nota do próximo examen ata 1 punto.
Pídenvos os meus datos:
Adela Vázquez Vázquez
Profesora de Bioloxía e Xeoloxía do IES Rosalía Castro
teléfono (traballo) 981 569 650
Pídenvos os meus datos:
Adela Vázquez Vázquez
Profesora de Bioloxía e Xeoloxía do IES Rosalía Castro
teléfono (traballo) 981 569 650
martes, 25 de febrero de 2014
Tema 9. A xeosfera e a súa dinámica
Imos dedicar dous meses á xeoloxía. A algúns estudiantes parécelles árida, iso das pedras… , pero o estudio da Terra ofrece moitas sorpresas. Imos coñecer algo máis dos terremotos, do movemento dos continentes, a historia do Planeta e os seus millóns de anos, a mirar as paisaxes con outros ollos, a coñecer a xeoloxía da galicia algo mellor, en fin, un montón de novedades que espero vos gusten.
Para o estudio da Terra ( modelos, simulacións, imáxes e información) : Imáxes e modelos excelentes ( en inglés) ; Métodos de estudio do interior da Terra nun blog; As ondas sísmicas e os sismógrafos; A estructura da Terra ; Discontinuidades da Terra ; Proyecto Biosfera, con información para saber máis ; e a páxina máis completa da universidad e de Tromso en Noruega.
Para estudiar e saber máis da dinámica da xeosfera e a Tectónica de Placas, hai moitas páxinas excelentes, van aquí tan so as que me merecen máis atención: Geology simulations review ; La dinámica terrestre (cideac); Animación de terrazas fluviais ; Animaciones tectónica Junta Andalucia ; Nuestro rincon de las ciencias, blog con moitos enlaces ; Recursos de Biología e Geología ; Iescolumela, simulacións, Excelente páxina de Lourdes Luengo con animacións e exercicios. E finalmente unha boa páxina de 4º ESO (educastur), con moito material, poderes facer os test dos temas de xeoloxía.
Hai un gran interés por coñecer a orixe e con máis detalles o magnetismo terrestre. Neste enlace podes leer algo máis deste tema a un nivel accesible.
Por último, debedes finalizar os proxectos antes da 2º avaliación, e colgar os vosos traballos na páxina http://ciencia21dotcom.wordpress.com ( para entrar usuario: iesrosalia e contraseña: alameda12 , en META Acceder á dereita e abaixo da páxina)

sábado, 25 de enero de 2014
Parabéns a Joaquín
Parabéns a Joaquín Vila por quedar finalista na Olimpíada de Bioloxía e na fase galega, agora ánimo para a fase nacional, animado xa está pois un dos premios é unha visita ó Centro Superior de Investigacións Científicas, un doce para alguén coma el con gusto pola investigación e a Ciencia. E tamén parabéns a Charo que algo tivo que ver ….
jueves, 9 de enero de 2014
Tema 5: Orixe da vida, evolución e biodiversidad
Estamos empezando o segundo cuatrimestre, e ven a conto aprender algo de evolución, unha xenial idea de Darwin que, 150 anos despois, aínda segué tan moderno e controvertido. En palabras do xenetista americano Dobzhansky (colaborador de Morgan): "nada ten sentido na bioloxía senón é baixo a teoría da evolución". É decir necesitamos as ideas evolutivas para interpretar moitos dos coñecementos que temos sobre os seres vivos e poder comprender mellor o mundo que nos rodea.
Quero mostrarvos a importancia de que haxa unha grande variación no ADN das poboacións, para a supervivencia das especies, como se observa nos caracoliños do campo, porque lle gustarán tanto ós paxaros?. Sabedes buscar na foto que cor terán os que viven na área das praias?, e os que viven en bosques?. Pois son todos da mesa especie.
Enlaces para saber mais: PBS (inglés) Evolution & global warming
Para ver algunhas imáxenes e contestar exercicios ou preguntas: Comentar estas diapositivas (evolución) árboles evolutivos Cladogramas Teoría endosimbiótica
Para ampliar, consultar o saber máis da evolución humana . Redordade a importancia de Atapuerca en Burgos, onde se a topan os humanos europeos máis antigos e con excavacións que darán moitos datos no futuro. Impresiona ver no multimedia de Lascaux as habilidades artísticas dos nodos antepasados europeos de hai 20-30000 anos, 10 curiosidades sobre os neandertales. Proyecto Olduvai. A Human family tree.
Videos de evolución: A orixe do universo e a vida , Biografía de Charles Darwin, Charles Darwin y las Galápagos, Otro video mais longo de Galápagos, Charles Darwin e a evolución , A odisea da especie , Adaptacións, Evidences of human evolution .
Podedes ler aquí un resumo do libro sobre a orixe das especies, ou enteiro por capítulos, outra edición. E tamén temos na rede traducións do seu libro Viaje de un naturalista en pdf.
Rematamos o tema practicando algo de sistemática e taxonomía, é dicir a clasificación dos seres vivos. Repartimos unhas fotocopias de traballo, tedes copias na aula virtual. Seravos útil o ano que ven saber como se fai o agrupamiento e a nomenclatura científicas.
Os exemplos de evolución son de: Ecology and Evolution . A simulación dos coellos mostrada na clase
O próximo exame será deste tema 5 e no mes de febreiro
Cando rematedes o Proxecto de investigación podedes subir os vosos traballos na páxina ciencia21 (instrucións na aula virtual)
![]() |
| Cepaea nemoralis |

Proxecto de Ciencias
Despois de descancansar e dedicar mais tempo á familia netas vacacións (con tanta choiva casi foi obligatorio), imos empezar un proyecto de investigación en Ciencias. O diseño e as partes do proyecto tédelos nunha fotocopia e podedes descargalo na aula virtual. Recordade que deberes empezar por un tema de interés, unha pregunta, que debe ter datos numéricos para apoiar ou rechazar a hipótese e que, é moi importante definir ben unha variable independiente que é a única que vai cambiar, e o resto das variables deben permanecer constantes. Para ser un bo traballo debe ter datos con gráfica e unha recta de regresión.
Para axudar a elexir os temas temos miles de páxinas e fontes en internet.Van a continuación algunhas:
Índice de experiencias, Zonaedu, Tryscience, Feria Ciencias Google, Biology Science Fair Project ideas, Ideas Proyecto Ciencias High School, Feria Ciencias Proyectos, Feria Ciencias Ideas, Ideas Feria Ciencias. Feria Ciencias Google. E en xeral probade tecleando en Google "science project e outra palabra relacionado co tema ou aspecto que vos gusta máis)
Outras ideas: Reproducir experimento Pasteur; Herédanse as pisadas dactilares?; Que papel de cociña é máis absorbente?; Increméntase o pulso durante os exámes?; que pH teñen os meus productos cosméticos?; existe contaminación acústica nas clases?; Que froita contén máis vitamina C? Que embutido contén menos amidón?, Favorece o efecto invernadoiro a xerminación de sementes?, Canto dura o sabor dos chicles?. Cantas especies de paxaros se poden ver na Alameda no mes de xaneiro?, Que variabilidade flora( na lonxitude, ou peso, ...)l presentan os rododendron da Alameda?, Que factotes influen na formación de palomitas de millo?, Varia o Ph da choiva en diferentes lugares de Galicia?, Que alimento contén máis catalasa? , Quen contén máis ADN: a cebola ou os guisantes? , Hai infusorios no líquido de gardar as lentillas?, e miles mais.
O ano 2014 está dedicado á Cristalografía, parece un tema aburrido pero lonxe da realidad (video) . Os cristais son bellísimos e moi interesantes. A técnica do seu estudio permitiu chegar ó modelo do ADN (Watson e Crick) e en xeral permite o estudio de moléculas. Hai proyectos bonitos para facer cristáis.
Para recompensar o tempo e esforzo presentaremos os traballos ó concurso dos museos coruñeses relativo a Facer Ciencia.
Google convoca amén un concurso anual pra premiar os millores proyectos.
Vota unha ollada aquí se aínda non tes a pregunta para o teu proxecto: video1, video 2 ,
Para axudar a elexir os temas temos miles de páxinas e fontes en internet.Van a continuación algunhas:
Índice de experiencias, Zonaedu, Tryscience, Feria Ciencias Google, Biology Science Fair Project ideas, Ideas Proyecto Ciencias High School, Feria Ciencias Proyectos, Feria Ciencias Ideas, Ideas Feria Ciencias. Feria Ciencias Google. E en xeral probade tecleando en Google "science project e outra palabra relacionado co tema ou aspecto que vos gusta máis)
Outras ideas: Reproducir experimento Pasteur; Herédanse as pisadas dactilares?; Que papel de cociña é máis absorbente?; Increméntase o pulso durante os exámes?; que pH teñen os meus productos cosméticos?; existe contaminación acústica nas clases?; Que froita contén máis vitamina C? Que embutido contén menos amidón?, Favorece o efecto invernadoiro a xerminación de sementes?, Canto dura o sabor dos chicles?. Cantas especies de paxaros se poden ver na Alameda no mes de xaneiro?, Que variabilidade flora( na lonxitude, ou peso, ...)l presentan os rododendron da Alameda?, Que factotes influen na formación de palomitas de millo?, Varia o Ph da choiva en diferentes lugares de Galicia?, Que alimento contén máis catalasa? , Quen contén máis ADN: a cebola ou os guisantes? , Hai infusorios no líquido de gardar as lentillas?, e miles mais.
O ano 2014 está dedicado á Cristalografía, parece un tema aburrido pero lonxe da realidad (video) . Os cristais son bellísimos e moi interesantes. A técnica do seu estudio permitiu chegar ó modelo do ADN (Watson e Crick) e en xeral permite o estudio de moléculas. Hai proyectos bonitos para facer cristáis.Para recompensar o tempo e esforzo presentaremos os traballos ó concurso dos museos coruñeses relativo a Facer Ciencia.
Google convoca amén un concurso anual pra premiar os millores proyectos.
Vota unha ollada aquí se aínda non tes a pregunta para o teu proxecto: video1, video 2 ,
lunes, 16 de diciembre de 2013
Chegan por fin as vacacións!
Rematamos o primeiro trimestre e chega un merecido descanso . Aparoveitando estes días familiares imos facer unha árbore xenealóxica da familia.
Algunhas instrucións que poden servir de axuda veñen a continuación:
Para facer unha árbore xenealóxica da túa
familia debes por un lado
recoller datos de cada un dos membros,
podes utilizar o cadro da pax 2 adxunto, onde podes atopar unha serie de
características xenéticas humanas e hereditarias. Non hai consenso de que todas
sexan monoxenéticas, é dicir reguladas por un so par de xenes (como os
caracteres mendelianos), pero aínda así imos consideralos monoxenéticos.
Elixe
unpapel o mais grande posible, fai primeiro un borrador e logo
fai o definitivo. Logo comenzas a árbore,
empezas colocandote a ti
mesmo/a no medio ou na parte baixa,
sinalaste cunha frecha e o teu
nome. Despois segues colocando os teus
pais, tios, primos e abos
Engade
ó lado, ou dentro, do símbolo de cada individuo o/s carácter/es que coñezas.
Podes utilizar cores para separar os
caracteres
Cando remates
observa se o/s caracter/es mostrán algún patrón de herencia: dominante/recesivo; autosómico / ligado ó sexo.
Observas
se algúns destes caracteres se transmiten xuntos?
Podes
tamén indicar calquer outro rasgo que sospeites que é de carácter hereditario.
Presenta
a árbore e a táboa adxunta cos datos recollidos. Coloca o teu nome e data.
Calificación: sube ata 0.6 a nota do exame
de xenética
Data límite de entrega: venres 10 de
xaneiro do 2014.
Unha copia do documento entregado na clase con mais detalles descargao da aula virtual.
domingo, 24 de noviembre de 2013
Tema 3 Xenética Mendeliana
Fotos tomadas de http://ataxias-galicia.blogspot.com/
|
Os Temas 3 e 4 do libro de texto veñen dedicados á xenética. O tema 3 é a xenética mendeliana tradicional, faremos sobre todo problemas. O tema 4 está relacionado coa xenética máis moderna, a manipulación do ADN e xa o vimos despois do estudio do ADN.
Para saber máis de Mendel e as súas leises podemos consultar os seguintes enlaces:
Como se fan os problemas de xenética?: Paso a paso Como se fan os problemas?
Problemas de xenetica tipo test ( Dominancia incompleta= herencia intermedia): Test de genetica mendeliana
Problemas resoltos: Problemas 1 Problemas 2 Problemas 3 Problemas 4 Problemas 5 problemas 6 problemas 7 , problemas on line .
Se queredes facer algún test da visión das cores: Test daltonismo test daltonismo2
E algúns videos que serven de complemento, o último é un exemplo dos proxectos que fan os americanos na asignatura de Bioloxía:
Faremos alguna proba de daltonismo 1, 2 na clase, tódolos anos aparece algún daltónico que non se dera conta da súa condición. Os daltónicos síntense diferentes e gustariame asegurar a todos que non ten importancia, todos somos diferentes afortunadamente. Para todos van uns enlaces de experiencias daltónicas: sondaltónico1 , 2
Unha presentación da herencia ligada ó sexo e o análise de pedigrís ou árboles xenalóxicos (tomada da rede e modificada). Para practicar a interpretación de árbores xenealóxicos practicade nestes enlaces (outro mais ) . Axudaranvos a facer a árbore da vosa familia os seguintes enlaces: Taller .Unha presentación para mostrar a herencia mendeliana en humanos
En inglés (probade, entendense moi ben), no segundo enlace é moi recomendable ver máis videos: Gregor Medel 100 greatest discoveries

Podedes ver aquí un aspecto do xardin da abadía en Brünn (Chequia) onde Mendel practicou os seus cruzamentos, e un aspecto dun manuscrito coa descripción do que se considera o texto dun experimento cinetífico ( escrito a man) máis valioso que existe, está en Alemania: (fonte )
Espero que vos guste este tema. A xenética e a evolución, que será o seguinte tema son os dous pilares da bioloxía moderna.
Exame dos temas 2 e 4 do libro (Ácidos nucleico e enxeñería xenética)
2ºexame, 1º trimestre, Temas 2 e 4 do libro
O exame comprende preguntas dos seguintes tipos:
1. Tema 4.
A. Verdadeiro / falso ; B. unha pregunta con 4 respostas en forma de oracións breves ; un texto corto con preguntas sobre él de V / F
2. 3 preguntas con subpreguntas que levan 3 debuxos- esquemas, un da PCR, outro da produción de insulina, e outro da pegada xenética
3. 22 items de múltiple resposta
4. Debuxos de mitose, meiose, cromosomas para completar con nomes o indicado nas figuras
5. ADN-ARNm e proteínas a facer a partir do código xenético que se mostra no exame
6. Dúas pregutnas con esquemas similares, non iguais, ás preguntas 10 e 11 do libro , pax 57
En total unhas 104 preguntas en 4 páxinas, con varios esquemas e debuxos
Se hai preguntas mandademe un correo a adelavazquez@wanadoo.es ou a traves da aula virtual
lunes, 11 de noviembre de 2013
Congreso apícola no IES Rosalía

Alá polo mes de outubro do 2014 ( días 3, 4 e 5 ) os corredores do noso instituto endulzaránse de abellas e mel nun Congreso Nacional Apícola. Está orgánizado pola Asociación Galega de Apicultura.
Entre outros, o congreso pretende promocionar a produción de mel e derivados, poñer en contacto científicos, apicultores, aficionados, estudiantes e público en xeral. Haberá unha carpa na Alameda e tamén excursións para os participantes que queiran visitar outros lugares de Galicia.
Andamos a buscar axudantes (mozos e mozas ) que axudarán na organización, recepción de visitantes e en xeral nas actividades do Congreso. Terán recompensa.
É unha boa ocasión de probar o mundo do traballo, xa que hai moita xente que se dedica a traballar en Congresos, Exposicións e Turismo. Aqueles interesados deberán comunicarllo á profesora Adela Vazquez.
miércoles, 6 de noviembre de 2013
Tema 4: Biotecnoloxía e Inxeñería xenética
Levamos facendo biotecnoloxía miles de anos: para alimentarnos (queixos, manteiga, mel, viño, ...), para vestirnos ( o cultivo da seda ) , para curarnos, e outros usos. A biotecnoloxía é a utilización de organsimos vivos para cubrir as nosas necesidades.
Desde os anos 60 pouco despois de coñecer a estructura do ADN somos capaces de acceder e manipular os ácidos nucleicos dos seres vivos para a nosa conveniencia ou capricho, isto é coñecido como Inxeñiería xenética. As posibilidades que ofrece son casi infinitas e prevese que no futuro poida ocupar aun número crecente de persoas, polo que crece tamén o interese en formar estudiantes capaces de aportar as súas ideas neste campo.
Veñen aquí a continuación algunas páxinas con simulación de procesos que debedes coñecer:
PCR: static , Max animations , Utah , Utah2, Sumanansic , Life T , .
Produción de insulina ou outra proteína : kscience, e outras anteriores
Clonación: dnalc , Utah , MacGrawHill (video) ,
Ingenieria genética: roble.pnticroble.pntic , Lourdes Luengo .
Varias animacións : Max animations ,
A inxeniería xenética terá un gran desenvolvmento nas próximas décadas, volveredes a estudiala o próximao ano en CMC de 1ºBacharelato, polo que non insistiremos se non hai tempo, pero gustaríame presentarvos este video sobre Dopaxe xenético , é un exemplo dunha aplicación equivocada de técnicas útiles en mediciña, por exemplo para no futuro curar a distrofía muscular de Duchenne, unha alteración dun xen no cromosoma X que acorta unha vida con grandes limitacións. Outros vídeos: Genetic modification, GMF , GMF 2 , GMF 3 , El mundo según Monsanto. Monsanto é a primeira compañía dedicada a producir entre otros herbicidas e sementes transxénicos, despois de conseguir patentar unha semente transxénica, a patente do primeiro ser vivo.
Un exemplo reciente do útil que pode ser a inxeniería genética. Unha simulación de como producir unha planta resistente ós insectos.
Este mes de novembro chegarán as probas PISA, é unha proba, non son as probas definitivas. Se alguen quere saber algo mais: PISA 1 ; PISA2.
O próximo exame será dos temas 2 e 4, será tipo test con figuras e exercicios. Debedes facer os exercícios do libro de texto e completar as fotocopias entregadas.

lunes, 21 de octubre de 2013
Tema 2 (cont.) Mitose e meiose
(tomado de postershop)
Os procesos de division celular van asociados o aumento do numero de celulas e a reproduccion. A divisin do nucleo pode ser por mitose, na maioria das celulas; ou meiose para dar celulas coa mitade de cromosomas, moitas veces gametos para a reproduccion sexual. Despois da division do nucleo ten lugar case sempre a division do citoplasma.
Debedes completar a información do libro con animaciones e vídeos: Mitose, meiose jonhkyrk Mitose e meiose , division cells alive Spermatogenesis and oogenesis, Animacións división célula,
Para que practiques: test1
Case todos os seres vivos intercambian información xenetica porque evolutivamente ten vantaxes (recordade as bacterias cando pasan xenes resistentes a penicilina). Tamen ten vantaxes evolutivas os ciclos que alternan fases haplontes e diplontes, moitas veces con reproduccion sexual e asexual, as duas representan pasos moi importantes na evolucion e a diversificacion dos seres vivintes na Terra.
Debedes estudiar tamén os conceptos de: cariotipo, haploide e diploide, especie, e partes dun cromosoma
miércoles, 16 de octubre de 2013
A ciencia que conta
A CIENCIA tamén se fai escribindo
A Universidade de Vigo xunto coa Fundación Barrié convocan un concurso de
relatos curtos en galego e con algunha conexión coa ciencia. Poden participar
alumnos de primaria e Secundaria e público en xeral, así que a escribir!
Os traballos deben se orixinais, sen terse publicado antes e cunha
extensión non máis de unhas 1000 palabras (menos de 3 folios ) e hai que envialos
antes do 16 de novembro.
Toda a información necesaria atopádela en : http://www.cienciaqueconta.com
O relato deberá ser enviado a: http://www.cienciaqueconta.com/participa,
e unha copia á profesora de bioloxía Adela Vázquez impresa ou adxunto nun
correo a través da aula virtual.
Os traballos entregados e enviados antes do remate do prazo serán puntuados
subindo o próximo exame de bioloxía ata 0.6 puntos. Se o relato resulta
seleccionado será engadido ata un 0.7 na nota final de bioloxía-xeoloxía en
xuño ou setembro.
Na páxina web xa mencionada podedes atopar axuda para empezar a escribir, e
ademais vai a continuación unha axuda.
Consellos para escribir un relato
corto
Primeiros pasos para escribir un relato
Antes de tomar a pluma (o teclado), conven realizar un
\"brain-storming\" ou tormenta de ideas y anotar o siguiente:
Qué
personaxes van a aparecer na historia
En
qué tempo se van a ubicar
Onde
Cánto
vai durar a trama
Qué
personaxes aparecerán e con qué características
Quén
narrará o relato (primeira o tercera persoa)
Conven tamén ter pensada a historia en sí, é dicir, o
desenvolvemento da trama ou argumento, y realizar un pequeno croquis o esquema
cronolóxico para non perderte.
Un truco para escribir un relato corto é pensar onde e
como se atopan os personaxes ó inicio do conto e onde e como terminan ó
finalizar o escrito.
As persoaxes na historia son moi importantes, hai que darlles vida. Fai que todos e cada uno deles disponga
dunha personalidade real e inclue transformacións, por exemplo, cambios bruscos
de mentalidade ou altibaxos de sentimentos.
Busca un título corto, de non mais de 3 ou
4palabras, intenso e que atraiga ó lector, e relacionado co contido. Podes
pedir opinións a outras persoas para ver que lles parece. .
Máis axuda:
http://educacion.comohacerpara.com/n7547/como-escribir-un-relato-corto.html
http://www.literautas.com/es/blog/post-3910/como-escribir-un-cuento-corto/
http://es.wikihow.com/escribir-una-cuento-corto
http://www.bubok.es/blog/2009/09/07/10-consejos-para-escribir-un-relato-corto/
http://www.writepop.com/category/1001-story-ideas
http://www.sff.net/people/james.van.pelt/teenfinity/ideas.htm
http://www.wikihow.com/Write-Science-Fiction
Algúns temas: pode ser ciencia ficción, con animais (recorda
Moby Dick), terremotos (a pelicula "Lo imposible" ) volcáns ,
paisaxes, animais, números, cociña, comida, evolución,
un paseo pola cidade ou no campo con descripcións da natureza, unha viaxe , a cociña, un laboratorio, minas
de ouro, viaxe no espacio, clonar e facer revivir animais extintos,
... , persoaxes que tiveron improtancia
na ciencia: Mendel, Darwin, ou calquer outro que te ilusione e motive para
inscribir e onde algún aspecto da ciencia teña un oco.
domingo, 13 de octubre de 2013
Tema 2. A información xenética
Foron Watson e Crick en 1953 baseandose nunha fotografía de Rosalind Franklin con raios X, quenes propuxeron un modelo de ADN rapidamente aceptado por todos e ben demostrado posteriormente. Podemos vela molecula de ADN en 3D
Seguen algúns enlaces para ver simulacións: Duplicación do ADN. Simulación2. Simulación2 da autoreplica do ADN Transcripción1 Transcripción2 Síntese de proteínas O código xenético e a síntese de proteínas
Con toda esta información, xa podedes facer un modelo 3D do ADN, en grupos de ata 3 persoas.
DEBEDES ENTREGAR O MODELO FEITO ANTES DO 5 de novembro, e a calificación engadirase á nota do próximo exame. Levará un documento adxunto cos nomes indicando como se fixo e a equivalencia dos elementos do ADN, ben indicados, e como están representados: nucleótidos, as 4 bases, as pontes de H, a desoxirribosa e o grupo fosfato, podedes facer tamén unha valoración da aportación de cada membro do grupo ó resultado final. Debedes facer unha breve presentación na aula.
Calificación: ata +0.4 sobre a nota do próximo exame, se os traballos están ben feitos e un -0.4 se non se presenta. Se o modelo é da duplicación do ADN ou da síntese de proteínas poderáse subir a nota ata +0.6. É imprescindible ter unha boa nota de clase para subir calquer nota de exame.
É OBRIGATORIO presentar algún modelo. NON se admitirán despois do 5 de novembro.
Como facer un modelo 3D do ADN? (inglés), outro modelo do ADN , un terceiro, ou buscando en Google "DNA model". Tamén podedes mirar nas entradas do ano pasado as fotos dos modelos que fixeron os vosos compañeros hai dous anos.
![]() |
| un modelo no Darwin Center |

Suscribirse a:
Entradas (Atom)