Imos aproveitar as vacacións de Navidad para empezar o proyecto de Ciencias. O diseño e as partes do proyecto tédelas unha fotocopia (podes descargado na aula virtual), recordade que deberes empezar por un tema de interés, unha pregunta, que debe ter datos numéricos para apoyar ou rechazar a hipótese e que, é moi importante definir ben unha variable independiente que é a única que vai cambiar, e o resto das variables deben permanecer constantes.
Para axudar a elexir os temas temos miles de páxinas e fontes en internet.Van a continuación algunhas:
Índice de experiencias, Zonaedu, Tryscience, Feria Ciencias Google, Biology Science Fair Project ideas, Ideas Proyecto Ciencias High School, Feria Ciencias Proyectos, Feria Ciencias Ideas, Ideas Feria Ciencias. Feria Ciencias Google
Outras ideas: Reproducir experimento Pasteur; Herédanse as pisadas dactilares?; Que papel de cociña é máis absorbente?; Increméntase o pulso durante os exámes?; que pH teñen os meus productos cosméticos?; existe contaminación acústica nas clases?; Que froita contén máis vitamina C? Que embutido contén menos amidón?, Favorece o efecto invernadoiro a xerminación de sementes?, Canto dura o sabor dos chicles?. Cantas especies de paxaros se poden ver na Alameda no mes de xaneiro?, Que variabilidade flora( na lonxitude, ou peso, ...)l presentan os rododendron da Alameda?, Que factotes influen na formación de palomitas de millo?, Varia o Ph da choiva en diferentes lugares de Galicia?, Que alimento contén máis catalasa? , Quen contén máis ADN: a cebola ou os guisantes? , Hai infusorios no líquido de gardar as lentillas?, e miles mais.
Google convoca un concurso anual pra premiar os millores proyectos.
martes, 11 de diciembre de 2012
sábado, 24 de noviembre de 2012
Semana da Ciencia no Rosalía
O departamento de Física e Química do Rosalía organizou a Semana da Ciencia coa entusiasta axuda de alumnado de 1º Bacharelato. Mostráronnos moitas experiencias, algunhas casi "máxicas", en todas puidemos ver como nos acercábamos con ganas de ver que había en cada obradoiro. Moitas gracias a todos e esperemos que sirva para ter máis ganas de continuar, de facer ciencia, e de investigar. Aquí van un par de fotos.
E os nosos parabens ós gañadores de Galiciencia co seu supercoche eléctrico que os vai levar ata Barcelona.
Queremos poñer aquí amén algunhas novas que tiveron lugar en Santiago estas semanas: o Congreso de ENCIGA, Ensinantes da Ciencia en Galicia, que tivo lugar no IES Xelmírez I, e dentro deste Congreso a Ruta Xeolóxica que fai a profesora do Rosalía Conchita González Adán, xeóloga e polo tanto boa coñecedora das pedras que nos rodean.

miércoles, 7 de noviembre de 2012
Xenética mendeliana e inxeniería xenética
Fotos tomadas de http://ataxias-galicia.blogspot.com/
|
Os Temas 3 e 4 do libro de texto veñen dedicados á xenética. O tema 3 é a xenética mendeliana tradicional, faremos sobre todo problemas. O tema 4 está relacionado coa xenética máis moderna, a manipulación do ADN.
Para saber máis de Mendel e as súas leises podemos consultar os seguintes enlaces:
Como se fan os problemas de xenética?: Paso a paso Como se fan os problemas?
Problemas de xenetica tipo test ( Dominancia incompleta= herencia intermedia): Test de genetica mendeliana
Problemas resoltos: Problemas 1 Problemas 2 Problemas 3 Problemas 4 Problemas 5 problemas 6 problemas 7
Se queredes facer algún test da visión das cores: Test daltonismo test daltonismo2
E algúns videos que serven de complemento, o último é un exemplo dos proxectos que fan os americanos na asignatura de Bioloxía:
Faremos alguna proba de daltonismo 1, 2 na clase, tódolos anos aparece algún daltónico que non se dera conta da súa condición. Os daltónicos síntense diferentes e gustariame asegurar a todos que non ten importancia, todos somos diferentes afortunadamente. Para todos van uns enlaces de experiencias daltónicas: sondaltónico1 , 2
Unha presentación da herencia ligada ó sexo e o análise de pedigrís ou árboles xenalóxicos (tomada da rede e modificada). Para practicar a interpretación de árbores xenealóxicos practicade nestes nelaces.
En inglés (probade, entendense moi ben), no segundo enlace é moi recomendable ver máis videos: Gregor Medel 100 greatest discoveries
Espero que vos guste
Podedes ver aquí un aspecto do xardin da abadía en Brünn (Chequia) onde Mendel practicou os seus cruzamentos, e un aspecto dun manuscrito coa descripción do que se considera o texto dun experimento cinetífico ( escrito a man) máis valioso que existe, está en Alemania: (fonte )

A inxeniería xenética terá un gran desenvolvmento nas próximas décadas, volveredes a estudiala o próximao ano en CMC de 1ºBacharelato, polo que non insistiremos se non hai tempo, pero gustaríame presentarvos este video sobre Dopaxe xenético , é un exemplo dunha aplicación equivocada de técnicas útiles en mediciña, por exemplo para no futuro curar a distrofía muscular de Duchenne, unha alteración dun xen no cromosoma X que acorta unha vida con grandes limitacións. Outros vídeos: 1, 2, 3, El mundo según Monsanto. Monsanto é a primeira compañía dedicada a producir entre otros herbicidas e sementes transxénicos, despois de conseguir patentar unha semente transxénica, a patente do primeiro ser vivo.
Un exemplo reciente do útil que pode ser a inxeniería genética. Unha simulación de como producir unha planta resistente ós insectos.
Un exemplo reciente do útil que pode ser a inxeniería genética. Unha simulación de como producir unha planta resistente ós insectos.
jueves, 1 de noviembre de 2012
Aniversario do terremoto de Lisboa
Hai hoxe 257 o suroeste da Península sufría un dos terremotos que se cree de mais intensidade dos coñecidos, tivo o seu epicentro nunha falla cerca do cabo S Vicente, no Oceáno Atlántico. O movemento sinteuse tan lonxe como os Paixes Baixos pero o peor estaba por chegar, o maremoto que alcanzou Lisboa pola noite destrozou a floreciente cidade portuaria barcos incluídos, o incendio causado polos lumes caseiros que se propagaron con rapidez nos movementos de terras do terremoto e réplicas acabaron de destrozar a cidade ocasionando un caos e uns 80000 mortos so en Lisboa.
Naquela época estes acontecementos desastrosos eran interpretados como castigo divino. Hoxe temos tecnología e coñecementos para saber que onde se produciron terremotos e maremotos van a sufrir mais, e canto mais tempo pase máis probabilidad e hai de que sucede outro acontemento similar.
Coinicidindo co aniversario do terremoto de Lisboa debemos recordar que non temos un sistema de aviso e prevención de maremotos nas nosas pobladas costas.
Este curso e máis adiante estudiaremos na Xeoloxía os terremotos pero non está de maís ir tomando nota do que sucede no noso planeta e seguir de cerca unha das controversias con moitas consecuencias: os cambios no clima.

miércoles, 24 de octubre de 2012
Tema 2 (cont): mitose e meiose
(tomado de postershop)
Os procesos de division celular van asociados o aumento do numero de celulas e a reproduccion. A divisin do nucleo pode ser por mitose, na maioria das celulas; ou meiose para dar celulas coa mitade de cromosomas, moitas veces gametos para a reproduccion sexual. Despois da division do nucleo ten lugar case sempre a division do citoplasma.
Debedes completar a información do libro con animaciones e vídeos: Mitose, meiose jonhkyrk Mitose e meiose , division cells alive Video dos cromosomas
Case todos os seres vivos intercambian información xenetica porque evolutivamente ten vantaxes (recordade as bacterias cando pasan xenes resistentes a penicilina). Tamen ten vantaxes evolutivas os ciclos que alternan fases haplontes e diplontes, moitas veces con reproduccion sexual e asexual, as duas representan pasos moi importantes na evolucion e a diversificacion dos seres vivintes na Terra.
RECORDADE QUE REMATANDO O TEMA 2 HABERÁ UN EXAME DOS TEMAS 1 E 2, ou sexa arredor do "Halloween"
lunes, 15 de octubre de 2012
Tema 2 : A información xenética
un modelo no Darwin Center |
Foron Watson e Crick en 1953 baseandose nunha fotografía de Rosalind Franklin con raios X, quenes propuxeron un modelo de ADN rapidamente aceptado por todos e ben demostrado posteriormente. Podemos vela molecula de ADN en 3D
Seguen algúns enlaces para ver simulacións: Duplicación do ADN. Simulación2. Simulación2 da autoreplica do ADN Transcripción1 Transcripción2 Síntese de proteínas O código xenético e a síntese de proteínas
Con toda esta información, xa poderes facer un modelo 3D do ADN, en grupos de ata 4 persoas, levará os nomes completos dos membros do grupo, ENTREGARASE ANTES DO 31 DE OUTUBRO, e a calificación engadirase á nota do próximo exame. Levará un documento adxunto cos nomes indicando como se fixo e a equivalencia dos elementos do ADN, ben indicados, e como están representados: nucleótidos, as 4 bases, as pontes de H, a desoxirribosa e o grupo fosfato, podedes facer tamén unha valoración da aportación de cada membro do grupo ó resultado final.
Calificación: ata +0.4 sobre a nota do próximo exame, se os traballos están ben feitos e un -0.4 se non se presenta. Se o modelo é da duplicación do ADN ou da síntese de proteínas poderáse subir a nota ata +0.6. É imprescindible ter unha boa nota de clase para subir calquer nota de exame. É OBRIGATORIO presentar algún modelo. NON se admitirán despois do 31 de outubro.
Como facer un modelo 3D do ADN? (inglés), outro modelo do ADN ,ou buscando en Google "DNA model". Tamén podedes mirar nas entradas do ano pasado as fotos dos modelos que fixeron os vosos compañeros hai un ano
miércoles, 26 de septiembre de 2012
Tema 1 A célula
Comezamos un novo curso, algúns somos "vellos coñecidos", outros espero que teñamos oportunidades de coñecernos mellor.
Recoñecedes a alguén da foto? É no acto de inauguración deste curso. Estaredes vos ahí dentor dun ano?
O programa desta asignatura comprende Bioloxía e Xeoloxía, comezamos coa célula e o núcleo, a herencia xenética, a evolución, o tempo xeolóxico, a tectónica de placas, e para rematar a ecoloxía. É un dos máis bonitos de todo o ensino secundario, esperamos que vos guste.
No primeiro tema empezamos facendo unha liña do tempo cos fitos e científicos importantes relacionados cos temas a estudiar. Debedes facer a liña do tempo a escal, é dicir desde 1600 ata hoxe onde 1cmpoden ser 20 anos por exemplo. A liña DEBE ESTAR feita á escala, senón non estará ben. debedes engadir os científicos Pasteur, Mendel, Severo Ochoa, Darwin, e algún mais que vimos na clase.
A Pasteur debémoslle: a invalidación definitiva da Teoría da xeración espontánea (demostrou que a contaminación de cultivos, feridas, caldos, ... eran sempre bacterias que proceden do aire; debémoslle tamén a pasteurización do leite, e as primeiras vacinas.
Debedes: estudiar o tema 1 polo libro, facer os exercicios (todos) na libreta, cos enunciados das preguntas, mirar ben as fotografías e figuras, e ademais completar e estudiar as fotocopias entregadas (célula, tecidos), estudiar tamén as escalas de medida (na presentación que podedes atopar na aula virtual), os 5 grandes reinos, a nomenclatura binomial das especies o pH e a ósmose.
Debedes estudiar o metabolismo (polo libro) e facer o exercicio 11 da pax 35.
As descargas atopadelas na aula virtual e neste enlace. Os enlaces para completar e comprender mellor o tema arriba nesta entrada.
A partir de aqui podo poñer un exame en calquer momento.

martes, 18 de septiembre de 2012
Benvida ó novo curso 2012-13
Despois de despedir os alumnos de 2º de Bacharelato o pasado xuño, desexamosvos o mellor a todos, damos comezo un novo curso en medio de todos estes cambios na economía que causan vértigo.
Este novo curso será unha continuación do anterior, aínda que cambia o libro de texto foi un cambio non desecado, impostor desde aforra e pouco adaptado á crise.
Comezamos co estudio da célula cun recordatorio a Henrietta Lacks, seguiremos recordando o aprendido noutros cursos e engadindo conceptos máis complexos como o metabolismo.

domingo, 24 de junio de 2012
As mozas e a Ciencia
Dentro dos programas europeos da promoción da ciencia nas escolas, o AED lanza diferentes iniciativas para aumentar o gusto das mulleres pola Ciencia e a Tecnoloxía. As cifras din que ás mozas non lles atrae a ciencia e imos necesitar omitas mulleres con bata blanca nas próximas décadas.
NO medio de varias iniciativas o AED lanzo un video de científicas con tacóns que levanto polémica e tivo que retirado casi inmediatamente, aquí poderes velo e opinar. Pasados uns días xa podemos ver unha alternativa máis convencional!
Pero o importante é invitar ás mozas coma vos a elexir asignaturas de ciencias!.
Noutra orde de cousas, debemos felicitar a Joaquín Vila por ser o único alumno seleccionado para ir a un Campus Científico de Verán 2012 de Barcelona, na convocatoria do FECYT (fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ), seguro que virá encantado e que disfrutará de todo o que Barcelona ofrece a rapaces coma vos, eso sí compra botellas de agua porque vai facer calor.

miércoles, 20 de junio de 2012
O Rosalía no Huffington Post
Parece que non hai fin de momento, as noticias non poden ser mellores: O Huffington Post fala do Rosalía, parece que non é nada raro, o Rosalía sae con frecuencia nos periódicos, pero esta vez ó lado de Rajoy, Nadal, Penélope Cruz e Casillas.
O Huffington Post é o Twiter ou Facebook dos maís aficionados á lectura con opinión, notícias, política e máis cousas. Foi lanzado no 2005 Por Arianna Huffington como unha páxina feita por columnistas deseosos de enfrentarse ó poderoso sector conservador americano. Hoxe fai gala de ter mais de un millón de comentarios ó mes (está de número 1 na lista dos 100 mellores blogs do mundo), e ofrece unha versión en castelá desde o 6 de xuño do 2012.
Animádevos e publicade os vosos comentarios!
O escudo protector da vida na Terra
Unha última entrada: a noticia nun periódico nacional mostra o enlace a un video que nos encina o papel protector do campo magnético terrestre sobre a Biosfera: un escudo protector
Chegamos a un final
Rematamos un curso mais, non sei se isto de empezar e rematar, anos, cursos, campeonatos, vacacións, ... é real ou inventado pero en todo caso estamos nuns días de recoller, valorar e polo menos de decir adiós a un espacio e tempo compartidos.
Espero e desexo que tanto tempo e esforzo invertido poidades todos conservalos en bos recordos, que as amistades que fixestes duren e que poidades todas e todos mirar ó futuro con moitas ganas de disfrutar e mellorar.
Boas vacacións a todos e ás vosas familias.

miércoles, 13 de junio de 2012
Premios da ESO
Tódolos anos a Xunta convoca premios para os alumnos da ESO que teñen un bo expediente académico, o alumnado interesado pode a topar información e exaes dos anos anteriores neste enlace
lunes, 11 de junio de 2012
Videos de ecoloxía
Videos de ecología para os últimos días de clase
Biomas 1 (20min)
Kalahari, el desierto anegado
El bosque tropical
El bosque protector biomasa forestal
BBC LIfe
Biomas 1 (20min)
Kalahari, el desierto anegado
El bosque tropical
El bosque protector biomasa forestal
BBC LIfe
domingo, 10 de junio de 2012
Últimos exames
Acércase o último exame, será sobre ecoloxía e incluirá algo da xeoloxía de Galicia. Así poderes prepararo exame a partir de: libor de texto pp112-121 e pp 124-125 , a presentación vista na clase (no blog dos aritos ), os exercicios das fotocopias e a fotocopia de Xeoloxía de Galicia.
O exame terá preguntas tipo test, de completar frases con _______ e preguntas a partir de figuras.
As datas: entre o 14 e o 18 de xuño o exame de ecoloxía.
Entre o 19 e o 21 haberá unha convocatoria de recuperación para aqueles alumnos e alumnas que queiran subir a nota do exame de xeoloxía.
Recordade que debedes alcanzar o 5 para poder aprobar

martes, 5 de junio de 2012
Na madrugada do mércores 5 de xuño do 2012 vaise producir un fenómeno astronómico bonito e interesante: o paso de Venus por diante do sol, sucede cada certo número de anos debido ás órbitas planetarias e no caso de Venus tardará máis de 100 anos en producirse. NOn poderemos velo aquí directamente peor si por internet.
Vai aquí un enlace a un artigo ondee explica este fenómeno e da enlaces para podelo ver: El tránsito de Venus . Tamén podedes abrir o excelente blog de astronomía nos enlaces da derrita.
jueves, 31 de mayo de 2012
La pesadilla de Darwin: documental
Este filme, considerado o mellor documental europeo do 2004, empeza coa sombra de xigantescos avións atravesando o lago Victoria, o lago tropical máis grande do mundo -de 68.000 km2, dous veces a superficie de Cataluña. Nos anos 50 e case clandestinamente, un funcionario colonial relacionado co departamento de pesca, introduciu esta especie no lago Victoria que resultou ser un xigantesco e voraz depredador. Ao longo de miles de anos, os diferentes xéneros de peixes das máis de 300 especies endémicas de cíclidos catalogadas, especializáranse nos diferentes nichos ecolóxicos do inmenso lago, moitos deles ciclar os detritos mantendo o equilibrio natural e a saúde das augas. Anos despois, a perca multiplicouse rapidamente, extinguiu a máis de 210 especies de cíclidos provocando a multiplicación de algas, a crecente eutrofización e a conseguinte anoxia nas profundidas do lago. Pero "O pesadelo de Darwin" non remata aquí; a perca converteuse na especie máis capturada, impulsando o florecemento dunha industria privada de procesado e comercialización de filetes destinados, exclusivamente, á exportación cara a mercados estranxeiros. No ano 1970 o volume de peixe capturado doutras especies ascendía a 100.000 toneladas, vinte anos despois o volume de perca capturada alcanzaba as 325.000 toneladas, representando o 65% do volume total de pesca.(http://www.terra.org/articulos/art01230.html)
Podedes ver este documental-película:
Podedes ver este documental-película:
lunes, 28 de mayo de 2012
Gustalle a música ás lentellas?
Póñovos aquí o video e enlace para ver o experimento que mereceu un premio da "Google Science Fair 2012", feito por uns rapaces coma vos: Gustalle á música ás lentellas?
miércoles, 16 de mayo de 2012
Premios Extraordinarios da ESO
Tódolos anos a consellería de educación convoca Premios Extraordinarios da ESO e do Bacharelato, o Premio da ESO está dirixido ó alumnado que teña unha media de 9 en tódolos cursos da ESO, o curso pasado houbo 20 premios de 750 euros cada ún e un diploma.
A información deste premio do ano pasado está neste enlace da Xunta. Podedes a topar amén uns exemplos das probas noutros anos.
Básicamente, o prazo foi ata o 26 de setembro, faise na secretaría do centro, neste caso no Rosalía, e despois de recibir as notas de 4ºESO.
A proba é sinxela, ten dúas partes, a primeira é das 3 línguas (caselá, galego e inglés ) , e a segunda é de 3 materias a elexir entre as seguintes: ciencias sociais, xeografía e historia, matemáticas e unha a escoller de entre física e química, música, bioloxía e xeoloxía, educación plástica e visual, tecnoloxía e latín.
Como algún de vos estivo en Canadá o primeiro trimestre, aqueles que desexen un repaso dos primeiros temas, a célula a súa división e o ADN, deben comunicarmo na clase para poñernos de acordo no repaso.
miércoles, 9 de mayo de 2012
Exame de Maio: xeoloxía
Faremos un exame na curta semana do 14 ata o 16 de maio dalgúns temas de xeoloxía.Respecto do libro de texto farei preguntas dos temas das seguintes páxinas: pp137 ata 139 , e tamén pp 150-151, máis as fotocopias de rochas, ciclo das rochas, métodos radiactivos e cortes xeolóxicos. Nos exercicios das paxs 153-153 tamén hai preguntas relacionadas co exame.
O tema 8 enteiro, incluídos os exercícios, completámolo con máis exercicios nas fotocopias de tectónica de placas. Debedes facer os exercícios das fotocopias e do libro.
Do tema 9 excluiremos as páxinas do libro que seguen: pp 183, 196, 197. Nos exercícios do final debedes facer alomenos os exercícios que acompañan as gráficas e fotografías.
O exame incluirá preguntas de tipo verdadeiro/falso, múltiple resposta, preguntas sobre gráficas, debuxos e mapas (completar, relacionar ou outro tipo e preguntas curtas).
lunes, 30 de abril de 2012
Campus Científicos de Verano
A Consellería de Educación ven de divulgar a convocatoria do MEC para disfrutar duna semana nun campus universitario científico, observando a investigación e o traballo dos científicos nalgún dos lugares citados no BOE. Pode participar alumnado de 4ºESO ou 1ºBac cunha nota media de 7.5 mínimo. Deben rexistrarse e despois contestar a preguntas no centro escolar, baixo a vixilancia dun profesor. O alumnado seleccionado irá unha semana do mes de xulio a ún dos lugares seleccionados, con monitores, seguro e estancia cubertos; corre a cargo da familia a viaxe xa que pode ser nalgún lugar da Península. Aqueles que estén interesados deben apuntarse na xefatura de estudios ANTES DO MARTES día 8 de mayo.
Parabens a Marta Pita, alumna de 2ºBI no Rosalía, que acaba de conseguir a súa 5ª medalla nas Olimpiadas de Física, Química e Matemáticas, e o pase para as fases internacionais de Física ou Química, e a fase Iberoamericana de Química.

sábado, 28 de abril de 2012
Un paseo xeolóxico pola Lanzada
O domingo 6 de maio terá lugar un paso xeolóxico guiado pola praia da Lanzada ( entre Sanxenxo e o Grove), descubrirá ós asistentes secretos que gardan as rochas e as areas da praia, é gratuito e aberto a todo o público. Terá tamén unha segunda parte, unha explicación da paisaxe nas magníficas vistas desde o monte Siradella cercano. A actividade está enmarcada na celebración do Xeolodía 2012 , un día ó ano para coñecer mellor a Xeoloxía dalgún lugar na nosa xeografía. Para inscribirse e coñecer máis sobre a actividade e os Xeolodías probade nestes enlaces.
sábado, 21 de abril de 2012
Recuperación
O próximo xoves 26 de abril ás 6.30 poderán recuperar os alumnos e alumnas que quieran subir nota, especialmente os suspensos. O examen terá lugar na aula de 4ºD e o exame terá preguntas dos 3 exámes realizados. Cada alumno contestará as preguntas dos exámes indicados que debe recuperar.O exame de recuperación será parecido ós exámes realizados, e poderá incluir definicións.
O alumnado que vai á viaxe realizada polo departamento de Relixión poderá realizar o exame máis tarde (xoves 3 de maio ás 6.30 na aula de 4ºD), pero tan so o alumnado que vai a ese viaxe. Neste último exame entrarán preguntas de definición.
jueves, 5 de abril de 2012
A Tectónica de Placas
Desciende al cráter- del Yocul de Sneffels que la
sombra del Scartaris acaricia antes de las calendas
de Julio, audaz viajero, y llegarás al centro de la
tierra, como he llegado yo. Ame Saknussemm (Viaje al centro de la Tierra de Julio Verne)
Aínda non puidemos chegar ó centro da Terra como o fixo Julio Verne en 1864 pero estamos vendo que nos últimos anos a tecnoloxía está aportando moitos datos do interior do nos o planeta, e moitos máis que van vir doutros planetas.
As ondas sísmicas, o estudio dos terremotos e a tomografía física ofrecen moitos datos da Terra pero aínda insuficientes, coñecemos bastante ben a xeoloxía das zonas máis ricas como California ou Xapón, pero aínda queda moito por saber doutras como Haití pu Afganistan. É interesante a coincidencia entre as zonas máis sísmicas e as antigas civilizacións e hoxe zonas densamente poboadas: Persia, Grecia, China, Xapón, México, ...
A primeira parte do Tema 8 trata das ondas sísmicas e do interior da Terra, podedes repasar, ampliar e consultar simulacións nas seguintes páxinas:
Os seguintes enlaces conteñen información diversa de Xeoloxía, con información e animacións ( non fixemos moito fincapé no concepto de Astenosfera, hoxe en discusión sobre si é unha capa, mías ben parece que é unha "capa" discontinua : Estructura dinámica de la Tierra , Animacionesgeología , La Isla delas Ciencias , University of Tromso , Proyecto Biosfera , Anatomía de un terremoto , La estructura de la Tierra , ciencias(con exercicios) (English: localizando un terremoto e outra en español ). Os americanos teñen unha páxina con mapas e datos dos terremotos en tempo real
Para a segunda parte: a Tectónica de Placas, podedes empezar con algúns vídeos deste blog e de seguido veñen as páxinas coas animacións mostradas en clase: As Placas , con terremotos e volcáns Averroes , Límites de placas , cideadtic , Geology simulations , Libros vivos SM 1 e 2 , O ciclo de Wilson, sen olvidarse da excelente páxina de Tromso citada anteriormente, cun nivel alto, pero muy completa.
Algúns videos: a dorsal atlántica , dinámica terrestre , o prego do Courel La Tierra magnética
E non vos olvidedes de consultar Google Earth.
Na última parte estúdianse as oroxenias(english, flash), os volcáns (video )(usgs USA ) , os pregamentos e fallas . Podedes consultar a anteriormente citada Averroes, e outra web do iescolumela con moitos enlaces ou a do iesabdera
Tamén hai páxinas con exercicios de autoavaliación: 1 2 3 4
Aquelas persoas que lles guste o tema dos terremotos e fallas, poden ver a conferencia de F Anguita (estivo no Rosalia dando unha conferencia sobre a auga e o cambio climántico, é unha autoridade en volcáns)

O estudio do planeta Terra
Amanecer luar(NASA) |
Para ampliar a interpretación de paisajes e recoñecer a importancia do estudio da xeoloxía podedes ver o seguinte video: o flysh de Zumaia (version curta ). Zumaia está en Euskadi, non moi lonxe pero xeoloxicamente moi diferente e moito menos antiga que o Macizo Galaico.
Para preparar os cortes xeolóxicos do próximo examen: cortes1 cortes2 animación , non vos oolvidedes das terrazas fluviais ; e para os que quieran trabajar sito en inglés: section1 section2 section2.2 otro máis
O Gran Cañón (USA) contén estratos en horizontal dos últimos 700 ma e posteriormente erosionados polo río Colorado. Tamén contén un embalse e central hidroeléctrica, ademais de estar cerca de Las Vegas. É un libro da historia do planeta Terra
Unha excelente páxina de xeoloxía, en español e con boas simulacións, as explicacións son dun nivel de bacharelato.
Datación absoluta: a vos a fotocopia, a datación do cráneo e unha excelente páxina
Fallas normais e inversas e o blog do iescolumela con excelentes animacións de xeoloxía
Datan rocas de Ortegal: 1160 Ma
As fragas do Eume
Como xa sabedes sufrimos un incendio importante a semana pasada, en parte relacionado con esta sequía que nos afecta. Cando se comenta que puido ser intencionado moitos de nos dixemos: ¿como pode haber alguén que disfrute coa quema do monte?, onde viven tantos animáis e plantas, so pensade o que deben sufrir ó sentir o lume cerca.
É triste pensar que temos tantos lugares que nos gustaría cuidar e que por unha razón ou por outra se ven castigados polas diversas actividades humanas. É o noso deber cuidar, manter e pasar as seguintes xeneracións o que recibimos e seguramente necesitaremos para manter unha boa calidade de vida.
Tamén debemos coñecer mellor o noso entorno, por exemplo que é unha fraga, cal é a importancia das fragas do Eume, onde están, que é un parque natural, e moitas mais preguntas que podedes contestar lendo os seguintes enlaces. A rede e Google pon moita información nas nosas máns, e debemos saber recoñecer neste caso os estudios científicos baseados en estudios e observacións rigurosas, como empezamos a facer nas nosas clases. Eumeturismo, Sociedade Galega de Historia Natural , Un futuro incerto O que perdemos
lunes, 26 de marzo de 2012
Remata a segunda avaliación
Estamos ó final da segunda aviación, un momento para pensar no que fixemos na aula e como o podemos mellorar na terceira avaliación para facer un bo remate de curso.
Fonte: El País
|
O pasado xoves tivemos no centro a 3 autores que viñeron recoller os premios San Clemente na dazaseisava edición: Xulia Alonso ( Futuro Perfecto ) Eduardo Mendoza ( Riña de Gatos ) e Colm Toibin ( Brooklyn). Os tres víronse no centro cómodos e contentos de ser premiados e agasajados polo alumnado de Bacharelato de varios centros de Galicia e Portugal. Na cea no Hostal cada novelista compartiu mesa co alumnado do Rosalía, parecían todos encantados.
O BI: BACHARELATO INTERNACIONAL
Aproveito a ocasión para invitarvos, especialmente ó alumnado de 4º da ESO a coñecer o Bacharelato Internacional, é unha opción que podedes escoller no IES Rosalía. Consiste en facer un Bacharelato algo diferente, ten dúas opcións unha de Ciencias con asignaturas de Física, Química, Matemáticas, Bioloxía e Debuxo Técnico e outra opción máis parecida ó Bacharelato de Sociais con asignaturas de Historia, Economía e Matemáticas. Nas asignaturas comúns hai Lengua, Língua, Literatura, Filosofía, Inglés, Teatro. Este Bacharelato é preparatorio da Selectividade e doutros exámes do Diploma IB, este é válido para entrar en calquer Universidade do Mundo.
O máis interesante é que na opción de Ciencias hai que facer un traballo experimental no laboratorio.
Votade unha ollada a estas fotos dos proyectos que estuvieron facendo este trimestre:
Para mais información: BI no Rosalia
Aproveitamos a ocasión para felicitar a Marta Pita, alumna de 2ºBI no Rosalía, polos moitos premios conseguidos nas Olimpiadas de Física e Química
E para os que estén pensando en mediciña ou similar: Lipdub excelente dos estudiantes de mediciña de Santiago que rematan este curso, probade a ver se coñecedes algún.

domingo, 11 de marzo de 2012
Queres participar nun concurso?
Gústache escribir? Tes algún relato metido no caixón do teu escritorio? queres escribir un relato curto con elementos da Ciencia? . Pois hai un portal que anda buscando escritores que saiban reunir a literatura e a Ciencia. Estarías na categoría juvenil, debes rexistrarte e podes enviar os relatos en castelá ou gallego, abre o seguinte enlace: Inspiraciencia . debes facelo xa pois o 15 de Marzo é o último día.
Tes máis tempo para participar na Feira de Ciencias en Google. É un concurso de investigación científica "on line" que pretende buscar mentes con inquietudes científicas. Debes partir duna pregunta relacionada coa investigación algún problema ou aspecto do mundo que nos rodea, pode ser medio ambiental, climático, con seres vivos, ou otro aspecto das Cincias experimentáis. Recordas o que vimos na clase do Método Científico, pois algo así pero ágora máis creativo e original.
Tes aquí o enlace: Google Science Fair. Debes rexistrarte e conseguir a autorización dos teus país, antes do 1 de Abril!
domingo, 12 de febrero de 2012
Historia da Terra
A reconstrucion da Historia da Terra presenta moitas dificultades xa que debe ter uns 4600 millons de anos. Estudiando as rochas que se formaron o longo de tantos anos e os fosiles que conteñen podemos saber moitos dos acontecementos que se sucederon, pero moitos rexistros desapareceron ou non se coñecen. Imos traballar a escala do tempo e a evolucion da vida na Terra, que transcurriu paralela os cambios nela mesma. Estamos posiblemente nun momento desa historia importante para futuro da vida no planeta, o coñemento de nos mesmos como unha especie mais e suxeta as mesmas leis e relacions co resto, tal vez nos permitira mellorar o uso dos recursos e cuidar o planeta que de momento o unico que permite a vida.Van a continuacion varios enlaces para disfrutar os que atopedes interes nos fosiles e a historia da vida:
History of life on Earth: excelente, a mais completa ainda que non nos permita ver todolos videos fora do Reino Unido.
Outras, todas en ingles: PBS ( recomended video ), National Geographic NBC
Liñas do tempo xeoloxico: Enchanted Learning John Kyrk
E ainda que non veña nos programas debemos de coñecer o que temos mais preto: temos no NW da Peninsula restos da Panxea e fauna similar famosa de Ediacara (ainda non tan famosa) segun o xeologo Vidal Romani en Quiroga e O Courel . A Peninsula Iberica é rica en fosiles, é un placer camiñar por Cantabria, Teruel ou Guadalajara e atopalos no campo.
(fonte da foto: http://paleontologianoticiosa.blogspot.com/2009_09_01_archive.html)
Proximo exame sera entre o 23 eo 29 de febreiro, comprendera os temas 5 e 7 (so paxs 140 -149) e exercicios correspondentes, as fotocopias de evolucion, método científico e sistematica e as chaves dicotomicas. O exame sera tipo test e pode conter algunhas preguntas mais extensas e definicions.
PARA SUBIR A NOTA DESTE EXAME, como xa vos dixen podedes facer unha escala do tempo xeolóxico que reflexe alomenos os acontecementos que vos din, podedes angadir algún máis. Debe estar feito a escala, se é un traballo individual ou en grupos de 2-3 persoas pode ser a escala: 1cm= 10 millóns de anos ( uns 4 metros). Se o grupo é de 4 ou máis debe ser outra escala: 1mm= 0.5 millóns de anos, é dicir uns 8 m de papel ou tela. Se me entregades a escala feita douvos papel do departamento.
A escala do tempo debe levar ben indicados os millóns de anos no seu lugar de acordo coa escala. Tamén debedes escribir a escala que usastes
Data límite: venres 23 de marzo.
Calificación: nomes dos alumnos, grupo, e datos (MILLÓNS DE ANOS) da escala ben fetos e claramente expósitos: +0.2
Eras e Periodos coloreados e ben visibles, datos biolóxicos e xeolóxicos ben situados e claramente expostos, algúns con debuxos: +0.5
Ben presentado: +0.3
History of life on Earth: excelente, a mais completa ainda que non nos permita ver todolos videos fora do Reino Unido.
Outras, todas en ingles: PBS ( recomended video ), National Geographic NBC
Liñas do tempo xeoloxico: Enchanted Learning John Kyrk
Fosiles Precambrico de Louzara |
(fonte da foto: http://paleontologianoticiosa.blogspot.com/2009_09_01_archive.html)
Proximo exame sera entre o 23 eo 29 de febreiro, comprendera os temas 5 e 7 (so paxs 140 -149) e exercicios correspondentes, as fotocopias de evolucion, método científico e sistematica e as chaves dicotomicas. O exame sera tipo test e pode conter algunhas preguntas mais extensas e definicions.
PARA SUBIR A NOTA DESTE EXAME, como xa vos dixen podedes facer unha escala do tempo xeolóxico que reflexe alomenos os acontecementos que vos din, podedes angadir algún máis. Debe estar feito a escala, se é un traballo individual ou en grupos de 2-3 persoas pode ser a escala: 1cm= 10 millóns de anos ( uns 4 metros). Se o grupo é de 4 ou máis debe ser outra escala: 1mm= 0.5 millóns de anos, é dicir uns 8 m de papel ou tela. Se me entregades a escala feita douvos papel do departamento.
A escala do tempo debe levar ben indicados os millóns de anos no seu lugar de acordo coa escala. Tamén debedes escribir a escala que usastes
Data límite: venres 23 de marzo.
Calificación: nomes dos alumnos, grupo, e datos (MILLÓNS DE ANOS) da escala ben fetos e claramente expósitos: +0.2
Eras e Periodos coloreados e ben visibles, datos biolóxicos e xeolóxicos ben situados e claramente expostos, algúns con debuxos: +0.5
Ben presentado: +0.3
jueves, 2 de febrero de 2012
Día Mundial dos Humidais
Himantopus himantopus Autor: Vtornet |
A poucos km de Santiago están: ría de Noia, Complexo Intermareal do Grove, Lagoa de Xuño cerca de Portosín, Varias Lagoas na Terra Chá (Cospeito), unha antiga lagoa, a de Antela con unha beleza que debeu ser similar a Doñana hoxe, pero casi desaparecida, e así podemos seguir por toda a península. Vivimos a cabalo entre dous continentes, nunha xeografía pequena reunimos casi todolos climas e unha biodiversidade única, excepcional en Europa. As aves de Europa, e o norte de África levan miless de anos migrando de norte a sur en busca de comida e lugares de aniñamento e nos últimos 50 anos cortamos a súa viaxe desecando os lugares que necesitan para completar os seus ciclos de vida.
E para os mais excepticos, pensemos no turismo ornitolóxico. Cada vez vemos máis turistas provistos de prismáticos achegarse á península, verán e inverno, sabendo que a observación de eses lugares encharcados ofrecen sorpresas tódolos días.
Achegovos dous enlaces. Un documental do Grove e outro dunha lagoa recuperada en Teruel.
E para os "paxareiros" un par de blogs: aves rapaces e a sociedade ornitolóxica galega
sábado, 21 de enero de 2012
Evolución dos seres vivos
Estamos no ecuador do curso!, e ven a contó aprender algo de evolución, unha xenial idea de Darwin que, 150 anos despois, aínda segué tan moderno e controvertido. En palabras do xenetista americano Dobzhansky (colaborador de Morgan): "nada ten sentido na bioloxía senón é baixo a teoría da evolución". É decir necesitamos as ideas evolutivas para interpretar moitos dos coñecementos que temos sobre os seres vivos e poder comprender mellor o mundo que nos rodea.
É un dos temas que mais me gusta, e por iso quero darlle un toque mais persoal, ampliar algo o libro en canto á orixe das especies e mostrarvos como interpretar datos e experimentos coñecidos.
Seravos útil o ano que ven saber algo de sistemática e taxonomía, é decir o agrupamiento e nomenclatura científicas.
Gustaríame cambiar as ideas que tedes sobre evolución, é decir mostrarvos a importancia de que haxa unha grande variación no ADN das poboacións, para a supervivencia das especies, como se observa nos caracoliños do campo, porque lle gustarán tanto ós paraos?. Sabedes buscar na foto que cor terán os que viven na área das praias?, e os que viven en bosques?. Pois son todos da mesa especie.
Enlaces para saber mais: PBS (inglés) Evolution & global warming
No laboratorio practicaredes: observación, clasificación e descripción de plantas, baseadas nas follas xa que non é época de flores (necesarias para unha boa clasificación).
Seguen aquí os documentos utilizados: Evolución e sistemática (tomado de:educaste )
Para ver algunhas imáxenes e contestar exercicios ou preguntas: Comentar estas diapositivas (evolución) árboles evolutivos Teoría endosimbiótica
Para ampliar, consultar o saber máis da evolución humana . Redordade a importancia de Atapuerca ( animación en flash ) en Burgos, onde se a topan os humanos europeos máis antigos e con excavacións que darán moitos datos no futuro. Impresiona ver no multimedia de Lascaux as habilidades artísticas dos nodos antepasados europeos de hai 20-30000 anos.
Videos de evolución: A orixe da vida A orixe do universo e a vida Charles Darwin e a evolución A odisea da especie Adaptacións
Os exercicios do método científico proveñen de: "Scientific Method"
Os exemplos de evolución son de: Ecology and Evolution
O próximo exame será dos temas 5, 7, a sistemática e o método científico (fotocopias)
Non vos olvidedes de subir os vosos artigos para subir notas: ciencia21 (instrucións na aula virtual)
É un dos temas que mais me gusta, e por iso quero darlle un toque mais persoal, ampliar algo o libro en canto á orixe das especies e mostrarvos como interpretar datos e experimentos coñecidos.
Seravos útil o ano que ven saber algo de sistemática e taxonomía, é decir o agrupamiento e nomenclatura científicas.
Cepaea nemoralis |
Enlaces para saber mais: PBS (inglés) Evolution & global warming
No laboratorio practicaredes: observación, clasificación e descripción de plantas, baseadas nas follas xa que non é época de flores (necesarias para unha boa clasificación).
Seguen aquí os documentos utilizados: Evolución e sistemática (tomado de:educaste )
Para ver algunhas imáxenes e contestar exercicios ou preguntas: Comentar estas diapositivas (evolución) árboles evolutivos Teoría endosimbiótica
Para ampliar, consultar o saber máis da evolución humana . Redordade a importancia de Atapuerca ( animación en flash ) en Burgos, onde se a topan os humanos europeos máis antigos e con excavacións que darán moitos datos no futuro. Impresiona ver no multimedia de Lascaux as habilidades artísticas dos nodos antepasados europeos de hai 20-30000 anos.
Videos de evolución: A orixe da vida A orixe do universo e a vida Charles Darwin e a evolución A odisea da especie Adaptacións
Os exercicios do método científico proveñen de: "Scientific Method"
Os exemplos de evolución son de: Ecology and Evolution
O próximo exame será dos temas 5, 7, a sistemática e o método científico (fotocopias)
Non vos olvidedes de subir os vosos artigos para subir notas: ciencia21 (instrucións na aula virtual)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)